VISITAMOS A CÁMARA ANECOICA DE TELECO

pequesreboreda

A profe Isa organizounos unha fantástica visita a Universidade de Telecomunicacións dentro do proxecto de «Física e Química» para ver a cámara semianecoica.
Trátase dun laboratorio onde se aillan totalmente os ruídos externos xa que as paredes tragan todos os rebotes do son.
Pero, mellor que contárvolo podedes velo.


Completamos a mañá facendo unha camiñata pola senda do río Eifonso.

mayo 8, 2019 | Leave a comment  

LECTURA DE VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO

pequesreboreda

Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne
Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da «chegada» do Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra «Vinte mil leguas baixo dos mares» de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155

enero 11, 2019 | Leave a comment  

IMOS A PRAIA DE CESANTES NO CHOCOCHU

pequesreboreda

Xa vos contamos o outro día coma celebramos o Día da biblioteca este ano no cole de Reboreda. Pero a cousa non quedou aí.
Ao día seguinte 4º, 5º e 6º visitamos a praia de Cesantes no Chocochu para facer unha lectura colectiva dos libros de Verne acompañados polos ollos do capitán Nemo. 1, 2º e 3º fixeron a mesma actividade o venres.
Pero, os alumnos de sexto aproveitamos a visita a praia para axudar ao capitán Nemo a resolver un misterio e traballar todos xuntos resolvendo un reto. Tratábase dunha pequena xincana onde afrontamos un par de probas que lle brindaron un bos puntos aos gañadores no Class Dojo.
Ademais visitamos a Nemo e fixemos a lectura colectiva.
Pasámolo moi ben pero, o mellor de todo, foi viaxar no Chocochu.
Mirade, mirade!!!

 

noviembre 9, 2018 | Leave a comment  

VISITAMOS O PARQUE DOS BOMBEIROS

pequesreboreda

Este trimestre estamos traballando os superheroes cercanos e coma os nosos compañeiros de 1º ían a visitar aos bombeiros e lles sobraba sitio no bus tamén nos apuntamos.

Despois de pasar toda a semana aprendendo cousas dos bombeiros e de ter algunhas preguntas por resolver fomos ao parque dos Bombeiros de Teis, en Vigo.
Foi un día do máis emocionante e fixemos unha chea de cousas.

De momento aquí tedes un adianto pero nos vindeiros días vos amosaremos máis.


E un vídeo máis

febrero 1, 2017 | Leave a comment  

VISITA AO MEIRANDE E A ILLA DE SAN SIMÓN

pequesreboreda

O pasado martes, os meus compañeiros e máis eu baixamos a pé a Redondela. O motivo era realizar unha visita ao museo Meirande e a illa de San Simón, agasallo que recibimos por gañar o I Concurso de Teatro Radiofónico organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
Como non estamos acostumados a andar tanto, ao chegar ao peirao de Cesantes descansamos e comemos algo para recuperar forzas. De seguido chegou o barco que nos ía levar a nosa primeira parada: Meirande. Para nós non era algo novo xa que estiveramos alí noutra ocasión, pero ainda así resultounos moi interesante. Ensináronnos unha réplica da sala do capitán, os cañóns e a bodega dun barco e tamén vimos uns vídeos sobre a Batalla de Rande e o choco.
Ao finalizar a visita embarcamos de novo rumbo a illa de San Simón. O primeiro que fixemos ao chegar, foi cantar a cantiga de Mendiño en homenaxe aos trovadores medievais Johan de Cangas, Martín Códax e Mendiño. A continuación dividíronnos en dous grupos e acompañados dunha guía comenzamos a visita. Levounos, en primeiro lugar, a visitar a capela onde se atopa a imaxe do santo que lle da nome a illa. A San Simón fáltalle as dúas mans e según nos contou a guía hai dúas versións que explican o por que.
Había varios edificios, un que era antes un comedor transformado agora en cafetería, outro que primeiro foi un hospital e logo unha cárcere.
Contáronnos porque a illa de San Simón lle chamaban a illa limpa e a San Antón a illa sucia. Isto era porque os barcos que viñan de facer grandes travesías, antes de poder desembarcar, tiñan que pasar cuarenta días na illa, e os que padecían enfermidades contaxiosas eran levados a illa de San Antón e tiñan prohibida saír de alí.
A través dunha ponte accedemos a illa de San Antón, onde se atopa o ceminterio e un edificio transformado en museo con fotografías de diferentes épocas. Voltamos a illa de San Simón e fixemos a última parada onde a guía nos amosou un cruceiro na illa de San Bartolomeu que rinde homenaxe a uns homes que perderon a vida alí ao volcar a pequena embarcación na que ían.
A paisaxe das illas é moi fermosa con árbores con máis dun século de vida como os que forman o Paseo dos Buxos.
Finalizada a visita volvemos a coller o barco que nos levou de volta ao peirao de Cesantes e de alí fomos andando ata o colexio.
Cris
SAN SIMON

octubre 21, 2016 | Leave a comment  

VISITA AO MERCADO

pequesreboreda

Percorremos o mercado entrevistando as persoas que traballaban en distintos postos: peixería, florestería, panadería, carnicería, chacinería e froitería e comercio xusto, e esta é información que nos proporcionaron.

Peixería
Venden peixes brancos e azuis. Nesta época do ano véndese máis o peixe azul. Os precios dalgúns peixes como a sardiña pode variar moito según a epoca do ano.
A maioría do peixe ten procedencia galega ou española, pero tamén venden peixes doutros paises como Marrocos.
O peixe debése conservar en xeo picado.
O traballo de peixeira é moi duro xa que o seu horario vai das catro da mañán as dúas da tarde.
Hai bastante competencia entre os postos de venda de peixe.

Paula e Lucas C.
Carnicería
Venden carnes de polo, tenreira, pavo, porco, coello. De todas elas a que máis venden é a de tenreira. Toda a carne é galega.
Ademais tamen venden produtos elaborados como pastel de carne, hamburguesas, san xacobos e albóndigas.
Para conservar a carne utilizan un produto especial.
A carniceira que nos atendeu leva máis de 36 anos traballando no mercado.

Rosi e Unai F.
Froitería
As mellores froitas e verduras veñen de Andalucía e Murcia ainda que tamén hai xudías e laranxas que Marrocos. A froita lévase do lugar onde se produce para un almacen en Vigo onde a froiteira vai mercala.
Cando empeza a temporada as froitas novas son as máis caras, por exemplo agora están caros os peladillos, nísperos, albaricoques e están baratas as mazás ademais ésta é a froita máis vendida. Das verduras, a máis vendida todo o ano é a xudía.
Para conservar as froitas e verduras colócanse no frío con un pano por enriba para que non perda o seu sabor e textura.

María, Sandra, David e Manu

Panadería
O pan faise nun forno fora do mercado e logo traeno para vendelo alí.
Para facer un pan so se necesitan catro ingredientes: auga, fariña, sal e fermento, As fariñas poden ser de centeo, millo, trigo, espelta…..O pan que máis se vende é o artesán e o de centeo. A parte do pan tamén venden magdalenas, pastas, pasteliños e empanadillas. O pan que non se vende non se tira, moito aprovéitase para facer pan relado.
Este posto leva aberto dende a apertura do mercado.

Alex e Rober

Chacinería
Aquí venden non so embutidos senon tamén conservas, pan de molde, mel, aceite…. é como unha pequena tenda. O que máis se vende é o xamón cocido, xamón serrano e queixo. Cada vez máis a xente prefire os embutidos baixos en sal e en graxa. Os seus podutos proceden diferentes de lugares como Lugo, Ourense, Madrid…..
O horario de traballo é de oito da mañán a dúas da tarde, de luns a sábado. Os días con máis clientela son os venres e os sábados.
O mellor de traballar nunha chacinería é atender aos clientes e que estos vaian satisfeitos para as súas casas. Por desgraza, a xente compra máis no supermercados que nos mercados porque alí atopa moitos máis produtos.

Cris e Lucas G.

Floristería
Ten moitos tipos de flores como as rosas, orquídeas e caraveis, estos últimas son as flores que máis se venden. A época do ano en que máis venden é en agosto porque a xente que cultiva flores xa non lles quedan pola calor e a sequía. Normalmente mércanse para o ceminterio, para regalar ou para poñer nas casas.
Tamén venden plantas aromáticas.
No mercado hai dous postos de flores e plantas e entre eles hai competencia polas vendas.

