CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

Un ano máis e seguindo a tradición celebramos o día da árbore.
Este ano tocounos ir a Ventosela. Plantamos castiñeiros e logo fomos a zona da cultural a merendar e xogar.
AQUÍ TEDES UN RESUMO

 

RADIO REDONDELA

Os alumnos de 5º e 6º de primaria participan na lectura colectiva de 20.000 leguas de viaxe submarino que se está levando a cabo en Radio Redondela. Pasámolo moi ben e os lectores fixérono xenial.

IMOS A PRAIA DE CESANTES NO CHOCOCHU

Xa vos contamos o outro día coma celebramos o Día da biblioteca este ano no cole de Reboreda. Pero a cousa non quedou aí.
Ao día seguinte 4º, 5º e 6º visitamos a praia de Cesantes no Chocochu para facer unha lectura colectiva dos libros de Verne acompañados polos ollos do capitán Nemo. 1, 2º e 3º fixeron a mesma actividade o venres.
Pero, os alumnos de sexto aproveitamos a visita a praia para axudar ao capitán Nemo a resolver un misterio e traballar todos xuntos resolvendo un reto. Tratábase dunha pequena xincana onde afrontamos un par de probas que lle brindaron un bos puntos aos gañadores no Class Dojo.
Ademais visitamos a Nemo e fixemos a lectura colectiva.
Pasámolo moi ben pero, o mellor de todo, foi viaxar no Chocochu.
Mirade, mirade!!!

 

E, FINALMENTE, CONSEGUIMOS VISITAR A PRAIA DE CESANTES

Despois dun mes buscando un día sen chuvia para poder ir a praia e poder comprobar “in situ” todo o traballado na aula, por fin chegou o día. A chuvia deunos unha tregua e aproveitamos para ir a Cesantes.
Fixemos a visita acompañados por Marcelo de Faia, Educación Medioambiental.
Comezamo a visita no porto e, andando pola praia, fomos observando, falando e aprendendo máis cousas sobre as algas e a súa importancia no ecosistema, os moluscos, as aves, algúns animais mariños coma as babosas de mar, a composición da area, as dunas…
Foi unha visita moi instructiva!!!

CESANTES DA MAN DE SERAFÍN

Seguimos co noso proxecto sobre a praia de Cesantes. A semana pasada as nosas pescudas enriquecéronse con diversas visitas.
Comezamos a semana recibindo a Serafín, o avó de Iago, que veu contarnos coma as veciñas de Cesantes conseguiron parar a construción dun ostreiro nos anos 50 coa unión e a loita.
Serafín contounos unha chea de cousas interesantes. Foi un auténtico pracer recibir a súa visita.

MOITAS GRAZAS A IAGO POR CONVENCELO E A SERAFÍN POR ACOMPAÑARNOS!!!

 

CESANTES: UN TESOURO POR DESCUBRIR, PRIMEIROS CONVIDADOS

Seguimos traballando co noso proxecto sobre a praia. Hoxe tivemos unha convidada moi especial: a profe Luisa.
Resulta que a profe foi mariscadora antes de ser mestra e, aproveitando que a temos tan preto, tivemos unha charla con ela para que nos contase a súas vivencias.
Pegade ben a ourella porque sabedes que Luisa sempre fala moi baixiño!!

 

O EQUINOCCIO DE OUTONO

Este curso estamos costando coller o ritmo de publicación por todas as cousas que están acontecendo ao noso redor: incendios, visita a Galiciencia, charlas, celebracións… Pero a ver se desta volta arrancamos e empezamos a poder contarvos de xeito asíduo todo o que estamos facendo na aula.

Comezando rescatando a nosa entrada no outono.

Naiara de 5º B é a encargada de contarvos que foi o que fixemos:

Na nosa clase celebramos o equinocio de outono, que consiste no cambio de estación no día en que o día e a noite duran o mesmo.
Os Celtas organizámonos con funcións e tarefas para facer a decoración da festa. Tamén había equipos que se encargaban da alimentación, do ritual e da información.
A festa podíase mellorar distribuindo mellor a comida, explicando mellor a teoría e moderando o volume.
O bo foi que puidemos probar bastantes alimentos coma granada ou as noces garrapiñadas.
Gustaríame celebrar máis festas pero melloraría tentando falar  máis baixo e organizándonos mellor sobre todo no reparto de tarefas.

ASÍ VIVÍU MARÍA OS INCENDIOS

A nosa compañeira María vivíu a xornada do domingo con moito medo porque o lume achegouse a súa casa. Pasado o susto, o martes, cando volveu a clase, compartíu connosco as fotos e vídeos que fixo o seu pai. Contounos cales foron as súas vivenzas e sentimentos e, neste momento, máis ca nunca, queremos compartilas con todos vos.

INICIAMOS NUN DÍA NEGRO

Retomamos as nosas entradas no blog enfadados, preocupados, doídos e sen dar crédito aos lumes que nos asolaron onte e que seguen rodeando neste momento a nosa escola.
Unha vez máis o sinsentido dos incendios pon a nosa vila no centro do lume. Temos alumn@s desaxolados, familias desesperadas e unha pérdida de patrimonio natural difícil de recuperar.
Onte foi unha odisea apagar os lumes: a seca, a falta de auga nas traídas comunais e nos pozos particulares, a falta de medios e a acción do vento foron un caldo de cultivo perfecto para un incendio coma non se recorda.
Hoxe coa cinza espallada pola ambiente, un cheiro a fume que afoga as nosas forxas, unha rabia e impotencia total pedimos e clamamos medidas urxentes para que isto non volva a pasar, depurar responsabilidades e dotar de medios as brigadas para que o lume non volva deixarnos un futuro negro e desolador.

DIA MUNDIAL DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Hoxe celebramos o día mundial da educación medioambiental facendo reconto das actividades que estamos a levar a cabo: salvar a fervenza de Reboreda, o proxecto de robótica e enerxía solar que están levando a cabo infantil e 5º de primaria, as charlas informativas de amigos e asociacións do entorno falando da avespa asiática, salvar os nosos setos do verme invasor que os atacou a primavera pasada cun gran éxito, salvar a laranxeira que comezou o curso case sen vida e agora está chea de laranxas delicosas das que disfrutamos no recreo, día do monte xunto coas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela, participación nos talleres medioambientais do concello, compostaxe…

En fin, unha chea de actividades que fan que estemos orgullosos da nosa contribución para que o mundo sexa un lugar mellor.
E rematamos compartindo o vídeo de coma esta semana aproveitando pneumáticos reciclados que nos deu unha das nais aumentamos o tamaño da horta de infantil