CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL

pequesreboreda

Volvemos!!! Un curso máis poñemos en marcha o noso canal de experimentos pero este ano temos unha novidade, non imos facer experimentos químicos coma o curso pasado, este ano imos adicarnos a física. Este é unha modalidade coa que se experimenta menos pero que é, igualmente, moi interesante. Cada semana un dos nosos equipos enfrontarase a un reto físico, comezan María e Iago facendo unha torre de garfos.

 

E rematamos coas TOMAS FALSAS

febrero 27, 2019 | Leave a comment  

VISITAMOS O GADIS E MEIRANDE

pequesreboreda

Esta semana os sextos volvemos saír. Nesta ocasión fomos facer un taller de alimentación saudable no Gadis para coller inspiración para Galiciencia. Despois, e aproveitando que tivemos que coller autobús para ir a Vigo, visitamos o Meirande para completar a información que estamos traballando en ciencias sociais. Foi un día intenso no que aprendemos unha chea de cousas!

 

febrero 25, 2019 | Leave a comment  

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES 2

pequesreboreda

Seguimos co noso proxecto do venres.
Nesta ocasión tocou investigar, descifrando as pegadas, quen é a científica sobre a que imos traballar este trimestre.
Para iso cada equipo tivo que dividirse: uns participaban no xogo das científicas, outros eran o equipo gráfico e os últimos o equipo de investigación.

O XOGO DAS CIENTÍFICAS
Na páxina de muller e ciencia atopamos este curioso xogo de mesa onde cada carta é unha muller científica. Cada xogador debe formar 3 laboratorios para poder ganar a partida. O gañador de cada partida consegue un privilexio para o equipos dos científicos así que hai que xogar moi concentrados.

O EQUIPO DE DESEÑO GRÁFICO
Este grupo encargouse de elaborar os carteis para o corredor para conmemorar a celebración do Día da Muller e Ciencia que se celebra o 11 de febreiro.

OS INVESTIGADORES
O resto dos integrantes de cada equipo debían seguir as pistas para completar a ficha de aproximación á científica sobre a que imos investigar.

POSTA EN COMÚN
Finalmente, cada equipo deseñou unha serie de actividades para poder desenvolver o proxecto deste trimestre e puxémolas en común.

Un traballo en equipo con subequipos, tarefas diferentes, cooperación y moita diversión.
Senón mirade!!!

 

febrero 22, 2019 | Leave a comment  

TALLERES DE ROBÓTICA 2

pequesreboreda
Os compañeiros de terceiro, unha vez máis, viñeron a nosa aula para traballar robótica.
Durante catro semanas os talleres serán iguais, de xeito que cada equipo pase por todos os talleres e todos os grupos poidan traballar a robótica dende 4 puntos de vista distinto.
Así foi a sesión desta semana.

febrero 20, 2019 | Leave a comment  

FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES

pequesreboreda

OS VENRES MOLAN!!!
Pasamos un par de semanas preparando un mural sobre «A muller e a ciencia», primeiro fixemos un xogo onde debiamos relacionar cada científica co seu descubrimento, despois escollemos a unha desas científicas e preparamos a súa biografía e memorizamos os datos para poder aprendelo teoricamente.


E despois de escoitar as biografías foi a quenda de demostrar todo o que sabiamos así que fixemos un kahoot. Aquí volo deixo por se queredes xogar na casa. Clicade na imaxe.
Para poder xogar debemos escoller a forma CLASSIC, logo tedes que baixar a app de kahoot ao móvil ou a tablet, poner un nome (nickname) e o código do xogo.

febrero 18, 2019 | Leave a comment  

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

pequesreboreda
Este trimestre estamos traballando o tema da electricidade e magnetismo na aula.
Por parellas preparamos a información teórica e agora é momento de pasar á práctica.
Cada parella preparou circuitos simples con diferentes elementos, algúns con máis éxito ca outros.
Despois, A e B, xuntámonos para seguir experimentando.

febrero 15, 2019 | Leave a comment  

OS EXPERIMENTOS DE ANTÓN E MARÍA

pequesreboreda

Antón invitu a súa mami, Marta, a vir á clase dos alquimistas a facernos unha visita. Foi unha visita moi científica!!!

Marta trouxo diferentes materiais cos que ían facernos varios experimentos. Experimentos nos que tivemos que traballar coa auga, coa luz, coa forza,… parecían maxia pero todos tiñan unha explicación científica. Pasámolo xenial e aprendemos un montón dun xeito moi divertido!

Graciñas Antón por conseguir que mami viñese a compartir con todos nós un bo ratiño! Graciñas Marta!!!

 

febrero 11, 2019 | Leave a comment  

UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA: AS CURUXAS

pequesreboreda

A aula das Curuxas tamén fixo unha chea de experimentos e así nolos ensinarons:

 

febrero 9, 2019 | Leave a comment  

DÍA DA PAZ

pequesreboreda

O pasado mércores día 30 todos os centros celebramos o Día da Paz. Este ano os alumn@s de sexto fomos os encargados de facer o manifesto e logo, todos xuntos, cantamos a canción seleccionada para esta celebración. Este ano cada curso encargábase de interpretar unha estrofa, nos escollemos facela en lingua de signos.

 

febrero 7, 2019 | Leave a comment  

TALLERES DE ROBÓTICA

pequesreboreda
Arrancamos un curso máis coas nosas sesións de robótica.
Durante o segundo trimestre imos compartir e repasar o que xa sabemos cos nosos compañeiros de terceiro que inician este ano esta materia.
Para iso, cada martes nos acompañarán na aula e levaremos a cabo 4 talleres simultáneos. Por equipos, os maiores tutelaremos aos pequenos nos seus primeiros pasos nesta disciplina.
Así foi a primeira sesión:

febrero 6, 2019 | Leave a comment