SANTO ESTEVO

Non hai mellor forma de disfrutar do outono que dando un paseo por Santo Estevo, guiados por Ramón Becerra, un apaixoado da súa terra que soupo explicarlle perfectamente ao alumnado a importancia do patrimonio natural, cultural e histórico. Axudounos a recoñecer cada árbore, folla, planta,…contounos infinidade de lendas e informounos dos perxuizos das especies invasoras.

Recibimos tanta información que este será o primeiro de moitos capítulos para explicar o aprendido. Creo que despois desta visita todos cambiamos a nosa percepción do monte.

Agardamos repetir. Moitas grazas.

 

Esta entrada foi publicada en SANTO ESTEVO. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *