CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

Un ano máis e seguindo a tradición celebramos o día da árbore.
Este ano tocounos ir a Ventosela. Plantamos castiñeiros e logo fomos a zona da cultural a merendar e xogar.
AQUÍ TEDES UN RESUMO

 

DÍA DA ÁRBORE

Un ano máis celebramos o día da árbore en colaboración coas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela. Un día en contacto coa natureza, xogando, plantando e disfrutando do aire libre.

PERO ADEMAIS ESTE ANO…

 RECUPERAMOS OS ECOSISTEMAS AUTÓCTONOS EN COLABORACIÓN COA COMUNIDADE DE MONTES: este ano ademais de pasar un día no Monte e aproveitando o tema de Voz Natura deste curso fixemos unha repoboación de coellos no Monte de Chan da Costa, en Reboreda. Os coellos sufriron a peste e esta acabou con eles. Ao faltar os coellos todo o ecosistema se deteriora porque os raposos non teñen que comer, o chan perde nutrientes da defecación dos coellos… Para poder axudar a que este ecosistema non desapareza a comunidade de Montes soltou no monte 200 coellos. Para poder soltalos os coellos trouxéronse das Illas Ons, onde se da o coello autóctono. Estes coellos críanse en granxas cinexéticas e cando teñen, máis ou menos, seis meses sóltanse no monte nun biotopo. Isto é unha madrigueira artificial feita con elementos naturais do monte nun recinto pechado.

O DÍA DO MONTE

Un ano máis celebramos a festa do cole indo a pasar un día en contacto co medioambiente. Este actividade levámola a cabo xunto coas Comunidades de Montes de Ventosela e Reboreda e tamén coa colaboración da ANPA. Comezamos a xornada cunha andaina ata o monte todos xuntos e coa supervisión de Protección Civil.

Unha vez no monte cada aula pranta unha árbore, facemos entrega dos premios “Arte libre, nun monte limpo”, concurso no que os nen@s fan debuxos sobre a día do monte e que logo se colgan para que todo o mundo os poida disfrutar.

Ao rematar, xornada de xogos populares e merenda para repoñer forzas.

Todos o pasamos xenial. Aquí tedes un resumo de coma o viviron as diferentes aulas.

OS APOLOS (3 ANOS B)

OS SAPIENS (5 ANOS)

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free slideshow

O MANANTIAL (4ºA)
DIA DO MONTE

HORTAS ECOLÓXICAS NA NOSA CONTORNA

Fonte:TVG
Un obradoiro de agricultura ensina a quince persoas a crear dende cero unha horta ecolóxica.

O único requisito para poder participar neste taller de seis meses en Redondela foi estar en paro.

Agora, para moitos destes recentes agricultores o campo pode converterse nunha opción laboral.

Os xardíns labirínticos do pazo de Pousadouro de Reboreda acaban de reconverterse nunha horta ecolóxica.

Estaban descoidados por falta de mantemento ata que hai seis meses comezou neles un taller de agricultura ecolóxica onde quince homes e mulleres que ata entón estaban no paro aprenderon o oficio de agricultor dos anos corenta, o de antes de que os produtos químicos entrasen nos hábitos do campo galego.

“Está o tema do autoconsumo pero tamén o asunto da produción, non a grande escala senón mediana para asumir grupos de consumo ou distribución en ámbitos locais. Hai persoas que viñeron por aquí, que producen ecolóxico, e que lle demandan máis produtos dos que temos. Digamos que isto ten tirón”

Ademais de obter un certificado de formación, aquí aprenden a fuxir de fertilizantes e insecticidas, como fan xa moitos agricultores profesionais e como demandan os consumidores de produtos naturais e sans.

“fun intentando saír da liña do cultivo tradicional ata que chegou isto, e coincidiu coa crise e que fun para o paro, eu traballaba na industria da automoción, e saíume esta opción e non o dubidei”.

“Á parte de que me atraía era unha vía que miraba como para ser autosuficiente eu e poder traballar nisto e non volver traballar para ninguén. Poder vender os meus propios produtos en si creo que é unha vía”.

Porque está en auxe o mercado a pequena escala no que se distribúen os produtos de temporada aos veciños, aos da zona, moitos dos novos agricultores que participaron neste taller ven viable crear a súa pequena empresa nun futuro non moi afastado.

HORTA

Coma o pazo queda moi preto da nosa escola estamos mediando para poder ir visitala e que nos den algúns consellos para a nosa escola.

LIBROS SOLIDARIOS

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela. A campaña comezará o venres 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias.

“Libros solidarios” é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.
A iniciativa está aberta a calquera cidadán que queira colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.
Fonte:  Radio Redondela

Nós tamén nos unimos a esta campaña e hoxe fomos a intercambiar alimentos por libros. Ainda quedan libros polo que a campaña vai durar ata o fin das existencias.
Unha vez, máis grazas familias pola vosa colaboración!
LIBROSSOLIDARIOS

DIA DA ÁRBORE POLOS SAPIENS

Antes de marchar de vacacións de semana santa no cole, como un ano máis, xunto coas comunidades de montes e a ANPA todos os peques do cole celebramos o día da árbore, no monte “Chan da Costa”.

Nesta ocasión, os sapiens, prantamos unha ameixeira, Nerea Lorenzo recibíu un premio polo seu debuxo para o 2º concurso de “Arte libre nun monte limpo”, merendamos uns deliciosos bocatas e ricas mazás e logo, como remate final, xogos sen fin.

DIA DA ARBORE 2014

monte14Este pasado venres celebramos unha vez máis o Día da Árbore, coa colaboración das comunidades de montes de Ventosela e Reboreda e da ANPA, con dúas actividades diferentes.

Como todos os anos fixemos unha plantación de carballos, piñeiros e tamén de árbores froiteiras no lugar coñecido como Chan da Costa.

Ademais, por segundo ano consecutivo, un tramo da Senda da Auga convertiuse nunha pinacoteca ao aire libre con 300 debuxos, pequenas obras de arte que fixemos para participar no concurso organizado polas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela baixo o nome “A arte libre nun monte limpo”.

Estamos de noraboa xa que María foi a gañadora do primeiro premio do Segundo Ciclo e recibiu un estupendo lote de libros.

Ao longo da mañán tamén participamos en diferentes xogos tradicionais como a chave, a corda ou o pano.

Foi unha xornada para gozar da natureza!

CLICADE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

APRENDEMOS A RECICLAR

Hoxe viñeron Fran e Francisco de Sogama a ensinarnos a REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. Aprendemos a poñer material no contedor axeitado e nos deron dous agasallos a cada un.

Para rematar vimos este interesante vídeo de reciclaxe.

2ª SEMANA DA FROITA

A semana pasada na escola volveuse a celebrar a semana da froita, polo que cada día da semana os pequenos sapiens poideron degustar diferentes froitas desta tempada, como por exemplo: albaricoque, plátano, melón, sandía e mazá. Ao principio a algún costáballe un pouco probar froitas diferentes pero pouco a pouco, ao longo da semana, foron probando e saboreando os sabores refresacantes das froitas desta tempada.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design

OS COCORICOS TAMÉN COMERON MOI BEN A FROITA. AQUÍ OS TEDES.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free digital slideshow

SAÍDAS POLO NOSO ENTORNO

Estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.

Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro. O curso completo para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas deberán pagar 3 euros por persoa e saída.

A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.

A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación…. e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de ferrocarril construidas en tres séculos diferentes.

Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender e sobretodo se adquiren ferramentas para poder mirar o noso entorno con ollos diferentes.

Animádevos a vir en familia!

Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar ó Centro Social a Miñoteira
ao teléfono 986 404682.

Aquí vos deixo unha pequena mostra das dúas primeiras sesións.

ENTOSELO