A lenda da Santa Compaña.

Escrito por: Felipe e Fernando. 3º de primaria

Moitas lendas falan sobre a Santa Compaña. Un grupo de xente morta que polas noites podemos vela camiñar arredor da capela de Santo Estevo.

Para que non te leve consigo tes que facer un círculo no solo, meterte  nel e  pechar  os  ollos mentres miras para o chan.

Máis de dúas e de catro persoas viron a Santa Compaña. Esas persoas son de As Eiras e outros lugares.

As aparicións da Santa Compaña sempre foron observadas pola noite,moitas veces por debaixo da “Casa do Castellano”,no cruce do camiño que vai cara a Santo Estevo.

Dise que ía camiño do cemiterio que hai debaixo da Fonte de Augas Santas.

Para librarse dela e  evitar selo defunto que anda a procurar, o mellor e afastarse dela, se se ve vir de lonxe.

Esta entrada foi publicada en SANTO ESTEVO. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a A lenda da Santa Compaña.

  1. Moi ben explicado rapaces. Parabéns.

  2. Excelente traballo Felipe e Fernando!!! A seguir traballando asì!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *