OS NOSOS MEDOS

No CEIP Reboreda celebramos o Samaín cun festival de curtas de medo feitas polo noso alumnado pero, ademais, os profes montamos esta curta con medos de todos os alumn@s do cole.

Mirade, mirade!!!

 

 

DÍA DOS XOGOS 2019

Un ano máis aproveitamos a Semana das Letras para celebrar o día dos Xogos Solidarios.
Os alumn@s de sexto fomos os encargados de organizar xogos para os nosos compañeiros.
Na aula escollemos varios xogos, uns con máis éxito ca outros pero, inda así, foi unha xornada extraordinaria de convivencia xogando con compañeiros de todas as idades.
Aquí tedes un resumo!!!

 

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

Un ano máis e seguindo a tradición celebramos o día da árbore.
Este ano tocounos ir a Ventosela. Plantamos castiñeiros e logo fomos a zona da cultural a merendar e xogar.
AQUÍ TEDES UN RESUMO

 

DÍA DA MULLER: REDONDELA TEN NOME DE MULLER

O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller.
Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres.
Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra.
Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de “Facendo visibles ás invisibles” tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical…

O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas. Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.

Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades.
Un pracer compartir ese rato convosco

 

DÍA DA PAZ

O pasado mércores día 30 todos os centros celebramos o Día da Paz. Este ano os alumn@s de sexto fomos os encargados de facer o manifesto e logo, todos xuntos, cantamos a canción seleccionada para esta celebración. Este ano cada curso encargábase de interpretar unha estrofa, nos escollemos facela en lingua de signos.

 

ESCAPE ROOM PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Este ano o noso samaín foi diferente.
Comezamos o encerro vendo un vídeo que parecía inofensivo.

Non sabemos moi ben coma acabamos pechados na biblioteca e o único xeito de poder saír era ir superando probas e descifrando as pistas que nos levaban a onde estaba agochada a chave.
Para iso cada equipo contaba cunha mochila onde tiña un kit básico para superar as probas no que había lapiz, bolígrafo, tesoura, pegamento, unha lanterna, un folio e a primeira pista gardada nun sobre.
As probas estaban relaciondas coas cousas vistas na aula, neste caso, co proxecto de Verne e con contidos da área de matemáticas.

Cos pelos de punta comezamos a buscar a saída pero, pouco a pouco, as luces da biblioteca fóronse apagando ata que quedamos a escuras e so podíamos ver con axuda das nosas lanternas.

Inda así, con paciencia, confianza e, sobre todo, traballo en equipo, conseguimos saír da biblio e o equipo gañador levou 30 puntos no class dojo.
https://youtu.be/dppDuGbyGw8

UN MAGOSTO DE MEDO NO NOSO COLE

Este ano xuntamos as dúas celebracións nunha, magosto-samaín. Despois de estar toda a semana celebrando o samaín, decorando os corredores, vendo pelis de medo, escoitando historias terroríficas, decorando as nosas caras con maquillaxes terroríficas,… o venres tocounos disfrar de monstros e bruxas e para rematar comemos castañas asadas que gardamos nuns cestiños moi apropiados para a celebración.

 

RADIO REDONDELA

Os alumnos de 5º e 6º de primaria participan na lectura colectiva de 20.000 leguas de viaxe submarino que se está levando a cabo en Radio Redondela. Pasámolo moi ben e os lectores fixérono xenial.

IMOS A PRAIA DE CESANTES NO CHOCOCHU

Xa vos contamos o outro día coma celebramos o Día da biblioteca este ano no cole de Reboreda. Pero a cousa non quedou aí.
Ao día seguinte 4º, 5º e 6º visitamos a praia de Cesantes no Chocochu para facer unha lectura colectiva dos libros de Verne acompañados polos ollos do capitán Nemo. 1, 2º e 3º fixeron a mesma actividade o venres.
Pero, os alumnos de sexto aproveitamos a visita a praia para axudar ao capitán Nemo a resolver un misterio e traballar todos xuntos resolvendo un reto. Tratábase dunha pequena xincana onde afrontamos un par de probas que lle brindaron un bos puntos aos gañadores no Class Dojo.
Ademais visitamos a Nemo e fixemos a lectura colectiva.
Pasámolo moi ben pero, o mellor de todo, foi viaxar no Chocochu.
Mirade, mirade!!!

 

VERNE INVADE O NOSO COLE NO DÍA DA BIBLIOTECA

Este ano sexto B foi o encargado de festexar o Día da Biblioteca.
Aproveitamos esta data para comezar o noso traballo ao redor de Verne. Investigamos na rede e, por equipos, preparamos unha presentación breve para explicarlle ao resto dos nosos compañeiros do cole quen era este escritor.
Con todo listo, cada equipo encargouse de pasar por 3 clases e alí facer unha presentación oral das súas pescudas e fixérono realmente ben!!!
Aquí tedes un resumo da presentación dos distintos equipos.

BRAVO RAPACES!

E aquí tedes os preparativos e a visita polas aulas.