PALABRAS DE CARAMELO

pequesreboreda

Os alumnos de 6º estamos a ler «Palabras de Caramelo«, de Gonzalo Moure.  E para entender mellor a contorna onde se desenvolve a historia atopamos este fantástico vídeo de Aleix Saló onde se explica o conflicto do Sahara Occidental.

Para nos foi moi ilustrativo, esperamos que tamén vos serva para entender mellor o mundo que nos rodea e coma a historia inflúe na nosa propia evolución e posibilidades de vida.

octubre 24, 2016 | Leave a comment  

XOGOS SOLIDARIOS POLAS LETRAS GALEGAS

pequesreboreda

O pasado venres, quixemos facer no cole de Reboreda unha xornada de xogos moi especial. Este ano todos quixemos aportar o noso graniño de area por unha boa causa, cambiamos os nosos xoguetes por unha doación moi especial ao banco de alimentos.

Comezamos o día dos xogos entregando miles e miles de alimentos nunha gran mesa solidaria e despois do recreo deu comezo a nosa especial e diferente xornada de xogos, na que soamente recibimos un pequeno e significativo agasallo por colaborar nunha misión tan xenerosa. Xogamos á corda, á goma, á pesca das botellas, fixemos carreiras de sacos e de chapas, bailamos coa vasoira e coas patacas e para rematar… estivemos moi atentos no pequeno sorteo de agasallos de Margarida, no que saíu vencedor o noso intrépido Aarón.

Imos deixarvos algún recordos deses divertidos momentos.

 

mayo 24, 2014 | Leave a comment  

ANO INTERNACIONAL DA COOPERACIÓN NAS ESFERAS DA AUGA

pequesreboreda

Dende o cole de Reboreda nos sumámonos a esta iniciativa e convidámosvos a todos a que tamén o fagades porque a auga é o noso recurso máis preciado.

octubre 21, 2012 | Leave a comment  

GOTAS PARA NÍGER

pequesreboreda

Hoxe foi un día moi especial no noso cole porque celebramos un MERCADIÑO SOLIDARIO con libros doados por todos nós co fin de recaudar fondos para o proxecto de UNICEF ¨Gotas de agua para Níger¨. Antes da venda leuse este manifesto que queremos compartir con todos vos.

Estivemos todo un ano traballando coa auga pero a agua non aparece. está escondida, sen ganas de baixar a enchernos de alegría. as noticías non paran de falar de recortes no suministro, de situación de risco se non chove, do baleiros que están os embalses… e iso que nos somos unha comunidade rica en auga.

 

Por iso a actividade de hoxe ten máis sentido ca nunca, podemos poñernos na situación daqueles aos que a chuvia non chega durante meses, non teñen embalses, camiñan horas por unha xerra de auga… e, día tras día, a historia volve repetirse.

 

Por iso queremos dar as grazas a cada un dos participantes que trouxo unha pinga de esperanza en forma de libro e agora, imos trocar as nosas pingas por outras, sabendo que ese intercambio convertirase en chuvia para Níger, chuvia que dará esperanza e novos horizontes a outros nen@s, que, coma nos neste momento, non paran de ver para o ceo pedindo auga para a vida.

 

Ánimo e con estas pingas literarias, enchamos de auga de cores a Níger e os nosos redores.

 

Os peques do cole tamén participaron no mercadillo e fixéronno xenial. Aquí tedes un par de vídeos co seu traballo.

octubre 23, 2011 | Leave a comment