VISITAMOS A CÁMARA ANECOICA DE TELECO

pequesreboreda

A profe Isa organizounos unha fantástica visita a Universidade de Telecomunicacións dentro do proxecto de «Física e Química» para ver a cámara semianecoica.
Trátase dun laboratorio onde se aillan totalmente os ruídos externos xa que as paredes tragan todos os rebotes do son.
Pero, mellor que contárvolo podedes velo.


Completamos a mañá facendo unha camiñata pola senda do río Eifonso.

mayo 8, 2019 | Leave a comment  

MÁIS FÍSICA E QUÍMICA NA CORUÑA

pequesreboreda

Onte fomos pasar o día a Coruña.
Aproveitando o tema do centro, visitamos o MUNCYT, museo de ciencia e tecnoloxía e a Casa das Ciencias.
No Muncyt participamos nun taller de construcción moi interesante onde traballamos en equipo e tivemos que seguir estratexias para ter éxito. Completamos a actividade visitando o museo.
Despois de comer fomos a casa das Ciencias. Aprendemos unha chea de cousas sobre os exoplanetas no planetario e despois tocamos, manipulamos e xogamos con todo o que estaba o noso dispor na casa das ciencias. ATA VIMOS NACER UN PITIÑO
Foi un día moi intenso e divertido!!!

 

enero 31, 2019 | Leave a comment  

LECTURA DE VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO

pequesreboreda

Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne
Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da «chegada» do Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra «Vinte mil leguas baixo dos mares» de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155

enero 11, 2019 | Leave a comment  

VISITAMOS O CASTELO DE SOUTOMAIOR

pequesreboreda

En ciencias sociais comezamos o temario pola parte da historia. Rematamos quinto na Idade Media e nese punto arrancamos en sexto. Tiñamos pendente dende o curso pasado visitar o castelo de Soutomaior.
O noso guía contounos unha chea de cousas e desfrutamos visitando as estancias do castelo e vendo os seus cambios ao longo da historia.
Despois da visita guiada paseamos polos xardíns.
Foi unha mañá moi interesante e onde aprendemos unha chea de cousas!!!

noviembre 5, 2018 | Leave a comment  

E DESPOIS DE VISITAR A PRAIA DE CESANTES

pequesreboreda

Xa pasaron algunhas semanas pero tiñamos pendentes contarvos o que fixemos na aula despois de visitar Cesantes. Na nosa visita collemos mostras de area, auga, algas… Xa en clase, cada equipo tiña 4 experimentos para realizar usando as mostras recollidas. Cada equipo levou a cabo as súas experiencias e engadiu as conclusións ao seu caderno de campo. Ademais, uns equipos foron titorizando aos outros a medida que ían experimentando.
Finalmente, inda que non está recollido no vídeo empregamos o microscopio para facer unha observación máis precisa.
Pasámolo moi ben e foi un xeito práctico de experimentar e sacar as nosas propias conclusións.

 

 

mayo 8, 2018 | Leave a comment  

VISITAMOS A XUNTA DE GALICIA, O PARLAMENTO E…

pequesreboreda

O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia.
Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial.
Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí  visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis.
Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande)
Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa.
Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.

BRAIS

abril 23, 2018 | Leave a comment  

E, FINALMENTE, CONSEGUIMOS VISITAR A PRAIA DE CESANTES

pequesreboreda

Despois dun mes buscando un día sen chuvia para poder ir a praia e poder comprobar «in situ» todo o traballado na aula, por fin chegou o día. A chuvia deunos unha tregua e aproveitamos para ir a Cesantes.
Fixemos a visita acompañados por Marcelo de Faia, Educación Medioambiental.
Comezamo a visita no porto e, andando pola praia, fomos observando, falando e aprendendo máis cousas sobre as algas e a súa importancia no ecosistema, os moluscos, as aves, algúns animais mariños coma as babosas de mar, a composición da area, as dunas…
Foi unha visita moi instructiva!!!

abril 18, 2018 | Leave a comment  

IMOS A PRAIA

pequesreboreda

Así que non esquezades traer:

– O cuaderno de Campo
– Bolígrafo e lapiz
– Unha lupa para o equipo
– Unha cámara de fotos para o equipo
– Botes para recoller mostras
– E calquera outro material que decidirades no equipo.

abril 17, 2018 | Leave a comment  

EXCURSIÓN A SANTIAGO: METEOGALICIA E CIDADE DA CULTURA

pequesreboreda

O día 17 de xaneiro de 2018 fomos de excursión a Santiago.
Ao chegar ao colexio había un autobús agardándonos para levarnos a Meteogalicia.
Xa alí, nada máis chegar, merendamos e falamos. Ao acabar soltamos un globo sonda e, xusto despois, vimos ao noso guía que explicou un pouco que é o clima?, que é a metereoloxía? e máis preguntas relacionadas.
Cando acabou, o guía levaounos xunto dun traballador que explicounos máis datos sobre o globo sonda e coma funcionaban e se usaban os aparellos metereolóxicos.
Ao acabar collemos o bus que nos estaba esperando e fomos a Cidade da Cultura.
Estivemos xogando antes de comer e despois da comida seguimos xogando ata a hora da visita. Despois de comer subímonos a unha cuberta que tiña un «tobogán» onde Miguel rompeu o pantalón.
Cambiamos ao parque con forma de balea. Alí houbo moitos «accidentes» e caídas moi graciosas.
Logo fomos a visita guiada a Cidade da Cultura onde nos explicaron cousas sobre o deseño da mesma. O que máis nos sorprendeu e que nos levaron a uns túneis subterráneos que estaban feitos para que foran os camións a descargar as súas mercadorías.
Ao saír recollemos as nosas mochilas e cada un comprou unha cousa.

                Brais 5º B

 

febrero 1, 2018 | Leave a comment  

DE VISITA A ESCOLA DE HÍPICA

pequesreboreda

Os pequesreboreda fixeron a primeira visita deste curso. Como estaban traballando os animais da contorna, neste trimestre, tiveron unha gran idea, visitar a escola de hípica: “A Muralla”, que está moi pretiño da escola. Alí subiron nos cabalos, visitaron as cuadras, descubriron cousas da súa fisonomía, dos seus hábitos,… ata puideron ver como lles cambiaban as ferraduras das pezuñas. Unha mañá moi intensa!

 

enero 17, 2018 | Leave a comment  

Next Page →