Imatxina Escola
A semana pasada participamos nos talleres Imatxina escola onde traballamos matemáticas de xeito lúdico. Tivemos que enfrontarnos a diferentes retos matemáticos e poñer os nosos coñecementos a funcionar. Pasámolo moi ben. Despois de darlle tanta caña ao cerebro tocaba un pouco de descanso e, ainda que xa estamos en sexto, no fondo encántannos seguir sendo nen@s.
TALLERES DE ROBÓTICA 2
SUSA HERRERA VISITA AOS PEQUESREBOREDA
Susa Herrera visitou aos nenos e nenas do cole. Cos máis peques cantou parte do seu disco “Cantos animais”. Foi moi divertido aprender os retrouxos e os bailes da cada canción.
TODO POLA ELECTRICIDADE
Comezamos o segundo trimestre traballando o tema da electricidade.
Xa tedes colgado en Ivoox a lectura do capítulo XII de VINTE mil leguas de VIAXE submarino que lemos en Radio Redondela que, casualmente, fala da novo tema. 😉
LECTURA DE VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO
Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne
Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da «chegada» do Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra «Vinte mil leguas baixo dos mares» de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155
UN PRIMEIRO TRIMESTRE CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA
O trimestres pasado comezamos a desenvolver o PDI do centro centrándonos nos elementos físicos e químicos que temos ao noso redor. Xa vos demos boa conta deles ao longo das diferentes entradas pero aquí vos deixamos o vídeo resumo do moito que aprendemos.
ANTES DE COMEZAR O SEGUNDO TRIMESTRE, FACEMOS UN POUCO DE MEMORIA?
DENDE O CEIP REBOREDA TAMÉN NOS SUMAMOS AO MINUTO DE SILENCIO
TODAS SOMOS LAURA
UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA
Un novo curso comeza.
Estes son días de reencontro e ilusión polos novos proxectos.
É un auténtico pracer recibirvos e iniciar con vos un curso importante, pois este é o voso derradeiro ano no cole de Reboreda. Esperamos estar a altura do que merecedes e que xuntos poidamos facer que este sexa un bo curso.
Comezamos decorando a aula e buscando frases que nos sirvan de inspiración para a vida.
BENVIDOS A E B!!!