Preparando a terra para os bancais

Ola a todos e todas!!

Continuamos traballando no noso horto escolar e esta semana comezamos a preparar o terreo onde imos colocar un dos tres bancais que temos planificado colocar.

Entre as vantaxes dos bancais podemos destacar a facilidade para traballar ao estar máis elevados e aproveitar a auga de rego así como a maior dificultade para que as sementes das malas herbas se propaguen.

Nesta primeira fase quitamos a herba do primeiro bancal.

As nosas leitugas tamén medraron un pouco e só secou unha.

Vémonos nuns días con máis novidades!! Agardámoste!!

Esta entrada foi publicada en HORTO ESCOLAR, Sin categoría e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *