AGROEXPERIMENTOS

Este curso imos facer da nosa horta un laboratorio de experimentación onde levar a cabo algunhas das ideas que imos recollendo dos contactos que estamos establecendo coas asociacións do noso redor. Iremos dando aquí conta destas experiencias para que tamén poidades levalas a cabo os que nos seguides.

TOMATES DEREITIÑOS!!

Coma en anos anteriores a volta de entroido plantamos tomates na aula. Para iso collemos tomates de diferentes especies: cherry, canarios, tomacos…, partímolos a metade e poñémolos en terra nun lugar cálido da aula. Pasados uns días os tomates comezan a nacer e cando as plantas xa teñen un bo tamaño transplantámolas á horta. Pero, en anos anteriores, ao poñer os tomates estes quedaban caídos e moitos deles morrían porque ao regalos quedaban encharcados.

Como podemos resolver este problema? Pois de xeito sinxelo, usando rollos de papel hixiénico baleiros.

Para iso temos que coller a planta e metela dentro do tubo de papel hixiénico, despois plantamos a raíz, subindo un pouco o tubo. Cando esta ben plantanda, baixamos o tubo e xa nos deixa a planta ben dereita. Fácil, verdade?

CEBOLAS EN BIDÓNS DE AUGA

Coma xa vos contamos os nenos de 4º van prantar patacas en pneumáticos. Esta semana chegaron 24 ao cole dun taller que os ían tirar. Tamén chegou o abono de cabalo para mellorar os nosos cultivos. E mentres os peques imos facer un novo experimento.
Prantar cebolas en bidóns de auga de 5 litros. Atopamos esta experiencia na rede pero cremos que hay demasiadas cebolas. Nos imos probar prantando unhas poucas menos. Durante a mañá teremos os bidóns nas ventás para que collan todo o sol posible e logo gardarémolas na aula. Xa vos contaremos que pasa. Animádevos vos tamén e probade!!!
cebollas

PATACAS EN PNEMÁTICOS

Lembrades cando falamos de prantar as patacas en bidóns?
Na aula de 4º están a levar a cabo un pequeno proxecto sobre as patacas e, investigando, investigando, descubriron que tamén se poden prantar en pneumáticos vellos, o que nos parece aínda máis sinxelo que nos bidóns porque dan máis xeito para traballar, os nen@s poden decoralos por fóra de cores e imos vendo a evolución da pataca máis facilmente.

Neste vídeo explica moi sinxelo o proceso para comezar a prantar en pneumáticos.

Para que a cousa saia ben en primeiro lugar e coma con calquera outro cultivo hai que escoller un espazo axeitado, onde haxa luz solar.
Debemos poñelo sobre unha superficie de terra ou dun material que drene a auga senón haberá que preparar o pneumático.
Antes de prantar debemos usar terra fertil e, por suposto, abono.

Nos imos comezar prantando patacas en vertical e para iso seguiremos o mesmo proceso que no cultivo en bidóns que xa vos comentados fai un tempo. Seguide atentos para ver coma nos vai.

CULTIVO EN VERTICAL: LEITUGAS, AMORODOS E ALLOS

Cando temos unha horta pequena ou queremos rentabilizar ao máximo un espazo podemos facer cultivo en vertical. Hai moitos xeitos de facelo pero nos imos unir a reciclaxe co cultivo.
Estes días enviamos unha nota as familias pedindo tubos de PVC vellos que imos colgar na verxa que temos para delimitar a horta co patio. Cunha radial abrimos unha abertura no tubo de pvc e imos prantando nos buratos. Prantamos cultivos que non precisen de moita terra coma os amorodos, os allos e as leitugas. Estamos en boa época para prantar allos. Se tedes amorodos debedes replantamos porque de cada prantar podedes sacar unha ou dúas novas.
Estes tubos cólganse da verxa e so hai que esperar a que a climatoloxía faga o resto.

vertical

PATACAS EN BIDÓN

Esta é unha boa solución para prantar patacas cando non temos moito espazo. Segundo as indicacións dos nosos amigos do Alcouve de Zacande precisamos:

  1. UN BIDÓN GRANDE, máis ou menos de 100 litros:bidon
  2. TERRA E ABONO
  3. PATACAS GRELADAS PARA SEMENTAR.

PROCEDEMENTO:

1. Debemos aburacar o fondo para que saia o exceso de auga cando reguemos ou chova.

2. Botamos unha base de terra e colocamos catro ou cinco patacas.

3. Botamos abono e tapamos.

4. Cando a prantar da pataca sexa visible temos que volver a cubrila con terra deixando a prantar semicuberta.

PATATAS

5. Cando volvan sobresair repetimos o proceso e así continuamente ata que sobresaian do bidón.

6. Cando saquemos as patacas teremos o bidón cheo (xa vos contaremos se é certo ou non)

PATACASFORA

ANIMÁDEVOS E PROBADE CONNOSCO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *