Imatxina Escola

pequesreboreda

A semana pasada participamos nos talleres Imatxina escola onde traballamos matemáticas de xeito lúdico. Tivemos que enfrontarnos a diferentes retos matemáticos e poñer os nosos coñecementos a funcionar. Pasámolo moi ben. Despois de darlle tanta caña ao cerebro tocaba un pouco de descanso e, ainda que xa estamos en sexto, no fondo encántannos seguir sendo nen@s.

 

marzo 25, 2019 | Leave a comment  

DÍA DA MULLER: REDONDELA TEN NOME DE MULLER

pequesreboreda

O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller.
Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres.
Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra.
Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de «Facendo visibles ás invisibles» tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical…

O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas. Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.

Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades.
Un pracer compartir ese rato convosco

 

marzo 22, 2019 | Leave a comment  

A NOVA HORTA ESTÁ LISTA!!!

pequesreboreda

Aproveitamos os meses de inverno para darlle unha volta a horta dos maiores. Sacamos os pneumáticos que agora van quedar para plantar amorodos e aproveitamos para facer bancais e así poder aproveitar ao máximo o espazo do que dispoñemos.
Mentres as obras da horta ían adiante non estivemos parados e comezamos a plantar na aula.

 

marzo 20, 2019 | Leave a comment  

OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

pequesreboreda

En ciencias naturais estamos traballando a electricidade e o magnetismo e coma estamos seguras que o mellor xeito de aprender é aprender facendo pois puxémonos mans a obra.
Primeiro, cada parella preparou o tema teórico. Usamos a rede para facelo.
Coa información teórica lista chegou o momento de pasar a práctica e dedicimos unir o proxecto de naturais co de sociais así que fixemos xogos electrónicos para repasar a materia que imos traballar. Foron días intensos buscando ideas, deseñando o proxecto, facendo as maquetas, cableado… pero, despois de moito traballo e algunhas frustacións conseguimos sacar adiante as nosas maquetas.

 

En sexto A tamén fixeron xogos electrónicos pero eles fixeron maquetas relacionadas co proxecto de Facendo visibles a invisibles e ademais tiveron a sorte de ter un axudante de luxo, o pai de Alba Iriarte que se prestou a acompañarnos e guiarnos durante todo o proceso.

marzo 18, 2019 | Leave a comment  

CHEGOU O DÍA: ENTREVISTAMOS A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

pequesreboreda

Despois de ler máis dun mes traballando no proxecto «Facendo visibles ás invisibles» chegou o gran día, entrevistamos a Ana María González Noya.
Concertamos unha cita para facer unha videoconferencia. Ao principio tivemos algúns problemiñas porque marchou a luz e non puidemos comezar á hora acordada.
Cada vez estabamos máis nervosos. As representantes de cada grupo ensaiaron unha e outra vez as preguntas ata que chegou o gran momento.
Temos que dicir que Ana María foi moi amable, contestou a todas as nosas preguntas e, ademais, presentounos a Rosa Pedrido, a súa compañeira de departamento.
Foi un pracer charlar con elas e estamos seguros que non será o único contacto que teñamos.

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA MARÍA E ROSA POLA VOSA ATENCIÓN, UN VERDADEIRO PRACER CHARLAR CONVOSCO.

 

marzo 14, 2019 | Leave a comment  

FACENDO VISIBLES AS INVISIBLES 4

pequesreboreda

A semana pasada ultimamos detalles para levar a cabo a entrevista a Ana María González Noya. Os equipos encargáronse de facer as preguntas e despois de facer unha posta en común escollemos ás que máis nos gustaron. Despois preparamos unha entradilla e a despedida.

ENTREVISTA A ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA

Presentación:

Bos días Ana María:
Somos… en representación dos 30 alumn@s de sexto que estamos levando a cabo este proxecto.
Despois de poder contactar con vostede é un honor poder tela cara a cara para poder facer esta entrevista que tanto esperamos. Tamén queremos darlle as grazas por facernos un oco na súa apreta axenda.
No noso centro temos un proxecto sobre a física e a química. As profes dixéronnos que escolleramos unha científica galega e nos escollemola porque:

– buscabamos unha muller galega que fose especialista en ciencia e xénero
– debía ser alguén relacionado co campo da química ou da física
– e ademais debíamos ter en conta que este ano é o 150 aniversario da táboa periódica.
E cremos que vostede é a persoa máis axeitada.
Sen máis, se vostede nos da permiso podemos comezar.

