FROITOS DO OUTONO: XOGO DOS ALUMNOS DE 5º

pequesreboreda

Unha vez máis en experimentando coa ciencia temos unha nova pregunta para pescudar.

Podería parecer que o outono, coa caída da folla e o murchar das árbores, fora unha estación onde non tiveramos froita de tempada. Nada máis lonxe da realidade. Son moitas as froitas típicas destas datas: Castañas, noces, avelás, améndoas, uvas, cabazas, feixoas, peras, granadas, mandarinas, figos, membrillos, caqui, tamarillos, …. Froitos secos uns e carnosos os outros.

Pero, …

Son todos eles típicos ou autóctonos das nosas terras?
 
Saberíades dicirnos cal é a procedencia de algúns deles?
froitas
noviembre 28, 2016 | Leave a comment  

OS SAPIENS TRABALLAN NO HORTO

pequesreboreda

O venres os sapiens visitaron por primeira vez o horto dos pequesreboreda. Traballaron moitisimo preparando a terra, buscando ramallos de fentos para protexer as tomateiras do sol, buscando as tomateiras no horto dos maiores, plantando tomates e cabazas e por último regando todo o horto. Mirade que ben o pasaron nesta nova acitividade…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own slideshow
mayo 4, 2013 | Leave a comment  

OS NOSOS AMORODOS ESTÁN ENFERMOS

pequesreboreda

Fai uns días que os amorodos que temos na aula están tristes e apagados. Algúns están secos e mustios e outros están comezando a secar. Ante tal situación tiñamos que tomar medidas. Aquí tedes a solución dos Cocoricos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox
abril 25, 2013 | Leave a comment  

ORIENTACIÓNS PARA O NOSO HORTO

pequesreboreda

O curso pasado Belén, membro da Asociación Amigos da Terra, veu ao colexio a falarnos dos alimentos de temporada e quedamos abraiados polos seus coñecementos. Ela ten unha horta ecolóxica e é unha experta neste tipo de agricultura e así que nadie mellor ca ela para aconsellarnos como cultivar o noso horto. Este xoves veu visitarnos.

Fixemos exercicio de redacción sobre a súa visita e Arrieta foi a que mellor recolleu todo o que aprendemos.

Por la mañana vino Belén, ella sabe mucho sobre huertos y ya que nosotros tenemos uno le pedimos si nos podía dar algunos consejos. Empezamos por hablar de las plantas y semillas que tenemos y a continuación fuimos a nuestro huerto y se las enseñamos. Nos contó que más podíamos plantar y sembrar. Al final ya lo tenemos pensado y organizado porque nos explicó en que sitios podíamos situar las diferentes plantas y las que podemos poner juntas porque algunas son amigas y otras enemigas. Después nos habló de la tierra y el abono. Por último nos contó que ella no le echa ningún producto químico para abonar ni para matar las malas hierbas ya que según las hierbas que salen sabe que le falta y como es el suelo.
Aprendí mucho y esperamos que vuelva a contarnos muchas cosas más.
Cuando tengamos algún fruto de nuestro huerto estaremos encantandos en compartirlo con ella.

Arrieta

artemias 011

Grazas Belén!

 

marzo 27, 2013 | Leave a comment  

TRABALLOS DE PRIMAVERA NO NOSO PEQUENO HORTO

pequesreboreda

Pouco a pouco vai chegando a primavera e comezamos coas primeiras plantacións. Xa facía unhas semanas que transplantamos os chícharos e xudías que plantamos na aula, a verdade é que prenderon moi ben pero aínda así….. algúns secaron e tivemos que voltar a plantar algúns novos. Tamén aproveitamos para plantar cebolas, xirasois e ata dentro do invernadoiro colocamos algunhas leitugas nun pequeno sementeiro.

Os peques están encantados co traballo do horto e xa parecen todos uns expertos agricultores, da gusto velos coas pás, as sachas, as regadeiras,… Este vídeo é un bo reflexo do traballo destes peques nunha actividade tan motivadora e significativa para tod@s.

marzo 18, 2012 | Leave a comment  

QUE SABEMOS DAS PLANTAS

pequesreboreda

Os nenos de 3º están aprendendo moito. Podedes ir ao blog do manantial onde podedes ver o vídeos coas súas ideas previas sobre as plantas.

marzo 8, 2012 | Leave a comment