A NOSA HORTA

Reforzamos a horta e agora temos bancais, pero, os cultivos parece que non acaban de querer saír…

 

VISITAMOS A CÁMARA ANECOICA DE TELECO

A profe Isa organizounos unha fantástica visita a Universidade de Telecomunicacións dentro do proxecto de “Física e Química” para ver a cámara semianecoica.
Trátase dun laboratorio onde se aillan totalmente os ruídos externos xa que as paredes tragan todos os rebotes do son.
Pero, mellor que contárvolo podedes velo.


Completamos a mañá facendo unha camiñata pola senda do río Eifonso.

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES: PRESENTACIÓN DO PROXECTO AO CENTRO

Rematamos o proxecto compartindo co resto dos nosos compañeiros todo o noso traballo deste trimestre.

CANAL DE EXPERIMENTOS: MÚSICA CON COPAS

Nesta ocasión Brais e Lucía nos ensinan a facer música con copas.

CANAL DE EXPERIMENTOS: CASTELO DE NAIPES

Sabedes como facer un castelo de naipes sen que se derrumbe?
Atendede a Vero e Paula que volo contan.

CANAL DE EXPERIMENTOS: A CADEA DE MISTOS

Novo reto do noso canal.
Sabedes o que é unha cadea de mistos?
Alba P e Soraya volo contan.

REMATANDO O PROXECTO FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES

Despois de todo un trimestre traballando toca dar os últimos retoques ao proxecto deste trimestre.
Xa fomos dando conta das actividades realizadas ao longo deste trimestre. Durante estas semanas estivemos aproveitando todo o material que sacamos da entrevista con Ana María González Noya para que cada equipo desenvolvese un proxecto.
Así, os equipos encargáronse de facer un cómic sobre a vida de Ana María, un lapbook informativo, un panel sobre a táboa periódica e, finalmente, incluila na Galipedia.
Dentro duns días presentaremos todo o noso traballo ao resto dos compañeiros.
De momento podedes ir abrindo boca…

 

A PONTE MÁIS RESISTENTE DO MUNDO 2

Unha semana máis unha das nosas parellas enfróntase a un reto físico
Esta semana Alba S e Naiara tentaron superar o reto da ponte con depresores, pero, non volo conto, mellor mirádeo!

 

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: A PONTE MÁIS RESISTENTE DO MUNDO?

Novo sesión de retos físicos do noso canal.
Neste caso foi a quenda de Gabi e Rebe que tiveron unha sesión algo acidentada pero é que, a ciencia non sempre sae a primeira.

 

GALICIENCIA 2019

Hoxe saiu o listado de centros admitidos para participar na edición de Maio de Galiciencia.
Noraboa a todos pola vosa adicación.
O resto desfrutaremos dun día fantástico visitando a feira.