O noso recolle-augas

Escrito por: Fernando Seco Sánchez 4º de primaria

No CEIP San Cosme temos un recolle-augas para aproveitar a precipitación e regar as plantas do noso horto e do noso invernadoiro. É un depósito que ten uns tubos unidos ao canlón para que toda a auga que cae no tellado se desprace ata o noso gran invento, o recolle-augas. Ten forma cilíndrica e está situado na parte dianteira do noso colexio. Hai que aforrar auga, xa que é un ben escaso. Isto forma parte do proxecto Voz Natura, que impulsa a ecoloxía e o coidado do medio ambiente. Nos estamos moi orgullosos polo noso recolle-augas. E con este tempo que estamos tendo…ven de perlas. Canto máis chova, máis auga aforramos no CEIP San Cosme. Se tedes un horto ou un invernadoiro na vosa casa…xa sabedes que facer. A verdade é que é un invento fantástico.

 

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *