MÁIS FÍSICA E QUÍMICA NA CORUÑA

pequesreboreda

Onte fomos pasar o día a Coruña.
Aproveitando o tema do centro, visitamos o MUNCYT, museo de ciencia e tecnoloxía e a Casa das Ciencias.
No Muncyt participamos nun taller de construcción moi interesante onde traballamos en equipo e tivemos que seguir estratexias para ter éxito. Completamos a actividade visitando o museo.
Despois de comer fomos a casa das Ciencias. Aprendemos unha chea de cousas sobre os exoplanetas no planetario e despois tocamos, manipulamos e xogamos con todo o que estaba o noso dispor na casa das ciencias. ATA VIMOS NACER UN PITIÑO
Foi un día moi intenso e divertido!!!

 

enero 31, 2019 | Leave a comment  

AS MULLERES E A CIENCIA

pequesreboreda

Se o primeiro trimestre o adicamos a facer experimentos e traballar a física e a química de xeito práctico, neste trimestre imos traballar ás científicas.
Necesitamos referentes femininos e a escola debe amosalos para que a coeducación sexa posible.
Aquí nos amosamos as primeiras investigacións do alumnado de sexto.

 

enero 30, 2019 | Leave a comment  

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: O VOLCÁN

pequesreboreda

Seguimos compartindo con todos vos o traballo que están a desenvolver as aulas en torno a noso PDI. Nesta ocasión os alumnos de 5º A amósannos unha reacción química que nos axuda a entender coma erupcionan os volcáns, pero, ademais, fanno con moito ritmo.
ATENTOS!!!

enero 28, 2019 | Leave a comment  

COMO MOLAN OS VENRES 2º TRIMESTRE

pequesreboreda

Comezamos trimestre con ideas renovadas, novos proxectos e propósitos pero tamén continuamos con aquelas cousas que funcionan e, ademais nos gustan. E que mellor xeito de facelo que coas nosas actividades dos venres?

 

enero 23, 2019 | Leave a comment  

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: OS ALQUIMISTAS

pequesreboreda

Os máis peques do cole estiveron investigando porque se chamaban “ALQUIMISTAS” e descubriron moitas cousas interesantes acerca destes primeiros científicos.

Como aínda somos moi pequenos custábanos moito falar diante dun público tan grande polo que fixemos un vídeo na tranquilidade da nosa clase que logo compartimos con todo o alumnado do cole o día das exposicións. Hoxe imos compartilo con todos vós e esperamos que vos guste.

 

enero 21, 2019 | Leave a comment  

UN ANO CHEO DE QUÍMICA: O ADN

pequesreboreda

Non hai mellor xeito de rematar un trimestre que compartindo o traballo feito nas aulas.Cada aula amosou ao resto dos compañeiros do centro o seu traballo ao redor do PDI deste curso.
As presentacións foron moi variadas e tivemos un pouco de todo.
Imos ir dando conta dos traballos realizados durante os vindeiros días.
Comezamos con este resumo publicando o traballo dos alumn@s de 3ºB que falaron sobre:

O ADN

 

enero 18, 2019 | Leave a comment  

SUSA HERRERA VISITA AOS PEQUESREBOREDA

pequesreboreda

Susa Herrera visitou aos nenos e nenas do cole. Cos máis peques cantou parte do seu disco “Cantos animais”. Foi moi divertido aprender os retrouxos e os bailes da cada canción.

 

enero 16, 2019 | Leave a comment  

TODO POLA ELECTRICIDADE

pequesreboreda

Comezamos o segundo trimestre traballando o tema da electricidade.

Xa tedes colgado en Ivoox a lectura do capítulo XII de VINTE mil leguas de VIAXE submarino que lemos en Radio Redondela que, casualmente, fala da novo tema. 😉

https://www.ivoox.com/xii-todo-pola-electricidade-audios-mp3_rf_31056613_1.html?fbclid=IwAR10227uCLGv1pxNoFp_Ikuv-6hY4VhGGgME108L2bGVpQgyaLt1QRWbK4I

enero 14, 2019 | Leave a comment  

LECTURA DE VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO

pequesreboreda

Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne
Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da «chegada» do Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra «Vinte mil leguas baixo dos mares» de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155

enero 11, 2019 | Leave a comment  

UN PRIMEIRO TRIMESTRE CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA

pequesreboreda

O trimestres pasado comezamos a desenvolver o PDI do centro centrándonos nos elementos físicos e químicos que temos ao noso redor. Xa vos demos boa conta deles ao longo das diferentes entradas pero aquí vos deixamos o vídeo resumo do moito que aprendemos.

 

enero 10, 2019 | Leave a comment  

Next Page →