ROBOT CASERO

pequesreboreda

Xa sabedes que os Apolos estamos entusiasmados coa robótica. Fai unhas semanas fun a un curso de robótica e ensináronnos a facer un robot pintor cun vaso, tres rotuladores, un motor e unha pila.

Resulta que temos unha chea de motores ao noso redor, sobre todo dos xoguetes vellos, e con eses motores pódense facer unha chea de cousas.
Trouxen o robot pintor a clase e encantoulles así que eles tamén quixeron construír un. Despois de buscar na rede atopamos un cun cepillo de dentes que parecía sinxelo así que puxémonos mans a obra.

abril 7, 2017 | Leave a comment  

OS SUPERHEROES TAMÉN TEÑEN QUE RELAXARSE

pequesreboreda

A profe Isa e os alumnos de 5º convidáronnos a unha sesión moi especial na aula de psicomotricidade. Nos vos conto máis.
MOITAS GRAZAS PROFE E RAPACES ED 5º FOI XENIAL!!!

febrero 16, 2017 | Leave a comment  

E FOMOS A CLASE DOS CHOQUETES

pequesreboreda

Rematamos o noso traballo intensivo sobre os bombeiros indo a clase dos Choquetes a compartir todo o que aprendemos. Xa coas presentacións feitas e despois de ensaiar na aula collemos os nosos murais e alá fomos.
Falamos por equipos, explicamos os murais que fixemos en familia e tivemos unha rolda de preguntas.
Mirade que ben o fixeron!!!

febrero 14, 2017 | Leave a comment  

E DESPOIS DA VISITA AO PARQUE DOS BOMBEIROS…

pequesreboreda

Esta semana estamos moi atarefados compilando o que aprendemos na nosa visita ao parque dos Bombeiros porque imos ir a contarlle todo o que sabemos aos Choquetes. Para iso falamos na asemblea da visita e logo, cada equipo, na mesa, fixo un esquema do que ían contar.

Decidimos facer unha presentación con fotos porque así os Choquetes poden ver do que estamos a falar, así que hoxe preparamos uns powerpoints despois de aprender unha nocións básicas de funcionamento do programa.

Teño que dicirvos que foi incrible. Había un clima na aula que era unha pasada, todos moi concentrados, traballando en equipo, intercambiando ideas e preparando unhas presentacións fantásticas.
Agora so nos falta ir a clase dos Choquetes para compartir con eles todo isto.

febrero 13, 2017 | Leave a comment  

OS SUPERHEROES

pequesreboreda

Levamos algúns días falando de quen son os superheroes para iniciar o noso proxecto. Pouco a pouco descubrimos algunhas cousas interesantes coma que van disfrazados para que os villanos non saíban que son persoas, que teñen poderes (ás veces porque lles pica un animal), que algúns voan e que sempre gañan.

Sabemos algunhas cousas pero tamén temos dúbidas porque non sabemos de onde sacan o seu poder algúns superheroes, e tamén hai algúns que inda non coñecemos e non temos claro porque os villanos son tan malos así que imos ter que traballar a reo.

De entrada fixemos unha pequena compilación de ideas que colocamos na porta para telas presentes.

septiembre 30, 2016 | Leave a comment