AS CÉLULAS DO SANGUE
O xoves tivemos unha convidada moi especial, a nai de Martiño veu falarnos sobre as células do sangue.
Ademais trouxo un microscopio para que puideramos observar as células.
Foi super interesante!
MOITÍSIMAS GRAZAS A CONCHI
Rematamos o tema con este vídeo de «Erase unha vez la vida» para de afianzar conceptos e repasar algunhas das cousas que vimos con Conchi.
AS CÉLULAS DA CEBOLA
Seguimos traballando sobre a célula.
Nesta ocasión imos ver as células da cebola cun microscopio. Iso require seguir unha serie de normas para que a nosa mostra sexa válida e poidamos vela ben
Lemos entre todos as instruccións e cada equipo prepara a súa mostra.
Despois imos vendo as células no microscopio.
ENTENDENDO A CÉLULA
Non hai mellor xeito de aprender que facelo de xeito prático.
Sabedes as partes que ten unha célula?
Antón volo explica:
DÍA DA MULLER: REDONDELA TEN NOME DE MULLER
O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller.
Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres.
Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra.
Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de «Facendo visibles ás invisibles» tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical…
O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas. Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.
Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades.
Un pracer compartir ese rato convosco
TALLERES PARA O DÍA DA MULLER
Os alumn@s de sexto fomos os encargados de levar a cabo as actividades para conmemorar o Día da Muller.
Fixemos talleres dende Infantil ata 4º de primaria, adaptados a idade dos nen@s e nos que participamos todos os equipos que temos para o proxecto «Facendo visibles as invisibles».
A preparación dos talleres foi express porque nos pillou en medio do entroido e do noso propio proxecto de aula, inda así, unha vez máis temos que darvos a noraboa a todos porque o fixéstedes xenial.
NON PODEMOS ESTAR MÁIS ORGULLOSAS!!!
CIRCUITOS ELÉCTRICOS
UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA: AS CURUXAS
A aula das Curuxas tamén fixo unha chea de experimentos e así nolos ensinarons:
COMO MOLAN OS VENRES 2º TRIMESTRE
Comezamos trimestre con ideas renovadas, novos proxectos e propósitos pero tamén continuamos con aquelas cousas que funcionan e, ademais nos gustan. E que mellor xeito de facelo que coas nosas actividades dos venres?
GALICIENCIA
Un ano máis xa está aquí unha nova edición de GALICIENCIA.
Que rapazada, animánosmos?
OS ALQUIMISTAS EN ACCIÓN
Hoxe imos deixarvos o primeiro vídeo onde podedes ver aos meus alquimistas en acción, xogando nos diferentes recunchos que temos na aula.