AS MÁQUINAS SIMPLES

Os alumn@s de sexto levamos semanas aprendendo unha chea de cousas sobre as máquinas.

 

Chegou á hora de compartir convosco todo o que sabemos.

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES: PRESENTACIÓN DO PROXECTO AO CENTRO

Rematamos o proxecto compartindo co resto dos nosos compañeiros todo o noso traballo deste trimestre.

REMATANDO O PROXECTO FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES

Despois de todo un trimestre traballando toca dar os últimos retoques ao proxecto deste trimestre.
Xa fomos dando conta das actividades realizadas ao longo deste trimestre. Durante estas semanas estivemos aproveitando todo o material que sacamos da entrevista con Ana María González Noya para que cada equipo desenvolvese un proxecto.
Así, os equipos encargáronse de facer un cómic sobre a vida de Ana María, un lapbook informativo, un panel sobre a táboa periódica e, finalmente, incluila na Galipedia.
Dentro duns días presentaremos todo o noso traballo ao resto dos compañeiros.
De momento podedes ir abrindo boca…

 

OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

En ciencias naturais estamos traballando a electricidade e o magnetismo e coma estamos seguras que o mellor xeito de aprender é aprender facendo pois puxémonos mans a obra.
Primeiro, cada parella preparou o tema teórico. Usamos a rede para facelo.
Coa información teórica lista chegou o momento de pasar a práctica e dedicimos unir o proxecto de naturais co de sociais así que fixemos xogos electrónicos para repasar a materia que imos traballar. Foron días intensos buscando ideas, deseñando o proxecto, facendo as maquetas, cableado… pero, despois de moito traballo e algunhas frustacións conseguimos sacar adiante as nosas maquetas.

 

En sexto A tamén fixeron xogos electrónicos pero eles fixeron maquetas relacionadas co proxecto de Facendo visibles a invisibles e ademais tiveron a sorte de ter un axudante de luxo, o pai de Alba Iriarte que se prestou a acompañarnos e guiarnos durante todo o proceso.

CHEGOU O DÍA: ENTREVISTAMOS A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Despois de ler máis dun mes traballando no proxecto “Facendo visibles ás invisibles” chegou o gran día, entrevistamos a Ana María González Noya.
Concertamos unha cita para facer unha videoconferencia. Ao principio tivemos algúns problemiñas porque marchou a luz e non puidemos comezar á hora acordada.
Cada vez estabamos máis nervosos. As representantes de cada grupo ensaiaron unha e outra vez as preguntas ata que chegou o gran momento.
Temos que dicir que Ana María foi moi amable, contestou a todas as nosas preguntas e, ademais, presentounos a Rosa Pedrido, a súa compañeira de departamento.
Foi un pracer charlar con elas e estamos seguros que non será o único contacto que teñamos.

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA MARÍA E ROSA POLA VOSA ATENCIÓN, UN VERDADEIRO PRACER CHARLAR CONVOSCO.

 

FACENDO VISIBLES AS INVISIBLES 4

A semana pasada ultimamos detalles para levar a cabo a entrevista a Ana María González Noya. Os equipos encargáronse de facer as preguntas e despois de facer unha posta en común escollemos ás que máis nos gustaron. Despois preparamos unha entradilla e a despedida.

ENTREVISTA A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Presentación:

Bos días Ana María:
Somos… en representación dos 30 alumn@s de sexto que estamos levando a cabo este proxecto.
Despois de poder contactar con vostede é un honor poder tela cara a cara para poder facer esta entrevista que tanto esperamos. Tamén queremos darlle as grazas por facernos un oco na súa apreta axenda.
No noso centro temos un proxecto sobre a física e a química. As profes dixéronnos que escolleramos unha científica galega e nos escollemola porque:

– buscabamos unha muller galega que fose especialista en ciencia e xénero
– debía ser alguén relacionado co campo da química ou da física
– e ademais debíamos ter en conta que este ano é o 150 aniversario da táboa periódica.
E cremos que vostede é a persoa máis axeitada.
Sen máis, se vostede nos da permiso podemos comezar.

