MANUALIDADES CON REFUGALLO
Reusando o material que temos pola casa podemos facer moitas cousas.
Esta semana GATOS.
A COMPOSTAXE
A MALETA ROBÓTICA FOI A CASA DE DAVID S
A nosa maleta segue visitando casas e volvendo chea de experiencias, risas, pescudas e moito traballo para as familias. Nesta ocasión David reuniu a papá, mamá e Alba, a súa irmán, e viu con este trebello para compartir con todos os Apolos.
A MALETA ROBÓTICA VAI A CASA DE TEO
A nosa maleta segue de viaxe. Nesta ocasión pasou uns días na casa de Teo onde fixeron un simpático robot con material de refugallo e así nolo explicou el.
A MALETA ROBÓTICA
Dende que mercamos a Dash grazas a axuda das familias tiña na cabeza a idea de facer unha maleta viaxeira e que Dash fose a casa dos Apolos pero o curso pasa enseguida e, entre unhas actividades e outras, chegamos ao mes de maio, así que descartei a idea. Pero, cando lle dixen aos Apolos que non ían levar a Dash quedaron tan decepcionados que tiven que retomar a idea. Así que deille unha volta e puxemos a maleta a rodar.
No seguinte vídeo podedes ver o que vai dentro. As familias teñen a misión de devolver a maleta cun robot caseiro feito en familia.
A idea é pasar un bo rato en familia construíndo algo xuntos, vendo coma o refugallo cobra vida e onde os Apolos poidan amosar a súa familia todo o que levamos aprendido este curso.
A resposta, unha vez máis, está sendo extraordinaria e a cara dos Apolos cando levan a maleta e volven co robot xa o di todo e só por iso xa paga a pena todo o esforzo previo.
Alguén preguntou que faciamos cos robots que chegaban, no vídeo tedes a resposta.
SEGUIDE ATENTOS PORQUE ISTO ACABA DE EMPEZAR.
RECUNCHO DOS CACHIBACHES
Estamos xa no terceiro trimestre e toca prepararse para a recta final do curso. Os Apolos comezamos este trimestre adicado ao superpoder que cada un de nos temos dentro creando un novo recuncho de xogo. Recollemos a batcova porque necesitamos espazos onde poidamos explorar e aprender por nós mesmos.
Así que a nosa batcova converteuse no recuncho dos cachibaches. Temos unha cabina de superman para deixar a nosa identidade habitual e saír preparados para explorar os nosos superpoderes.
Neste recuncho temos unha chea de material de refugallo e ningunha consigna, de xeito que cada un pode xogar coma queira: creando, investigando, amontoando, tirando… Todo vale!!!
E estes primeiros días foron moi interesantes!
TRABALLOS DE PASCUA
Os días anteriores á Pascua, os sapiens traballaron moitisimo, preparando unhas grilandas de coelliños moi primaverais e un botiños de chuches moi orixinais, con vasos de usar e tirar. Queredes ver canto traballaron estos pequenos artistas? Pois atentos, atentos que o vídeo vai comezar.
UNHA ÁRBORE CHEA DE ARTE
A semana pasada tocoulle a quenda da maleta dos artistas a Zouhir. Fixo una árbore moi artística feita con botellas recicladas, purpurina, plumas, algodóns, limpiapipas e pegatinas de bisutería. Traballaron moitisimo e este foi o seu resultado.
FLORES CON ROLLOS DE PAPEL HIXIÉNICO
Esta semana no noso recuncho da arte deixámonos levar polo bo tempo e fixemos flores. Para iso usamos rollos de papel de baño. Cortamos os rollos en círculos de 1 cm máis ou menos e pegámolos nunha cartolina. Despois cada Apolo escolleu a cor que quixo e pintamos a parte de dentro dos círculos. Papel de seda de tallo e rematamos facendo herba usando o cepillo de dentes. Mirade, mirade!!!
CREANDO CON MATERIAL DE REFUGALLO
Fai unhas semanas pedímoslles as familias material de refugallo que tivese forma circular, cadrada, lineal ou triangular. Pouco a pouco os elementos foron chegando ao cole, recollemos de todo: tiras de tea, botóns, tapóns, etiquetas da roupa, palletas…
Estivemos vendo na clase que tiñamos, clasificalo por formas e, despois de ver un vídeo onde nen@s construían obras de arte con material de refugallo, puxémonos mans a obra.
Eu tiña pensado que crearan por equipos pero os Apolos, despois de tentalo un anaco, quixeron construír as súas obras de xeito individual así que repartimos unha folla a cada un e empezaron a xogar cos elementos. Déronlle varias voltas e non os peganos ata que quedaron conformes coa obra definitiva.
Moitas grazas as familias pola súa aportación a esta actividade e noraboa aos peques porque o fixeron moi ben.