VERMICOMPOSTEIRA
Coma sabedes, os compañeiros de 5º A escolleron a miñoca coma animal a investigar. Xa na súa presentación nos falaron das vermicomposteiras e agora, aproveitando o proxecto Voz Natura, imos ter dúas vermicomposteiras na aula. Os alumnos de 5ºB foron a 5ºA para aprender coma facer unha e logo puxéronse mans a obra. Mirade!!!
AS RAS
Se o xoves foron os compañeiros de A os que falaron do seu animal o venres foi a quenda de B.
Nos escollemos a ra e dividimos o traballo por equipos. Cada equipo documentouse e elaborou un mural coa información. Unha vez feito isto estiveron practicando a exposición, fixemos un par de probas na aula e… listo!!!
O venres abrimos a porta da nosa clase ao resto do alumnado do centro e falámoslle da ra e as súas características, da súa anatomía, da diferenza entre ras e sapos, as súas funcións, o seu ciclo vital e, por suposto, algunhas curiosidades.
E fixéronno realmente moi ben.
Aquí tedes a proba.
AS MIÑOCAS
Esta semana, todas as clases do colexio fixeron unha exposición sobre un animal para que os demais poidésemos coñecer e aprender sobre el.
A nós como nos interesa moito todo o relacionado coa compostaxe e a horta, fixemos o noso traballo sobre as miñocas e a vermicultura. Sobre as miñocas, investigamos como é o seu corpo, que órganos posúen, como realizan as súas funcións vitais…; pero quixemos ir un pouco máis lonxe e adentrarnos no mundo na vermicultura. Buscamos información sobre a súa orixe, que produtos se obteñen, que cuidados hai que proporcionarlle a unha vermicompostera e, o máis importante, como se pode facer unha vermicomposteira con materiais de refugallo. Como é facil imaxinar, non nos poidemos resistir a facer as nosas. María e Celia foron as primeiras en mostrarnos a súa e continuaremos facendo unha por equipo para poder ver a súa evolución e ao mesmo tempo aproveitar o humus de miñoca e o fertilizante líquido para a nosa horta.
Así foi a nosa exposición
O MOUCHO: A MASCOTA DOS CHOQUETES
Este curso, imos estar moi atarefados cun montón de actividades relacionadas co proxecto anual, “O reino animal”. Como primeira actividade, cada clase tivo que escoller unha mascota e facer un estudio sobre ela, e tamén tivemos que decorar a porta da clase con ela.
Para decorar a porta fixemos uns mouchiños moi simpáticos que vixiarán día e noite a clase dos choquetes. Empregamos diferentes técnicas e materiais plásticos para darlle unha forma orixinal a nosa porta. Ahí vos deixamos todo o noso proceso creativo.
FAUNIA
(ARTIGO ESCRITO E PUBLICADO POR LOIS DE 5º A)
Que ou quen é Faunia?
Faunia é un dos zoolóxicos máis grandes de España.
Onde se atopa?
Atópase na zona de Vicálvaro en Madrid.
Datos interesantes sobre algúns animais:
A abella da mel: os efectos da picadura de vespas e abellas poden producir un choque anafiláctico que leva á morte.
En Australia as abellas causan máis accidentes fatais que as serpes e as medusas xuntas.
A Ra dardo dourada: un miligramo do seu veleno sería suficiente para matar a vinte persoas. Por sorte non poden inxectalo, porque se atopa baixo a súa pel. Os indixenas das zonas onde viven estas rás extraéno e fan dardos envelenados con el, que utilizan para cazar. A súa cor tan rechamante xa é unha advertencia.
Potencia do veleno: 9,5 sobre 10
Capacidade do veleno: 2 sobre 1
(CLICADE NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO SOBRE FAUNIA)
ANTÓN TROUXO UN ANIMALIÑO
SABEDES QUE É ISTO?

Coma sabedes os alumnos de 5ºA teñen un recuncho de ciencia na súa aula e Antón apareceu estes días con este insecto tan curioso así que tiveron que poñerse a investigar rapidamente.
Dende o experimentando coa ciencia nos contan que:
Nome científico: Gryllotalpa gryllotalpa. Grilo ceboleiro, alacrán ceboleiro, ralo, relo, … (grillotopo en castelán).
Insecto de aspecto acorazado e robusto que só é perigoso para as raíces das plantas das que se alimenta. Compensa este dano nos cultivos devorando tamén numerosas larvas de insectos nocivos.
Xa tedes máis datos así que agora seguide investigando!!!
QUE FOI DAS BOLBORETAS QUE CRIAMOS O CURSO PASADO?
O curso pasado estivemos moi atarefados coidando dos vermes do fiuncho pero marchamos de vacacións antes de que naceran as bolboretas. Aos poucos días sairon da crisálida e algúns Apolos achegáronse a velas.
Aquí vos deixo un resumo de todo o traballo que fixemos coas bolboretas que plasmamos nun lapbook.
UNHA CHEA DE BOLBORETAS
Xa sabedes que os Apolos andan tolos coas bolboretas. Fai unhas semanas Teo trouxo unha bolboreta a aula e serviunos para seguir dándolle voltas ao tema. Aquí tedes un vídeo resumo dalgunhas das cousas que levamos feito coa eiruga do buxo, a eiruga do fiuncho e os vermes de seda. Imos acabar sendo uns expertos!!!
E A EIRUGA…
As nosas eirugas seguen medrando e, unha semana máis, tivemos que ocuparnos dos seus coidados e, unha semana máis, brindáronnos unha chea de sorpresas.
Non vos conto máis!!
AS EIRUGAS SEGUEN MEDRANDO
Fai máis de dúas semanas que temos as eirugas do fiuncho na aula e seguen a medrar. Xa eclosionaron todos os ovos e témoslle a casiña feita a cada eiruga porque son moi territoriais e non queremos que se pelexen.
Mirade que ben as coidan!!!