SENTINDO O OUTONO: TALLERES DE AULA

pequesreboreda

Coma xa vos comentei a semana pasada estivemos traballando o sentido do tacto aproveitando a semana das froitas.
Para isto levamos a cabo varias actividades ao longo da semana que se suman a dos alimentos quentes, fríos, duros e brandos que xa vos ensinei.
Preparamos unha caixa misteriosa chea de productos do outono. Cada Apolo tiña que tapar os ollos, meter a man na caixa, sacar un obxecto e tentar adiviñar o que era usando so o tacto.
Coma o sentido do tacto está en toda a pel e non so nas mans fixemos outras actividades coma xogar a tirar botellas-maza usando a cabeza, comemos sen usar as mans, paseamos por un camiño de sensacións otoñais e preparamos a mistura da pasta de sal para facer froitas e froitos de outono.
De todos estes talleres escollemos o camiño de sensacións para amosarllo aos Coquiños, Choquetes e Xirasois. Cos Coquiños fixemos tamén o de comer sen mans e o xogo de bolos.
Realmente pasámolo xenial e foi estupendo poder compartilo con todos e disfrutar tamén dos talleres das outras aulas pero iso volo ensino no próximo post.
O vídeo dura case 15 minutos pero resumilo todo foi bastante complicado porque tiña máis dunha hora de gravacións. Creo que vale a pena!!!

diciembre 16, 2015 | Leave a comment  

TOCANDO O OUTONO

pequesreboreda

A semana pasada foi outra semana intensa i é que ultimamente non paramos.
A última semana de novembro estaba programada coma a semana da froita, aos profes de primaria encargados gustoulles a idea do mercado de outono que fixemos en infantil e decidiron facelo para os maiores, pero coma nos tamén queriamos participar na semana da froita e non repetir a actividade démoslle unha volta de decidimos traballar as froitas e froitos de outono a través dos sentidos.
Cada clase de infantil encargouse dun sentido e preparou un taller. Aos Apolos tocounos o sentido do tacto así que adicamos a semana a sentir as froitas e froitos de outono.
Das diferentes actividades escollemos as que máis nos gustaron para compartir cos compañeiros pero diso falaremos outro día.
Concretando no que fixemos na aula comezamos involucrando as familias, cada Apolo tiña que traer da casa cousas quentes, frías, brandas e duras que estiven relacionados coas froitas e froitos que estamos a traballar. Os Apolos trouxeron cousas moi interesantes e así foi coma as traballamos!!!

diciembre 14, 2015 | Leave a comment  

XOGO DAS FROITAS DO OUTONO

pequesreboreda

Coma xa vistes pasamos unhas xornadas moi intensas traballando coas froitas e froitos de outono, ademais, aproveitamos a visita a aula de informática para seguir traballando.

Preparamos un xogo lim das froitas e froitos de outono onde compilamos algunhas das cousas que aprendemos estes días e así, dun xeito máis lúdico, seguimos aprendendo e repasando todo o visto.
Aquí vos deixo aos Apolos xogando!!!

E coma non, o xogo para que sigades practicando na casa. Clicade para xogar.

limfroitosoutono

diciembre 10, 2015 | Leave a comment  

CHEGOU O DÍA DO MERCADO

pequesreboreda

Despois de investigar, probar, experimentar na aula e cociñar, chegou o día da degustación.
Comezamos preparando as mesas. Cada aula preparou a súa mesa co froito e a froita que lle tocaba. Os Choquetes coas mandarinas e as améndoas, os Coquiños coa granada e os cacahuetes, os Xirasois coas uvas e as castañas e os Apolos coas mazás e coas noces.
Ademais, cada aula preparamos un vídeo explicativo con todo o que aprendemos sobre este productos. Aquí tedes o que fixemos os Apolos.


Xa no salón vimos os vídeos de todos os peques e logo comezamos a comer. Cada un podía ir a mesa que quería e probar o que lle apetecese. Teño que dicir que todos probaron de todo sen ter que forzalos e resultou unha actividade estupenda. Os especialistas chamados polo arrecendo fóronse achegando ao salón e compartindo a degustación con nós.
Foi unha xornada xenial!!


Os choquetes están medrando un montón e para participar no mercado de outono prepararon un vídeo explicativo dos seus froitos de outono, améndoas e mandarinas (tanxarinas). Costounos un pouquiño porque era a nosa primeira actividade grupal, na que todos os choquetes fomos partícipes a nosa maneira. Ao final quedounos moi mooooooi ben, jijiji, será pasión de profe!!! Non volo credes??? Pois ahí vos deixamos o vídeo para xulguedes vos mesmos.

Algunha parte do vídeo está distorsionada porque hai un neno que non pode saír, pero o audio segue perfecto.

Agora a disfrutar, avísovos collede panos de papel porque vaivos a cair a baba, jejejeje.

diciembre 4, 2015 | Leave a comment  

MERCADO DE OUTONO III: COCIÑAMOS AS MAZÁS

pequesreboreda

Vaise achegando o día do mercado do outono. Ese día cada clase amosará ao resto dos compañeiros o que saben do seu froito e da froita de outono e ademais preparará unha mesa para degustar os alimentos que lle tocaron.
Os Apolos decidimos poñer as mazás en crudo e, ademais, presentar duas elaboracións, por un lado compota de mazá e, por outra banda, tarta.
Fixemos dous equipos para cociñar. Uns fixeron a compota coa profe Anabel e outros fixemos a tarta de mazá. Cada equipo tiña a receita diante, había que interpretala, escoller en cada momento o ingrediente e os pasos a seguir, ademais de traballar de xeito coordinado.
Mirade que ben o fixeron.

diciembre 2, 2015 | Leave a comment  

O MERCADO DE OUTONO II: AS MAZÁS

pequesreboreda

Seguimos dando conta do noso mercado de outono.
Hoxe é o momento de amosarvos un resumo dalgunhas das cousas que fixemos coas mazás.
Despois, coma sempre, de investigar, ler e ver vídeos sobre as mazás, comezamos a traballar directamente con elas. Aproveitamos para observalas, cheiralas e, por suposto, probalas.
E tamén fixemos un pequeno experimento.

noviembre 30, 2015 | Leave a comment  

O MERCADO DE OUTONO I: AS NOCES

pequesreboreda

Aproveitando o tema do curso e que estamos no outono decidimos traballar as froitas e froitos de outono todo o ciclo de infantil. Culminamos a actividade co mercado otoñal pero, antes de chegar a iso, houbo moitas actividades previas.
Os Apolos estivemos traballando coas noces e as mazas. Primeiro buscamos información na rede sobre as noces, logo falamos en alto de todo o que vimos no ordenador e experimentamos coas noces.
Ademais escoitamos a canción dun barquiño de cáscara de noz e logo fixemos os barquiños.

Aquí tedes un resumo!!

noviembre 27, 2015 | Leave a comment  

O OUTONO CHEGOU A CLASE DOS CHOQUETES

pequesreboreda

Nestes días de outono os choquetes andiveron liados decorando a súa clase cunhas grilandas da tempada. Empregaron diferentes técnicas e recursos plásticos para ter un resultado moi fermoso. Imos ensinarvos como pouquiño a pouco foi chegando o outono á clase dos choquetes e que colorida quedou.

noviembre 25, 2015 | Leave a comment  

MESAS DE TRABALLO PARA EQUIPOS EN MOVEMENTO

pequesreboreda

Este ano vou tentar ensinarvos o que acontece no noso día a día na aula. Coma xa vos dixen temos un taller de matemáticas os venres, un taller de grafismo para mellorar a grafomotricidade e, ademais o traballo de mesa dos equipos.
Na aula temos tres equipos: Os Xardineiros, As ferramentas e Os Constructores. Normalmente os equipos traballan de xeito simultáneo na mesma actividade pero hai días nos que cada mesa ten unha actividade concreta e son os equipos os que se van movendo polas mesas.

A idea é que durante a xornada, dun xeito lúdico e ameno fagan actividades distintas, que impliquen diferentes destrezas educativas, poñan a traballar procesos cognitivos varios e, ademais, fagan que estén activos e motivados.
A semana pasada tiñamos unha mesa con matemáticas otoñais, outra para facer alfabetos alimentarios e unha de traballo plástico.
Véndoo seguro que o entendedes mellor!

noviembre 23, 2015 | Leave a comment  

MOUCHOS CON ELEMENTOS DA NOSA CONTORNA

pequesreboreda

Os sapiens están moi creativos últimamente. E quixeron decorar a súa clase con motivos de outono, como uns simpáticos mouchos. Para iso empregaron follas secas da contorna. Mirade que preciosos lucen do teito da nosa clase.

diciembre 4, 2014 | Leave a comment  

Next Page →