Alba e Unai S.

Tenda ecolóxica
Aquí atopamos produtos do comercio xusto e ecolóxicos. Este tipo de comercio respecta ao medio ambiente e as persoas. Os produtos ecoloxícos sentan mellor, sacian máis e tamén están moi ricos. Cada vez véndesen máis porque as persoas están máis concienciadas co medio ambiente e coa saúde.
Moitos dos seus produtos como o arroz basmati, a quinoa, o café e o cacao veñen doutros países e continentes.
Nesta tenda tamén venden cosméticos, cestos e traballos feitos a man en madeira.
Para asegurarnos que un produto é ecolóxico temos que atopar no seu envoltorio un debuxo dunha folla de estrelas.
A vendedora estudou bioloxía é unha apaixoada dos animais e o campo. Comenzou traballando ensinando a xente a comer mellor e agora continua ofrecendo produtos e consellos no mercado.

Antía e Pablo

junio 16, 2016 | Leave a comment  

CURSO 2014/2015 ARRANCAMOS!!!

pequesreboreda

VISITA A FERVENZA DE REBOREDA

Fai uns anos estabamos a traballar co proxecto da auga e Unai e David trouxeron unhas fotos dunha fervenza que había en Reboreda. As fotos eran preciosas pero cando quixemos saber onde estaba descubrimos que non tiña acceso e estaba chea de lixo. Nese momento estando en educación infantil comezamos unha loita para defender a nosa fervenza escribindo ao concello, a Seragua, aos xornais, contamos coas vivenzas das familias, falamos con políticos e finalmente fixemos unha saída reinvidicativa coas familias para amosar a todos coma estaba a fervenza.

VOS LEMBRADES?


Xa pasaron uns aniños dende esta primeira visita e a pesar do pasado do tempo os Vincis seguiron loitando por salvar a fervenza de Reboreda.
Lucas Camiño foi un dos Vincis que participou nesa loita e Cris, ainda que ela non viviu esa experiencia, con axuda da súa familia cóntanos a súa vinculación con ese lugar.

O venres pasado volvemos a nosa querida fervenza para vela despois das actuacións de acondicionamento do concello. Foi unha satisfacción enorme ver o entorno tan limpo, os accesos coidados e poder disfrutar dun lugar tan fermoso. Pero, o mellor de todo foi ver que as loitas dan o seu froito e que aínda que sexa lento vaga a pena defender aquilo que é bo para todos. A partir de agora cada vez que alguén fale da fervenza de Reboreda os Vincis saberán que eles son en gran parte responsables de ter recuperado un lugar tan emblemático da nosa vila.

NORABOA VINCIS!!!

octubre 9, 2014 | Leave a comment  

ACTIVIDADE NO RÍO FONDON

pequesreboreda

Fonte: Ocio de Redondela

fondon

junio 6, 2014 | Leave a comment  

ACTIVIDADE NA PRAIA DE CESANTES

pequesreboreda

Para os que non nos podedes acompañar o sábado a festa de Voz Natura, aquí vos deixamos unha boa alternativa:

cesantes

Sábado, 7 de Xuño de 2014 – 11:00 horas.
Actividade en Cesantes
Medio Ambiente organiza o sábado día 7 de 11:00 a 13:00 horas un obradoiro interpretativo orientado a dar a coñecer entre os participantes a fauna e flora da duna e praia de Cesantes. Inscrición no teléfono 986400300.
FONTE: RADIO REDONDELA.

 

 

junio 4, 2014 | Leave a comment  

VISITA AO MUSEO DO MAR

pequesreboreda

Aproveitando a viaxe a Vigo, o martes pasado, tamén visitamos o Museo do Mar. No fixemos a visita típica a un museo senón que participamos nun obradoiro de arqueoloxía. Como arqueólogos experimentados, recuperamos restos de ósos, vaixelas, colares…. para logo analizar.

Clicade na imaxe para acceder a entrada no blog de terceiro onde tedes dous vídeos resumo desta visita.

MUSEO DO MAR

febrero 12, 2014 | Leave a comment  

Next Page →