A lenda de Breogán.

Escrito por Felipe e Fernando 3º de primaria.

Conta a lenda que Breogán era un rei celta, que protexía aos seus habitantes. A Breogán gustáballe moito o mar. Así que ordenou facer unha cidade cerca do mar, Brigantia. Nela construíu unha torre dende a que se vía o océano inmenso.

Ith, un dos fillos do rei Breogán, herdou a paixón do seu pai polo mar. Así que tódalas tardes subía ata o máis alto da torre para ver como o sol se poñía no horizonte.

Ata que unha tarde pensou ver unha illa ao lonxe. Aínda que Breogán non o pensaba, Ith convenceu a uns amigos para que foran con el e, aos poucos días navegaron. A esa isla chamáronlle Éire (Irlanda) estaba habitada polos Tuatha De Dannan.

Os habitantes desa illa non estaban contentos, antes Éire era secreta. Ademais, pensaban que Ith quería apoderarse de aquelas terras. Entón, mataron a Ith.

Breogán e os habitantes de Brigantia enfadáronse moito. Formaron un gran exército para loitar contra os habitantes de Éire.

Ao final gañaron Breogán e os habitantes de Brigantia a batalla. E levaron o corpo de Ith a Brigantia. Alí a súa familia podería darlle o último adeus.

En Irlanda tamén coñecen esta lenda, incluso máis ca nós.

Esta entrada foi publicada en CELTAS, LENDAS. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *