A HORTA ECOLÓXICA

Este ano o noso proxecto de VOZ NATURA vai arredor da horta escolar. Nos levamos varios anos traballando cos nen@s na horta e neste recuncho imos ir colocando toda a información relacionada coas hortas que vemos de utilidade para desenvolver o noso proxecto deste curso.

E AGORA OS GATOS!!!gato

Este ano temos un novo problema coa nosa horta. Ao redor do cole hai moitas casas e os gatos saltan ao cole porque sempre quedan restos das merendas dos nen@s. En principio isto non debería afectar a horta pero resulta que agora teñen a teima de vir a facer as súas necesidades na horta, sobre todo entre as espinacas. E que se pode facer ante isto?
Coma xa vos contamos anteriormente estamos tentando convivir coas pragas pero isto dos gatos é un problema distinto. Para resolvelo dámosvos unha idea que funciona moi ben, usar bolas de naftalina. Co cheiro os gatos marchan e solucionamos o problema. O maior perigo é que as collan os nen@s así que ténolas camufladas en mondas de mandarina.
Esperamos que vos serva e seguide atentos!!!

COMA COMBATIR OS CARACOIS

Unha das pragas máis molestas e difíciles de combatir de xeito ecolóxica na horta son os caracois. Estes acaban con todos os cultivos. caracol

Despois de investigar moito sobre a cuestión, recollemos algunhas das solucións que se empregan. Tedes que probar porque non sempre funcionan. Aínda que o noso consello é que aprendades a convivir con eles. Un xeito natural de que non coman os cultivos é prantar ao redor do cultivo que queremos acelgas, están medran moi rápido, son brandiñas e aos caracois lles encantan, así que mentres comen as acelgas que prantamos para eles deixan as leitugas ou o que teñades prantado medrar.

Se non outros trucos son:

1. Botar cervexa ao redor dos cultivos. Non lles gusta nada.

2.Poñer tellas para que lles custe avanzar.

3. Poñer peles de laranxa ou pataca ao redor dos cultivos.

4. Poñer sal gorda para que lles seque a baba (é un método bastante cruel)

5. Botar cáscara de ovo ao redor dos cultivos.

Xa nos contaredes coma vos vai!!!

ABONO DE CABALOcaballo

Na nosa escola temos un alumno que ten cabalos na súa casa e este ano a súa familia vainos traer a caca dos cabalos para usar de abono na nosa horta.

Sabedes por que o abono de cabalo é un dos máis valorados? Aquí volo contamos.

_ O esterco de cabalo entra moi facilmente en fermentación, por iso hai que regalo moitas veces para que non se consuma cando está fermentando.

_ É un abono moi rico en celulosa e non en nitrato coma outros, polo tanto, non queima as plantas. Coma mellor funciona e xuntándoo con palla, por exemplo. As bacterías que se forman nesta mestura fan que se cree un fantástico humus orgánico.

_ Vai moi ben nos terreos que son fríos e pegañentos.

_ Descomponse antes que outros abonos.

_ Enriquece o chan con nutrintes e materia orgánica fundamentais para as plantas.

_ Mellora coa súa utilización, sobre todo, a partir do terceiro ano.

_ O mellor e telo tapado cun plástico para que fermente antes de usalo na horta.

_ Podemos usalo para calquera cultivo.

Así que xa sabedes. Se tedes cabalos preto non desaproveitedes a oportunidade.

 A HORTA ESCOLAR

HORTAhorta 2Para ampliar a nosa horta en vertical estivemos buscando asesoramento. Temos algunhas ideas combinando o espazo coa reciclaxe pero buscando información atopamos algúns artigos moi interesantes que nos poden ser de utilidade.

A nosa fonte é: www.nanohuertodelpilar.wordpress.com

huerto-metro-cuadradoAdemais, tamén precisamos saber que sementar en cada momento do ano. Aquí temos unhas breves indicación sacadas de: www.es.paperblog.com

el-huerto-junio-calendario-siembra-L-OSJlfMPara que as prantas vaian arriba precisamos ter en conta a distancia que debe haber entre unhas prantas e outras. Na páxina www.hagaloustedmismo.com, no apartado de horta temos estas indicacións que son de moita utilidade.

distancias

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *