BAÑO SONORO

pequesreboreda

O pasado día 13 o centro fixo unha xornada de portas abertas e os alumnos de sexto B fomos os encargados do Baño Sonoro cos que lles demos a benvida ao noso centro as novas familias.
Guiados pola profe Isa e despois de moito traballo previo aquí tedes o resultado.
Mirade que pasada!!!

 

marzo 6, 2019 | Leave a comment  

PRIMEIRA LECTURA SILENCIOSA DO CURSO

pequesreboreda

Este ano, coma xa falamos, a biblioteca Municipal cumple 50 anos e dende o cole de Reboreda quixemos sumarmos a celebración facendo a primeira lectura silenciosa do curso diante da mesma, acompañados polos bibliotecarios e polas familias.
Ao rematar fixemos unha doación mutua de libros de biblioteca a biblioteca.
Foi un día moi especial. Aquí vos deixamos algunhas fotos para ir abrindo boca.

 

octubre 9, 2018 | Leave a comment  

SAMBA, UN CAN TERAPÉUTICO

pequesreboreda

O outro día o alumnado de educación infantil recibiu a visita de Samba, un can que usan para facer terapia en Aldeas Infantís.

abril 19, 2018 | Leave a comment  

A PRAIA DE CESANTES VISTA POLOS EQUIPOS

pequesreboreda

Rematamos o trimestre presentando de xeito oral todo o traballo compilado durante estes meses sobre a praia de Cesantes.
Noraboa a todos os equipos porque traballástedes arreo e os vosos traballos e presentacións son moi boas.
E para que todos o comprobedes aquí tedes as exposicións dos equipos RSVX e o equipo «Callate la boca».

abril 5, 2018 | Leave a comment  

UN NOVO TESOURO DE CESANTES: OS MOLUSCOS

pequesreboreda

Rematamos a semana pasada coa visita de Susana, a nai de Brais, que é patóloga de moluscos.
Foi unha visita moi interesante onde aprendemos unha chea de cousas sobre a fauna de Cesantes. Escoitamos e tamén tocamos, experimentamos, miramos polo microscopio…
Susana veu cargada de cousas para que lle puidesemos sacar o máximo partido a súa visita.
Foi xenial e soubonos a pouco.
Ademais, Susana agasallounos con libretas, lapices, gomas… do seu traballo. Quedamos encantados.

MOITÍSIMAS GRAZAS A BRAIS POR PROPOÑER A SÚA NAI COMA EXPERTA E A SUSANA POR ACEPTAR A INVITACIÓN

As visitas desta semana foron xeniais. Sacámoslle moitísimo partido e déronnos a oportunidade de aprender máis sobre a praia dende diferentes puntos de vista.
É un auténtico pracer contar coa vosa axuda no noso día a día. As nosas aulas están abertas para todos. Esperamos máis visitas nos vindeiros proxectos.

abril 4, 2018 | Leave a comment  

COÑECENDO MELLOR AS MULLERES QUE NOS RODEAN

pequesreboreda

Esta semana, aproveitando a celebración do Día da Muller, achegámonos as mulleres que temos máis preto para saber coma foi a súa vida.
Aquí vos deixamos as entrevistas que lles fixeron os alumn@s as súas nais. Poñede ben a orella porque hai datos moi interesantes.
Grazas as nais por participar e noraboa a todos polo traballo.

 

marzo 22, 2018 | Leave a comment  

UN ZOO NA CLASE DOS CHOQUETES

pequesreboreda

Erika e Montse achegáronse á clase dos choquetes para volvernos a todos un pouco toliños, e como por arte de maxia, ou mellor dito… por arte de pincel, convertiron a cada un dos choquetes en divertidos animais, como por exemplo: lobos, raposos, mouchos, leopardos, tigres, tartarugas, volvoretas,… Fixeron unha divertida actividade de “body-paint”, unha maquillaxe corporal moi animalada. Mirade que chulada!!! Parabéns artistas!!!

Xa estamos desexando recibir máis visitas!!!

 

marzo 14, 2018 | Leave a comment  

AS DIVERTIDAS AVENTURAS DE DANIELA

pequesreboreda

Recibimos novo e-mail, nesta ocasión era para Daniela. Nel puidemos ver aqueles recunchos a onde viaxa a nosa choquetiña, nos seus momentos de lecer coa súa familia.

Viaxaron ata a Idade Media, polos castelos de Portugal, fixeron sendeirismo polas rutas das salinas de Ulló, ata déronse un baño nas termas de Outariz en Ourense. Mmmmmm cantas cousas descubrimos coas fotos de Daniela e que ben as explicou.

Parabéns Daniela!!!

Graciñas por compartir con todos nós as túas pequenas aventuras!

 

marzo 12, 2018 | Leave a comment  

A MALETA ROBÓTICA FOI A CASA DE DAVID S

pequesreboreda

A nosa maleta segue visitando casas e volvendo chea de experiencias, risas, pescudas e moito traballo para as familias. Nesta ocasión David reuniu a papá, mamá e Alba, a súa irmán, e viu con este trebello para compartir con todos os Apolos.

junio 12, 2017 | Leave a comment  

O SUPERPODER DO PAI DE MAURO: FLORA E FAUNA DO CUVI

pequesreboreda

Esta semana o noso papá superpoderoso foi Bene, o pai de Mauro. El é mestre no CUVI e convidounos a dar un paseo pola facultade da man de Fabio, Brais e Matías, disfrutando dun entorno natural alucinante cheo de lagunas, de animais que viven na contorna, plantas prehistóricas, píntegas que perden a cola cando están en perigo ou edificios que voan.
Foi unha xornada fantástica e aínda que Bene tivo que marchar a dar clase, nos aproveitamos a visita ao máximo e pasámolo xenial.
MOITAS GRAZAS A BENE POR ENSINARNOS O SEU SUPERPODER!!! ESTAMOS ENCANTADOS!!!

junio 9, 2017 | Leave a comment  

Next Page →