«O CARBALLO CON BOTAS» CON ANXO MOURE

pequesreboreda

A pasada semana tivemos unha visita moi especial. Anxo Moure, o autor do conto “O carballo con botas”, quixo agasallar aos peques de Reboreda e aos nen@s do primeiro ciclo da escola cunha orixinal sesión de contacontos. Dende os primeiros instantes conectou fantasticamente cos peques, cunha maxia moi especial conseguíu que todos e todas cantaran con el, fixeran xestos e sons variados para animar a súa historia. Unha historia que fixo reflexionar a grandes e pequenos, na que Anxo Moure promovía coidar o medio ambiente con sabios consellos, como: evitar os incendios forestais, manter os bosques limpos de lixo, reciclar,…

Queredes ver que ben o pasaron os Sapiens e os Waters nesta divertida sesión de contos? Pois atentos, atentos que comeza o espectáculo…

marzo 17, 2013 | Leave a comment