Author Archives: pequesreboreda

OS NOSOS MEDOS

No CEIP Reboreda celebramos o Samaín cun festival de curtas de medo feitas polo noso alumnado pero, ademais, os profes montamos esta curta con medos de todos os alumn@s do cole.

Mirade, mirade!!!

 

 

Volvemos a horta

Xa estamos a pleno rendimiento.
Despois de ir a Cesantes, tocou retomar o traballo na Horta.

ARRANCAMOS!!!

Este ano custounos un pouco arrincar porque o cole está cheo de novidades que xa vos iremos contando aos poucos e poñer en marcha todos eses cambios custounos máis do que pensabamos.
Pero xa estamos listos para comezar as nosas fazañas medioambientais e nun curso coma este onde queremos acabar co plástico dos nosos océanos que mellor xeito que comezar facendo unha limpeza na praia onde os nosos alumn@s van pasar os días de verán?
Contactamos co colectivo Alecrín para levar a cabo unha limpeza guiada e o máis produtiva posible e non podiamos ter feito mellor elección. Ana, a nosa monitora contounos unha chea de cousas sobre a praia de Cesantes, a súa biodiversidade e coma o vento dispón os residuos da praia nun lugar ou noutro segundo sopre.
Tamén comprobamos o deterioro sobre a duna e coma as nosas acción teñen un impacto directo no medio.
Logo organizámonos en equipos e comezamos a recollida nas algas acumuladas na beira. Ao principio parecía que a praia estaba bastante limpa pero en canto empezamos a separar algas atopamos de todo.
Foi unha maña moi produtiva.
Ao rematar, sentámonos para analizar os nosos achados e sacar conclusións en equipo.

E isto é so o inicio.

Seguide atentos porque este ano imos plantar batalla ao cambio climático!

 

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: PRENDER UN MISTO CUNHA PILA

Alba S e Lucía nos ensinan coma prender un misto sen necesidade de usar un encendedor.
Atentos!

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: O EFECTO DOMINÓ

Nova entrega do noso canal.
Sabedes que é o efecto dominó?
Naiara e Noa volo explican.

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: O GLOBO

Nova entrega do noso canal.
Esta semana Xoel e Paula fixeron unha experiencia casi incrible.
Parece maxia!!!, pero é física!
Atentos!

AS MÁQUINAS SIMPLES

Os alumn@s de sexto levamos semanas aprendendo unha chea de cousas sobre as máquinas.

 

Chegou á hora de compartir convosco todo o que sabemos.

DÍA DOS XOGOS 2019

Un ano máis aproveitamos a Semana das Letras para celebrar o día dos Xogos Solidarios.
Os alumn@s de sexto fomos os encargados de organizar xogos para os nosos compañeiros.
Na aula escollemos varios xogos, uns con máis éxito ca outros pero, inda así, foi unha xornada extraordinaria de convivencia xogando con compañeiros de todas as idades.
Aquí tedes un resumo!!!

 

CANAL DE EXPERIMENTOS: CANTO PESO PODEN SOPORTAR OS OVOS?

María e Rebe son as protagonistas deste novo vídeo onde nos contan e amosan unha chea de cousas moi, moi interesantes sobre os ovos.
Non perdades detalle.

 

ASÍ FOI A NOSA PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA

Un ano máis os alumnos de sexto participaron e visitaron Galiciencia.
Nesta ocasión presentamos 5 stands moi interesantes e cunha gran acollida na Feira.
Alba P e Alba S amosaron coma ver o ADN dos amorodos.
Vero e Soraya nos amosaron un tubo dixestivo.
Sergio e Rebeca criaron bacterias.
Paula e David nos ensinaron canto azucre consumimos sen ser conscientes.
Naiara e María fixeron un microscopio caseiro para poder observar a saliva.