CELEBRAMOS OS MAIOS

pequesreboreda

Aproveitando que a nosa vila ten tradición de celebrar a festa dos maios, dende o curso pasado no noso centro tamén facemos un maio e cantamos coplas para pasar esta tradición aos nosos peques e que non se perda.

Os Apolos trouxeron pampullos e ovos e preparamos na aula as cadenetas que logo puxemos no maio. Tamén aprendemos as coplas. A verdade é que durante a preparación pasámolo moi ben e todos sabían as coplas xenial pero o día da actuaciòn ningún Apolo quería ser solista porque querían tocar os paus. Estabamos nerviosos e non cantamos no micro pero aínda así estivo xenial.

AQUÍ VOS DEIXO UN RESUMO!!!


Zaira e a súa familia tamén fixeron un maio pequeno e trouxerono a clase.

mayo 5, 2015 | Leave a comment  

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

pequesreboreda

Esta semana aproveitamos para traballar ao redor do entroido. So fixemos dúas actividades pero con elas fixemos moitísimas cousas divertidas e coas que traballamos arreo a motricidade fina.
Por unha banda preparamos uns simpáticos retrato-paiaso de cada un, para iso picamos, estampamos con esponxas, usamos o pincel, gomets, goma eva, fieltro…
E QUEDARON PRECIOSOS!!!

Tamén aproveitamos para preparar uns antifaces con pratos de papel que tiñamos na clase da festa de nadal e que gardaramos para usar noutra ocasión. Usamos as playcolor para darlles cor, pegámoslle plumas, puxémoslle brillantina, botóns… e quedaron moi simpáticos!
Aquí tedes un resumo de coma o fixemos.

febrero 25, 2015 | Leave a comment  

OS VELÁZQUEZ E AS MENINAS

pequesreboreda
Este venres celebramos  noso centro un entroido adicado as artes e ainda que o tempo non axudou non foi impedimento para que desfilaramos no pavillón.
Despois de realizar varias actividades arredor deste pintor e dun dos seus cadros máis coñecidos  disfrazámonos de Velázquez e das Meninas con uns traxes feitos con moito agarimo e con alguha axuda.
VELAZQUEZ
febrero 24, 2015 | Leave a comment  

UN ENTROIDO MOI ARTÍSTICO

pequesreboreda

Este ano o eixe do noso particular desfile foi a arte e os peques do cole quixeron facer unha pequena homenaxe ao cadro máis bonito do mundo. Os Xirasois homenaxearon a Van Gogh, os Apolos a Kandinsky, os coquiños a Mondriani e os sapiens a Miró. Traballamos moitisimo e así de fermosisimos lucimos os nosos orixinais cadros.

febrero 24, 2015 | Leave a comment  

ASÍ CELEBRARON OS MAIOS OS DE 3º

pequesreboreda

Co fiuncho, os pampullos e as cocas que trouxemos fixemos entre todos un espectacular maio tradicional. Ademais, cada clase inventou tres coplas para cantar. As nosas, como podedes comprobar, aluden ao mes de maio pero non nos esquecemos de criticar os temas da aula.

Aquí tedes a nosa actuación!

mayo 8, 2014 | Leave a comment  

1ª CELEBRACIÓN DOS MAIOS NO COLE DE REBOREDA

pequesreboreda

Este ano quixemos celebrar, na escola, unha das tradicións máis populares do folclore popular da zona, «Os Maios».

Nun par de días, tivemos que dar forma ao noso primeiro maio cos fiunchos, pampullos, margaridas, ovos, bugallos e flores variadas que todos os nenos e nenas da escola recolleron durante a fin de semana. Logo ensaiamos a toda presa unhas pequenas e sinxelas coplas para cantar ante todo o alumnado e profesorado.

Os sapiens, a pesar de estar moi nerviosos, cantaron tres copliñas, nas que fixeron referencias ao proxecto da nosa contorna. Case sen poder ensaiar así de ben o fixeron.

«Os sapiens de Reboreda
hoxe queremos cantar
unhas pequenas copliñas
neste maio singular.

Trouxemos flores e ovos
que collemos pola leira
e cun pouco de fiuncho
imos dar comezo á festa.

Redondela é unha vila
na que non faltan as lendas
cunha coca moi malvada
que collía só ás nenas»

Se queredes ver como fixemos todo este traballo imos deixarvos un pequeno vídeo con retazos destes momentos

mayo 1, 2014 | Leave a comment