COCIÑAMOS A SEGUNDA FLORADA DE SETAS
COCIÑANDO AS NOSAS SETAS
Lembrades o artigo onde vos ensinamos coma cultivamos setas na aula de 4º?
Pois chegou o momento de comelas.
PASÁMOLO MOI BEN COCIÑÁNDOAS E ESTABAN BOÍSIMAS!!!
Autor:Lucas Camiño
OS NOSOS TOMATES MEDRAN
Lembrades que fai unhas semanas os Cocoricos prantamos tomates na aula? Pois xa medraron. Cada día os Cocoricos ian botar un ollo e, de súpeto, sorpresa!! Unhas preciosas prantas verdes asoman na terra. Estivemos falando do que pasaba e tamén revisamos o noso tomate castigado no escuro. Despois fomos a clase dos maiores porque eles tamén prantaron tomates e… Mellor vede todo o que pasou.
http://vimeo.com/62271446
COMEZAMOS A SEMENTAR
Esta semana aproveitamos para prantar tomates na aula. Primeiro tivemos que pensar que facía falla para prantar, onde tiñamos que prantar e como. Aproveitamos unhas botellas de auga de 5 litros baleiras coma sementeiros e, cunha delas, creamos un invernadoiro para a aula. Ademais, un dos alumnos dixo que podian medrar os tomates sen luz así que deixamos unha maceta a escuras a ver que acontece. Aquí tedes todo o proceso.
http://vimeo.com/59773001
O INCRIBLE CULTIVO DOS XACINTOS
Xa estamos de volta das vacacións e espérannosun trimestre con novas sorpresas moi divertidas. Unha delas foi cultivar xacintos pero non en terra senon en auga. Como non tíñamos xacinteiras, reciclamos botellas de plástico de auga ou refrescos. Preparámola cortándolle a parte de arriba e botándolle auga.
Cada equipo elaborou unhas preguntas sobre o que queríamos saber sobre os xacintos e buscamos a información en internet.
OS NOSOS TULIPÁNS
Temos outros bulbos e esperamos que dentro duns días tamén nos florezan.
Sabedes que:
- Os tulipans xa se cultivaban en Turquía dende o ano 1.000 da nosa era.
- A palabra tulipán significa ¨turbante del turco Turbend¨.
- É sinxelo cultivar tulipáns, necesitan moi poucos cuidados.
- Os seus bulbos florecen en primavera e deben ser plantados en outono.
- Florece apróximadamente aos 120 días de ser plantados.
- Necesita polo menos 4 horas de sol diarias.
Arrieta e Carmen
TRANSPLANTANDO AO NOSO PEQUENO HORTO
Fai unhas semanas os “Amigos da Terra” ensináronnos a plantar nun sementeiro moi particular. Fixemos as primeiras plantacións da tempada: leitugas, cebolas, fabas, chícharos,… Logo día a día coidámolas nas nosas aulas e como medraron tanto tivemos que transplantalas ao noso pequeno recunchiño hortícola.
Así pouquiño a pouco vai collendo forma o noso horto…
SEMENTAMOS COA AXUDA DA ASOCIACIÓN «AMIGOS DA TERRA»
Este venres, tivemos unha visita moi especial dunha asociación de Reboreda chamada: “Amigos da terra”. Contáronnos un conto con dous titeres moi especiais, Manolón e Manolillo, dous tomates moi maduros.
Manolón e Manolillo explicáronnos a importancia de mercar tomates maduros e sempre na súa temporada. Tamén aproveitamos para sementar diferentes sementes, como: cebolas, leitugas, chícharos e fabas en botes de iogur, que coidaremos durante o inverno na clase para logo transplantar ao noso horto cando chegue a primavera.
Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos grazas a Belén, a nosa nova amiga de “Amigos da terra”
E así de ben o fixeron os «SÍNEFOS»
AS NOSAS PRANTAS
Chegou o outono é e un momento propicio para transplantar as plantas que xa tiñamos na clase e tamén de plantar outras novas.
Comenzamos plantando uns vistosos ¨coleos¨ e ademais como Tatiana nos trouxo un aguacate, sacámoslle a pebida e introducímola en agua para que lle medren as raíces e o talo para logo transplantala.
Agora toca cuidalas e esperar a que medren e así ir observando os cambios que se van producindo que é do que trata o tema que estamos estudando en coñecememto do medio.