1. Cando naceches e onde?

2. Houbo algún antecedente familiar que se adicase á química?

3. Tiveches apoio da túa familia á hora de escoller unha carreira de ciencias?

4. Sendo docente e investigadora, podes compaxinar a túa vida laboral coa familiar?

5. Cantos horas lle adicas ao teu traballo diariamente?

6. Algunha vez te menospreciaron polo feito de ser muller?

7. Cantas mulleres érades na carreira?

8. Alguén che dixo que elexiras outra carreira polo feito de ser muller?

9. Estas dacordo coa pariedade?

10. Que debe facer a escola para que as rapazas sigan a súa vocación sen ter en conta o sesgo de xénero?

11. Dende a perspectiva de xénero onde percibiches maiores diferenzas, en Galicia ou Londres?

12. Que che impulsou a involucrarse nun proxecto de ciencia e xénero?

13. Que te move para crear material didáctico?

14. Que proxectos tes en mente para o futuro?

15. Cal foi o maior desafío científico ao que te afrontaches?

16. Tes algunha actividade en mente para celebrar o 150 aniversario da táboa periódica?

17. Que lle parece que uns estudantes de educación primaria esteamos a facer un proxecto sobre muller e ciencia?

DESPEDIDA:
Agora que xa temos algo máis de información sobre vostede gustaríamos poder usala para diferentes actividades, entre elas queriamos facerlle un artigo na Galipedia se nos da o seu permiso (esperar a resposta), tamén, se non lle importa, gustaríamos seguir en contacto con vostede para completar a información e para darlle conta das actividades que vaiamos levando a cabo. Grazas pola súa atención, esperamos que este non sexa o último contacto que teñamos con vostede.
ABURIÑO

marzo 12, 2019 | Leave a comment  

TALLERES PARA O DÍA DA MULLER

pequesreboreda

Os alumn@s de sexto fomos os encargados de levar a cabo as actividades para conmemorar o Día da Muller.
Fixemos talleres dende Infantil ata 4º de primaria, adaptados a idade dos nen@s e nos que participamos todos os equipos que temos para o proxecto «Facendo visibles as invisibles».
A preparación dos talleres foi express porque nos pillou en medio do entroido e do noso propio proxecto de aula, inda así, unha vez máis temos que darvos a noraboa a todos porque o fixéstedes xenial.

NON PODEMOS ESTAR MÁIS ORGULLOSAS!!!

 

marzo 11, 2019 | Leave a comment  

CANAL DE EXPERIMENTOS: AS POMPAS DE XABÓN

pequesreboreda

Xa temos aquí unha nova entrega dos nosos experimentos.
Mirade cantos cousas nos ensinaron David e Noa.

 

marzo 11, 2019 | Leave a comment  

BAÑO SONORO

pequesreboreda

O pasado día 13 o centro fixo unha xornada de portas abertas e os alumnos de sexto B fomos os encargados do Baño Sonoro cos que lles demos a benvida ao noso centro as novas familias.
Guiados pola profe Isa e despois de moito traballo previo aquí tedes o resultado.
Mirade que pasada!!!

 

marzo 6, 2019 | Leave a comment  

SEMANA DA CIENCIA

pequesreboreda

Dentro do desenvolvemento do PDI «Física e Química que estamos levando a cabo este ano e coordinado pola biblioteca, esta semana tivemos unhas xornadas de ciencia en vivo no cole da man da organización cienciaenmovimiento.
Houbo talleres e actividades para os alumnos dende terceiro ata sexto.
Aquí vos deixamos un resumo das actividades para que vexades coma nos foi.

 

E aquí vos deixamos un pouco máis

marzo 4, 2019 | Leave a comment  

Next Page →