FACEMOS CROISSANTS

pequesreboreda

Despois de descubrir que os croissant non eran franceses e que estaban directamente relacionados coa Idade Moderna, igual que o cacao, non nos quedou máis remedio que unir as dúas cousas e facer os nosos propios croissant de cacao.

 

diciembre 3, 2018 | Leave a comment  

EMPANADILLAS DE VERZA

pequesreboreda

Estamos reformando a horta dos maiores e toca recoller o sementado para que non se perda. A semana pasada collemos as cebolas e as verzas e con elas fixemos unhas deliciosas empanadillas de verza.
Inda que a maioría non tiñan moitas ganas de comer verza, a receita resultou ser todo un éxito.

 

noviembre 28, 2018 | Leave a comment  

FESTA DO EQUINOCIO 2

pequesreboreda

Ademais dos talleres de cociña, na nosa festa houbo moitas outras actividades.
A profe Luisa encargouse de preparar dous talleres para facer xabóns e perfumes, por outra banda, os alumnos que xa sabían ensinaron aos seus compañeiros a facer pulseiras de macrané. Plantamos plantas aromáticas grazas a Guille, fixemos unha carreira por relevos de dicionarios buscando termos relacionados co outono e, finalmente, unha busqueda do tesouro otoñal.
Unha chea de actividades para celebrar o equinocio de outono pero, sobre todo, a volta ao cole.
Aquí tedes un resumo.

 

octubre 8, 2018 | Leave a comment  

FESTA DO EQUINOCIO DE OUTONO 1

pequesreboreda

A semana anterior celebramos a festa do equinocio de outono pero a nosa festa non foi coma a do ano pasado. Fixemos unha chuvia de ideas entre as dúas clases e unha das cousas que querían facer na festa era comer pero, «coma o pan hai que gañalo» preparamos un taller de cociña moi especial.
Un día antes de cociñar fixemos un xogo por equipos onde lendo diferentes textos, cada equipo tiña que descubrir cal ia ser a receita que ían cociñar e que procesos químicos se puñan en marcha cando faciamos a receita.
Chegou o día e puxémonos mans a obra. Cociñamos e, por suposto, comemos!!!

 

octubre 5, 2018 | Leave a comment  

CULTIVAMOS, COCIÑAMOS E COMEMOS COGOMELOS

pequesreboreda

A semana pasada recollemos a segunda producción da nosa bala de cogumelos e aproveitamos para cociñalos. Incorporamos tamén acelgas da horta y fixemos un menú sá e moi nutritivo.
Cada un trouxo unha cousa para poder sacar adiante as receitas, fixemos equipos e, pouco a pouco, conseguimos sacar adiante o menú.
Foi un día xenial e, o mellor de todo, foi o banquete que nos demos.

marzo 16, 2018 | Leave a comment  

MERCADO DE OUTONO III: COCIÑAMOS AS MAZÁS

pequesreboreda

Vaise achegando o día do mercado do outono. Ese día cada clase amosará ao resto dos compañeiros o que saben do seu froito e da froita de outono e ademais preparará unha mesa para degustar os alimentos que lle tocaron.
Os Apolos decidimos poñer as mazás en crudo e, ademais, presentar duas elaboracións, por un lado compota de mazá e, por outra banda, tarta.
Fixemos dous equipos para cociñar. Uns fixeron a compota coa profe Anabel e outros fixemos a tarta de mazá. Cada equipo tiña a receita diante, había que interpretala, escoller en cada momento o ingrediente e os pasos a seguir, ademais de traballar de xeito coordinado.
Mirade que ben o fixeron.

diciembre 2, 2015 | Leave a comment  

O MERCADO DE OUTONO II: AS MAZÁS

pequesreboreda

Seguimos dando conta do noso mercado de outono.
Hoxe é o momento de amosarvos un resumo dalgunhas das cousas que fixemos coas mazás.
Despois, coma sempre, de investigar, ler e ver vídeos sobre as mazás, comezamos a traballar directamente con elas. Aproveitamos para observalas, cheiralas e, por suposto, probalas.
E tamén fixemos un pequeno experimento.

noviembre 30, 2015 | Leave a comment  

O MERCADO DE OUTONO I: AS NOCES

pequesreboreda

Aproveitando o tema do curso e que estamos no outono decidimos traballar as froitas e froitos de outono todo o ciclo de infantil. Culminamos a actividade co mercado otoñal pero, antes de chegar a iso, houbo moitas actividades previas.
Os Apolos estivemos traballando coas noces e as mazas. Primeiro buscamos información na rede sobre as noces, logo falamos en alto de todo o que vimos no ordenador e experimentamos coas noces.
Ademais escoitamos a canción dun barquiño de cáscara de noz e logo fixemos os barquiños.

Aquí tedes un resumo!!

noviembre 27, 2015 | Leave a comment  

CABAZA, CABACIÑA

pequesreboreda

Estes días o Samaín chegou ao noso cole así que entre cancións e historias de medo tamén botamos mans as cabazas.

Zaira trouxo unha cabaza decorada así que aproveitamos a ocasión para saber máis delas. Lemos o conto de A Bruxa Marcelina na noite de Halloween e seguimos os seus pasos.
Collemos a cabaza, fixémoslle un sombreiro e sacamos todo o de dentro. Despois fixemos a nosa cabaza de medo e, ao día seguinte, preparamos unhas chulas de cabaza entre todos.

O arrecendo era tal que os Choquetes chegaron a nosa aula para ver que estaba pasando así que lles explicamos todos os nosos pasos e,coma non podía ser doutro xeito, convidámoslos a probar as nosas chulas.
Foi un xeito moi orixinal de celebrar o Samaín e seguir traballando dentro do proxecto da alimentación co que estamos neste momento.

noviembre 6, 2015 | Leave a comment  

OS MAIORES TAMÉN COCIÑARON FEIXÓNS

pequesreboreda

Esta semana o noso cole arrecendeu a comida!
Dentro do noso proxecto ¨Educando para medrar sans¨ , esta semana tocáballe aos diferentes cursos preparar e degustar platos elaborados con feixóns. Este venres os nenos e nenas de 5º A preparamos ensalada e os nosos compañeiros de 5º B cociñaron feixóns con tomate.
Os dous platos estaban exquisitos!

Clicade na imaxe para ver toda a presentación.
FABAS

noviembre 4, 2015 | Leave a comment  

Next Page →