O ALCOUVE DE ZACANDE

Este curso aproveitando o tema da horta imos traballar cóbado con cóbado cos hortas ecolóxicas da nosa contorna. Fai uns días viñeron ao cole os rapaces que levan a horta ecolóxica de Cesantes e falamos do cultivo en vertical, de usar o centeo coma abono ecolóxico ou de prantar patacas en vertical.

En radio Redondela puidemos recoller este artigo sobre as hortas ecolóxicas de Redondela:

A agricultura ecolóxica toma forza en Cesantes
Sociedade • 4/09/2014

O Alcoubo de Zacande é un novo proxecto emprendedor de agricultura ecolóxica no que participan diferentes productores que se asocian para traballar terreos en desuso cedidos polos veciños e comercializar os seus produtos. Unha iniciativa que arrancou formalmente hai un ano e que engloba a seis produtores que se marcan como obxectivo a explotación de 40.000 metros cadrados de terreo.

Vivir da terra ao tempo que se explota dun xeito sostible e ecolóxico é o que levou a este grupo de produtores a se asociar e poñer en marcha o proxecto que leva por nome “O alcoubo de Zacande”. Son varias as leiras que traballan, sendo a día de hoxe un terreo en Cesantes o máis visible do proxecto. O seu obxectivo é chegar a traballar 40.000 metros cadrados de terreo destinando 15.000 á producción de cereal e 25.000 á produtos de horta.

As primeiras colleitas están xa a seren comercializadas nos locais de hostalaría de Redondela e tamén a consumidores a título particular que poden encargar cestas de productos ecolóxicos de tempada entre os que se inclúen acelgas, cabaciñas, cebolas, coliflores, espinacas, tomates patacas ou pementos entre outros alimentos.

Non podiamos perder esta oportunidade de traballar arreo con eles así que comezamos a nosa andaina xuntos.

Imos facer un apartado con curiosidades sobre o cultivo da horta e hai vos deixaremos algunhas das ideas que estamos recollendo e que imos levar a cabo no noso centro. Aquí vos deixamos un enlace ao ALCOUVE DE ZACANDE e iremos poñendo algunhas novas das que comparten que sexan de utilidade para todos nos.

alcouve

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *