E DESPOIS DE VISITAR A PRAIA DE CESANTES

pequesreboreda

Xa pasaron algunhas semanas pero tiñamos pendentes contarvos o que fixemos na aula despois de visitar Cesantes. Na nosa visita collemos mostras de area, auga, algas… Xa en clase, cada equipo tiña 4 experimentos para realizar usando as mostras recollidas. Cada equipo levou a cabo as súas experiencias e engadiu as conclusións ao seu caderno de campo. Ademais, uns equipos foron titorizando aos outros a medida que ían experimentando.
Finalmente, inda que non está recollido no vídeo empregamos o microscopio para facer unha observación máis precisa.
Pasámolo moi ben e foi un xeito práctico de experimentar e sacar as nosas propias conclusións.

 

 

mayo 8, 2018 | Leave a comment  

IMOS A PRAIA

pequesreboreda

Así que non esquezades traer:

– O cuaderno de Campo
– Bolígrafo e lapiz
– Unha lupa para o equipo
– Unha cámara de fotos para o equipo
– Botes para recoller mostras
– E calquera outro material que decidirades no equipo.

abril 17, 2018 | Leave a comment  

A PRAIA DE CESANTES VISTA POLOS EQUIPOS 2

pequesreboreda

The Dogs e Os Vacalouras tamén fixeron a súa exposición sobre a praia de Cesantes e compartiron con todos nos o que aprenderon este trimestre. Estade atentos porque as súas exposicións son moi interesantes.
De novo, noraboa a todos!!!

 

abril 6, 2018 | Leave a comment  

UN NOVO TESOURO DE CESANTES: OS MOLUSCOS

pequesreboreda

Rematamos a semana pasada coa visita de Susana, a nai de Brais, que é patóloga de moluscos.
Foi unha visita moi interesante onde aprendemos unha chea de cousas sobre a fauna de Cesantes. Escoitamos e tamén tocamos, experimentamos, miramos polo microscopio…
Susana veu cargada de cousas para que lle puidesemos sacar o máximo partido a súa visita.
Foi xenial e soubonos a pouco.
Ademais, Susana agasallounos con libretas, lapices, gomas… do seu traballo. Quedamos encantados.

MOITÍSIMAS GRAZAS A BRAIS POR PROPOÑER A SÚA NAI COMA EXPERTA E A SUSANA POR ACEPTAR A INVITACIÓN

As visitas desta semana foron xeniais. Sacámoslle moitísimo partido e déronnos a oportunidade de aprender máis sobre a praia dende diferentes puntos de vista.
É un auténtico pracer contar coa vosa axuda no noso día a día. As nosas aulas están abertas para todos. Esperamos máis visitas nos vindeiros proxectos.

abril 4, 2018 | Leave a comment  

VISITA AO RIO ALVEDOSA DOS ALUMNOS DE 6º

pequesreboreda

En experimentando coa ciencia podemos ver este fantástico artigo.

O pasado martes 17 de outubro saímos de visita ao río Alvedosa. Observamos a flora e a fauna local da ribeira do río: árbores, arbustos, plantas, animaliños, rochas, auga, …. e por desgraza tamén o lixo.
Fixemos todo tipo de recollida de mostras, coas que agora temos que traballar; identificamos especies da vexetación da zona; e localizamos algunha que outra especie invasora.
Foi unha saída moi produtiva!!!
Seredes quen de identificalas tamén nas fotos?
060504030201
octubre 30, 2017 | Leave a comment  

O CHOCO

pequesreboreda
Cando visitamos o mercado poidemos ver un anaquiño dun vídeo que nos mostraba a vida da Enseada de San Simón, a partir de hoxe xa se pode ver completo este documental e aquí o tedes.
As imaxes do fondo da nosa ría son impresinantes!!!

octubre 22, 2014 | Leave a comment  

CURSO 2014/2015 ARRANCAMOS!!!

pequesreboreda

VISITA A FERVENZA DE REBOREDA

Fai uns anos estabamos a traballar co proxecto da auga e Unai e David trouxeron unhas fotos dunha fervenza que había en Reboreda. As fotos eran preciosas pero cando quixemos saber onde estaba descubrimos que non tiña acceso e estaba chea de lixo. Nese momento estando en educación infantil comezamos unha loita para defender a nosa fervenza escribindo ao concello, a Seragua, aos xornais, contamos coas vivenzas das familias, falamos con políticos e finalmente fixemos unha saída reinvidicativa coas familias para amosar a todos coma estaba a fervenza.

VOS LEMBRADES?


Xa pasaron uns aniños dende esta primeira visita e a pesar do pasado do tempo os Vincis seguiron loitando por salvar a fervenza de Reboreda.
Lucas Camiño foi un dos Vincis que participou nesa loita e Cris, ainda que ela non viviu esa experiencia, con axuda da súa familia cóntanos a súa vinculación con ese lugar.

O venres pasado volvemos a nosa querida fervenza para vela despois das actuacións de acondicionamento do concello. Foi unha satisfacción enorme ver o entorno tan limpo, os accesos coidados e poder disfrutar dun lugar tan fermoso. Pero, o mellor de todo foi ver que as loitas dan o seu froito e que aínda que sexa lento vaga a pena defender aquilo que é bo para todos. A partir de agora cada vez que alguén fale da fervenza de Reboreda os Vincis saberán que eles son en gran parte responsables de ter recuperado un lugar tan emblemático da nosa vila.

NORABOA VINCIS!!!

octubre 9, 2014 | Leave a comment  

FESTA VOZ NATURA 2014

pequesreboreda

Un ano máis fomos a festa de VOZ NATURA. Este ano o grupo convidado foron os Cocoricos, así que o sábado pola mañá reunímonos no cole e puxemos rumbo a Coruña para pasar un día xenial xogando e aprendendo no parque de Acea da Ama, en Culleredo.
O tempo non acompañou pero aínda así pasamos o día disfrutando nos hinchables, montando a cabalo, cos bolechas, nos talleres de maquillaxe, reciclaxe, globoflexia… e moitas e moitas cousas máis.
Escoitade as impresións dos Cocoricos.

E así pasamos o día

Moitas grazas a todos os que nos acompañastes neste día.

E o ano que vén máis porque volvemos a ser un centro VOZ NATURA.
voznatura2014

junio 10, 2014 | Leave a comment  

TERESA, A AVOA DE ENZO, ENSINOUNOS A MARISCAR

pequesreboreda

A maleta viaxeira da Coca Simona, nesta ocasión, viaxou á casa de Enzo e alí a súa avoa Teresa quixo ensinarnos pequenos segredos do seu traballo, mariscar.

Trouxo diferentes trebellos que utilizaba cando ela saía a traballar, polas praias de Cesantes, para recoller o marisco, se a marea o permitía. Foi xenial escoitar con atención as explicacións da avoa Teresa, porque expliounos todo con moito tino e con moita claridade. Toda unha experta comunicadora!!!

Prestade atención porque escoitar a avoa Teresa é todo un pracer!!!

 

GRACIÑAS Á AVOA TERESA E A MARTA POR UNHA VISITA TAN ESPECIAL

mayo 7, 2014 | Leave a comment  

VISITA A ZOOLAR

pequesreboreda

O pasado venres, acompañados por Montse e María José, baixamos a tenda de animais Zoolar.

Foi  un xeito especial de empezar o novo tema de Coñecemento  do Medio xa que alí poidemos ver infinidade de peixes, réptiles e aves. Grazas ás explicacións de Montse aprendemos de onde proceden, cales son as súas características físicas, como se reproducen e os cuidados que debemos prorcionarlles.
Para rematar mercamos neóns, xifos e mollys para o noso acuario que cada día está fermoso.
Grazas a todos que fixéstedes posible esta visita!

ZOOLAR

abril 19, 2014 | Leave a comment  

Next Page →