1. Cando naceches e onde?

2. Houbo algún antecedente familiar que se adicase á química?

3. Tiveches apoio da túa familia á hora de escoller unha carreira de ciencias?

4. Sendo docente e investigadora, podes compaxinar a túa vida laboral coa familiar?

5. Cantos horas lle adicas ao teu traballo diariamente?

6. Algunha vez te menospreciaron polo feito de ser muller?

7. Cantas mulleres érades na carreira?

8. Alguén che dixo que elexiras outra carreira polo feito de ser muller?

9. Estas dacordo coa pariedade?

10. Que debe facer a escola para que as rapazas sigan a súa vocación sen ter en conta o sesgo de xénero?

11. Dende a perspectiva de xénero onde percibiches maiores diferenzas, en Galicia ou Londres?

12. Que che impulsou a involucrarse nun proxecto de ciencia e xénero?

13. Que te move para crear material didáctico?

14. Que proxectos tes en mente para o futuro?

15. Cal foi o maior desafío científico ao que te afrontaches?

16. Tes algunha actividade en mente para celebrar o 150 aniversario da táboa periódica?

17. Que lle parece que uns estudantes de educación primaria esteamos a facer un proxecto sobre muller e ciencia?

DESPEDIDA:
Agora que xa temos algo máis de información sobre vostede gustaríamos poder usala para diferentes actividades, entre elas queriamos facerlle un artigo na Galipedia se nos da o seu permiso (esperar a resposta), tamén, se non lle importa, gustaríamos seguir en contacto con vostede para completar a información e para darlle conta das actividades que vaiamos levando a cabo. Grazas pola súa atención, esperamos que este non sexa o último contacto que teñamos con vostede.
ABURIÑO

TALLERES PARA O DÍA DA MULLER

Os alumn@s de sexto fomos os encargados de levar a cabo as actividades para conmemorar o Día da Muller.
Fixemos talleres dende Infantil ata 4º de primaria, adaptados a idade dos nen@s e nos que participamos todos os equipos que temos para o proxecto “Facendo visibles as invisibles”.
A preparación dos talleres foi express porque nos pillou en medio do entroido e do noso propio proxecto de aula, inda así, unha vez máis temos que darvos a noraboa a todos porque o fixéstedes xenial.

NON PODEMOS ESTAR MÁIS ORGULLOSAS!!!

 

SEMANA DA CIENCIA

Dentro do desenvolvemento do PDI “Física e Química que estamos levando a cabo este ano e coordinado pola biblioteca, esta semana tivemos unhas xornadas de ciencia en vivo no cole da man da organización cienciaenmovimiento.
Houbo talleres e actividades para os alumnos dende terceiro ata sexto.
Aquí vos deixamos un resumo das actividades para que vexades coma nos foi.

 

E aquí vos deixamos un pouco máis

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 3

Despois de varias semanas vendo o papel da muller na ciencia, tocou poñernos mans a obra e adicarnos xa de cheo a científica que imos traballar este trimestre. Escollemos a Ana María González Noya, especialista en bioquímica e catedrática da USC. Ten varias publicacións entre a que destacamos a Guía dos Elementos Químicos en galego.
O venres vimos unha entrevista dela, ao rematar cada equipo elaborou, por unha banda, o mail para pornos en contacto, por outra, as posibles preguntas.

 

Despois de ver o traballo de cada equipo fixemos unha posta en común e escollemos que partes debían formar o mail definitivo. Finalmente,un membro de cada equipo foi o encargado de escribir o mail que lle enviamos:

Exma. Sra Ana María González Noya:
Somos as aulas de sexto do CEIP REBOREDA, en Redondela, Pontevedra.
Referímonos a vostede para pedirlle humildemente unha entrevista da súa vida profesional xa que este ano estamos traballando un proxecto adicado a “Física e a Química”.
Neste trimestre en concreto estamos a desenvolver un proxecto chamado “Facendo visibles ás invisibles” isto trátase de, coma ben di o nome, visibilizar ás mulleres que sendo tan importantes coma os homes non están presentes nas aulas da educación primaria.
Elexímola a vostede porque sabemos que traballa na Facultade de Química en Santiago e buscando referentes atopamos que elabora material relacionado coa didáctica da química achegándoa aos alumn@s e ademais faino aplicando a igualdade de xénero.
Se este correo chega ata as súas mans e nos responde utilizaríamos a información para distintos proxectos. O noso obxectivo é coñecer as súas investigacións no mundo da química e dar visibilidade ao traballo feminino neste campo.
Na rede non hai moita información sobre vostede
Para levar a cabo esta entrevista pensamos en facelo mediante videoconferencia pero estamos abertos a outras opcións.
Sería todo un honor que nos respondese.
Grazas pola súa atención xa que somos conscientes de que é unha muller ocupada.
Agardamos a súa resposta.Un saúdo

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL

Volvemos!!! Un curso máis poñemos en marcha o noso canal de experimentos pero este ano temos unha novidade, non imos facer experimentos químicos coma o curso pasado, este ano imos adicarnos a física. Este é unha modalidade coa que se experimenta menos pero que é, igualmente, moi interesante. Cada semana un dos nosos equipos enfrontarase a un reto físico, comezan María e Iago facendo unha torre de garfos.

 

E rematamos coas TOMAS FALSAS