TALLERES DE ROBÓTICA

pequesreboreda
Arrancamos un curso máis coas nosas sesións de robótica.
Durante o segundo trimestre imos compartir e repasar o que xa sabemos cos nosos compañeiros de terceiro que inician este ano esta materia.
Para iso, cada martes nos acompañarán na aula e levaremos a cabo 4 talleres simultáneos. Por equipos, os maiores tutelaremos aos pequenos nos seus primeiros pasos nesta disciplina.
Así foi a primeira sesión:

febrero 6, 2019 | Leave a comment  

AS NOSAS CREACIÓNS STEMS

pequesreboreda

A raíz da participación na feira STEMLAB en Santiago, os alumnos de A e B estivemos moi ocupados facendo as nosas primeiras creacións STEM.

Partimos dun motor dun xoguete vello ou similar, material de refugallo, algo de imaxinación e a fantástica axuda das nosas familias e…

Aquí tedes o resultado.

STEM 1

STEM2

mayo 9, 2018 | Leave a comment  

ROBOT CASERO

pequesreboreda

Xa sabedes que os Apolos estamos entusiasmados coa robótica. Fai unhas semanas fun a un curso de robótica e ensináronnos a facer un robot pintor cun vaso, tres rotuladores, un motor e unha pila.

Resulta que temos unha chea de motores ao noso redor, sobre todo dos xoguetes vellos, e con eses motores pódense facer unha chea de cousas.
Trouxen o robot pintor a clase e encantoulles así que eles tamén quixeron construír un. Despois de buscar na rede atopamos un cun cepillo de dentes que parecía sinxelo así que puxémonos mans a obra.

abril 7, 2017 | Leave a comment  

QUEREDES COÑECER A DASH?

pequesreboreda

Vou comezar este artigo dando as grazas as familias dos Apolos por facer realidade as tolemias que se nos ocorren na aula.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS, SEN VOS NON SERÍA POSIBLE!!!

No mes de outubro fun a SIMO educación en Madrid e asistín a varios talleres de robótica infantil. Vin moitos robots, algúns espectaculares pero non lonxe do noso alcance. Así que cun orzamento máis modesto, algo de imaxinación e moitas gañas, os Apolos creamos un taller permanente de robótica. Empezamos facendo robots de cartóns, con movemento manual, solares e un robot programable que temos agora mesmo en proceso de programación.
Levabamos unha semana en punto morto e pensando para onde iamos tirar cando chegou a reunión coas familias para falar do entroido. Falamos do traballo de aula e dos robots, de cal podía ser o seguinte paso.
Pensara en mercar un robot de BQ, so me daba medo que os aparellos son para nen@s a partir de 8 anos e igual o manexo nos resultaba complexo.
Nembargante, as familias estiveron dacordo en facer unha aportación, non pensei que iamos recaudar tanto así que, poñendo un pouco máis deixamos o robot de BQ e mercamos a DASH. Un trebello con moitas posibilidades que manexamos en Madrid, onde nos namorou, e que espero que nos de moitas alegrías.
De momento aquí vos deixo a chegada de Dash e os primeiros problemas tecnolóxicos!!!

 

marzo 1, 2017 | Leave a comment  

A ROBÓTICA NON SEMPRE SAE BEN!!

pequesreboreda

Xa vistes que montamos o noso robot solar. Coma ten 14 posibilidades, os Apolos decidiron montar outra forma. E parecía que todo ían ben…

 

febrero 20, 2017 | Leave a comment  

REMATAMOS O ROBOT SOLAR

pequesreboreda

Os Apolos despois de meses traballando no recuncho dos robots remataron o robot solar con moita satisfación. Tivemos que agardar polo sol para poder probalo e…

Veredes ao final do vídeo que o robot que poñemos a andar non é a tartaruga. A tartaruga funcionou na aula pero ao subila desmontouse e non podiamos montala sen as instruccións así que pusemos o corpo a andar!

enero 27, 2017 | Leave a comment  

OS MAIORES VISITAN AOS PEQUES PARA APRENDER ROBÓTICA

pequesreboreda

O principio do trimestre os Apolos fomos a 5º A a ver o seu recuncho da ciencia e a aprender dos insectos. Desta volta foron os maiores os que viñeron a nosa aula para aprender conceptos básicos de robótica.

Para iso dividimos a clase en 4 talleres, un para desenvolver o noso lado creativo e imaxinativo construindo un robot con material de refugallo. Os maiores contaron coa axuda inestimable de Alba e Mauro que o fixeron xenial cando nos construimos os nosos robots.

Outro para dotar de movemento a algo construído con material de refugallo, neste caso un brazo robótico. Para iso o equipo tiña un vídeo cos pasos a seguir e a axuda e consello de David e Ainoa que xa fixeran a man robótica.

No seguinte taller os maiores tentaron seguir construindo o robot solar con axuda de Daniela e Carla (aínda que estaban un pouco nervosas porque os maiores impoñen e non falaron moito)

Finalmente, un taller de linguaxe computacional para entender coma programar un robot comandados por Teo, Zaira e Anxo que son uns auténticos expertos.
Pasámolo moi ben e encantounos ser profes dos maiores.

Coma non puidemos acabar todo o que tiñamos imos ver se en xaneiro volvemos xuntarnos para seguir dende o deixamos.

enero 11, 2017 | Leave a comment  

A MAN ROBÓTICA

pequesreboreda

Antes das vacacións de nadal o reto de Margarida de Coñecendo a orixe foi moi difícil, o máis complicado de todos. Debiamos deseñar algún mecanismo para mellorar os poderes de Superlópez. Os Apolos cando comezamos co proxecto dos robots vimos un vídeo dunha man robótica caseira e Daniela pensou que Superlópez podía ter tres mans e así podía loitar mellor contra os malvados. Ao resto gustounos a idea e puxémonos mans a obra.
E así o fixemos.

enero 9, 2017 | Leave a comment  

O ESCORNABOT CASE LISTO!!

pequesreboreda

Os Apolos levan semanas atarefados construindo o noso robot. Van tres días a semana ao recuncho os que queren así que os avances son lentos. Aquí tedes un resumo de coma vai a cousa.
Mirade a reacción de David ao final do vídeo, so por iso xa valeu a pena todo o proxecto!!!

noviembre 23, 2016 | Leave a comment  

DESEÑAMOS E CONSTRUIMOS UN ROBOT NA AULA

pequesreboreda

Lembrades os nosos robots de cartoliña?

Pois os Apolos deron un paso máis. Por equipos fixeron un deseño en papel sobre o robot que querían construir, fixeron unha lista de materiais que se repartiron para traer da casa e, ao día seguinte, iniciaron o proceso de construcción.

E sabedes que… mellor mirade!

noviembre 11, 2016 | Leave a comment  

Next Page →