GALLETAS DE SAMAÍN

pequesreboreda

Hoxe tivemos unha visita moi especial.
O curso pasado, Bea, a nai de Unai, mandounos unhas impresionantes galletas con formas e decoración do Samaín. Como sabemos que é unha experta no tema, este ano pedímoslle que viñera a nosa clase e nos ensinara como se facían.
Non tíñamos moito tempo así que nos trouxo as galletas xa feitas. Seguindo as súas instruccións e con moito arte creamos fantasmas, cabazas, sombreiros de bruxas, casiñas….

O resultado foi espectacular!
Grazas Bea!!!!!!

galletas

noviembre 7, 2014 | Leave a comment  

FOTOS TERRORÍFICAS

pequesreboreda

Un ano máis volvemos a facer talleres interciclos entre infantil e o primeiro ciclo de primaria. Este ano os Apolos e os Sapiens traballamos cos antigos Cocoricos que agora xa son uns chicos de primeiro. Aproveitamos para contar contos, pintar cabazar, debuxar contos de medo (nos vindeiros días xa volo amosaremos) e… facer fotos terroríficas.
Na biblioteca temos un marco e diferentes elementos para facer fotos de Samaín. Nos aproveitamos para facer fotos e lembrar este día de traballo común entre maiores e pequenos. Aquí as tedes, quedaron moi simpáticas.

 

noviembre 4, 2014 | Leave a comment  

DÍA DOS XOGOS

pequesreboreda

Un ano máis disfrutamos do Día dos Xogos, pero este curso quixemos divertirnos e a vez ser solidarios. Renunciamos a recibir os agasallos e cada un de nós fixo a súa contribución aportando alimentos non perecedeiros para levar ao Banco de Alimentos. E para rematar, houbo un sorteo de libros e a nosa compañeira María resultou ser unha das gañadoras.

Podedes ver as fotos no blog do manantial:
http://omanantial.blogspot.com.es/2014/05/dia-dos-xogos.html

xogos

mayo 19, 2014 | Leave a comment  

1ª CELEBRACIÓN DOS MAIOS NO COLE DE REBOREDA

pequesreboreda

Este ano quixemos celebrar, na escola, unha das tradicións máis populares do folclore popular da zona, «Os Maios».

Nun par de días, tivemos que dar forma ao noso primeiro maio cos fiunchos, pampullos, margaridas, ovos, bugallos e flores variadas que todos os nenos e nenas da escola recolleron durante a fin de semana. Logo ensaiamos a toda presa unhas pequenas e sinxelas coplas para cantar ante todo o alumnado e profesorado.

Os sapiens, a pesar de estar moi nerviosos, cantaron tres copliñas, nas que fixeron referencias ao proxecto da nosa contorna. Case sen poder ensaiar así de ben o fixeron.

«Os sapiens de Reboreda
hoxe queremos cantar
unhas pequenas copliñas
neste maio singular.

Trouxemos flores e ovos
que collemos pola leira
e cun pouco de fiuncho
imos dar comezo á festa.

Redondela é unha vila
na que non faltan as lendas
cunha coca moi malvada
que collía só ás nenas»

Se queredes ver como fixemos todo este traballo imos deixarvos un pequeno vídeo con retazos destes momentos

mayo 1, 2014 | Leave a comment