AMOSAMOS O NOSO TRABALLO AO RESTO DE COMPAÑEIROS DO CENTRO

pequesreboreda

Despois de todo un trimestre traballando ao redor do PDI do centro, hoxe tivemos a oportunidade de defender as nosas aprendizaxes diante de todo o cole e fixémolo, moi, moi ben.
Para preparar a exposición fixemos 5 equipos de 6 membros cada un, con alumn@s de A e B. Cada equipo preparou unha das partes que traballamos na aula e, cada equipo, escolleu aos seus representantes na defensa oral.
Hoxe, con todo listo, tocou falar para 240 compañeiros e o profesorado do cole, e a pesar dos nervios e de ter que facer reaxustes de última hora, a nosa exposición foi clara, concisa e amena.
A tarxeta da cámara encheuse antes de Nairara rematara a súa defensa, inda así aquí tedes a ponencia case enteira.
Un bo adianto para o congreso de final de curso.

NORABOA A TOD@S, SUPER ORGULLOSAS DE VOS

diciembre 19, 2018 | Leave a comment  

DENDE O CEIP REBOREDA TAMÉN NOS SUMAMOS AO MINUTO DE SILENCIO

pequesreboreda

TODAS SOMOS LAURA

diciembre 18, 2018 | Leave a comment  

QUE HAI DETRÁS DUNHA CAMISETA?

pequesreboreda

Os sextos seguimos desenvolvendo o proxecto de «Física e Química», nesta ocasión estamos investigando sobre a ropa que usamos.
Como elemento introductorio vimos parte do vídeo do programa «Salvados» sobre a fast fashion e, a partir das pescudas de Jordi Évole comezamos o noso traballo.
E, vos, sabedes que hai detrás dunha camiseta?

 

diciembre 14, 2018 | Leave a comment  

EXPOSICIÓN DE VERNE

pequesreboreda

Despois de traballar sobre Verne nas aulas, visitar a praia de Cesantes, coñecer ao Capitán Nemo e viaxar ao centro da Terra… Todos os alumn@s do centro debuxaron as máquinas de Verne usando información e un pouco de imaxinación.
Aquí tedes unha pequena mostra dalgunha delas

 

diciembre 10, 2018 | Leave a comment  

AS MULLERES TAMÉN FACEMOS CIENCIA

pequesreboreda

Onte, a profe Luisa máis eu fomos a Santiago a unha xornada STEM. Tivemos a sorte de asistir a unha ponencia moi interesante sobre o papel da muller no eido científico e onde nos ensinaron porque os Clubes de ciencia deben incentivar a presenza feminina. A igualdade defendese dende o momento que existe, pero, para chegar a ela queda moito camiño por recorrer e a escola debe encargarse de ir facendo camiño. Aquí vos deixo un par de cousiñas dignas de ver:

A CIENCIA NA ESCOLA

O LUGAR QUE OCUPAMOS

diciembre 7, 2018 | Leave a comment  

POMPAS DE XABRÓN

pequesreboreda

As curuxas e a profe Aida xa comezaron a facer experimentos. Estiveron facendo misturas con auga, xabrón e azucre e… conseguiron facer pompas xigantes. Pompas con diferentes utensilios, como por exemplo: pompeiros, alambres, botellas de plástico, paus de madeira e lá. Estiveron experimentando na súa aula e despois a profe Aida pasouse pola clase dos alquimistas para amosarnos os seus descubrementos. Estivemos moi atentos e pasámolo moi ben porque xogar coas pompas é super-divertido.

Graciñas profe Aida!!!

 

 

diciembre 5, 2018 | Leave a comment  

FACEMOS CROISSANTS

pequesreboreda

Despois de descubrir que os croissant non eran franceses e que estaban directamente relacionados coa Idade Moderna, igual que o cacao, non nos quedou máis remedio que unir as dúas cousas e facer os nosos propios croissant de cacao.

 

diciembre 3, 2018 | Leave a comment