ALBA P E PAULA FALAN DO CONGRESO EN RADIO REDONDELA

pequesreboreda

ARTIGO DE RADIO REDONDELA

CEIP Santo Paio, unha escola diferente
Sociedade • 30/05/2018
Autor: Ana Prieto

O colexio de Reboreda abre as súas portas ao público este venres, 1 de xuño, co gallo do seu I Congreso do Reino Animal e a I Feira de Ciencia e Tecnoloxía. Alumnos doutros centros de Redondela e tamén as familias están convidados a este evento con ponencias e obradoiros nos que os escolares do CEIP Santo Paio de Abaixo son os auténticos protagonistas.

Os que se acheguen ao Congreso e a Feira poderán coñecer curiosidades dos animais salvaxes, os tesouros agochados no ecosistema da praia de Cesantes, experimentos, maquetas de Galiciencia e explorar coa robótica, entre outras cousas. Unha iniciativa deste centro público coa que pretenden que os alumnos sexan «os verdadeiros protagonistas», como explica a mestra Verónica Camiña. Con esta actividade queren demostrar que pode facerse «unha escola diferente» onde os nenos «teñan voz» e aprendan non só dos libros, senón de todas as experiencias nas que participan. Ao longo de todo o curso traballaron no proxecto dos animais, investigando sobre eles e facendo tamén saídas á praia de Cesantes, como explica Alba Pérez Lago, alumna de 5º. Alí puideron comprobar a importancia do ecosistema mariño e como unhas especies «inflúen sobre outras». Ao longo do curso tamén traballaron en diferentes proxectos de robótica. E agora queren amosar todo o que aprenderon ao público. Paula Rodríguez Couñago, tamén de 5º de Primaria, explica que os que visiten a Feira de Ciencia e Tecnoloxía non se poden perder as maquetas de Galiciencia. A xornada comezará ás 10.00 horas, e están convidados alumnos dos colexios Alexandre Bóveda, Laredo e Santa Mariña. Tamén as familias poden achegarse ao centro nesta xornada de portas abertas na que ademais poderán recibir «un baño sonoro». Verónica Camiña explica que se trata dunha proposta do departamento de música do centro, co que os partipantes poderán facer «unha viaxe a través do oído».

Máis en:

https://www.facebook.com/radiomunicipalredondela/

 

mayo 30, 2018 | Leave a comment  

CONCURSO VÍDEOS VOZ NATURA

pequesreboreda

Nesta ocasión o noso vídeo para voz natura foi seleccionado a partir dos anuncios feitos polo alumnado en relación co cambio climático.
Este é o noso favorito!!!
https://pr.easypromosapp.com/voteme/824821/630319164

mayo 23, 2018 | Leave a comment  

AS PROPIEDADES DA MATERIA 2

pequesreboreda

Nova entrega do noso canal de experimentos. Nesta ocasión Vero e Paula seguen ensinándonos experiencias relacionadas coas propiedades da materia.

 

mayo 21, 2018 | Leave a comment  

GAÑADORAS DO DESAFÍO FINAL GALICIENCIA

pequesreboreda
O pasado venres día 11, Alba P, Alba S e María participaron no desafío final de Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia. Tiveron que facer fronte as mesmas probas que o alumnado de secundaria. Comezaron con nervos e quedándose un pouco atrás pero, pronto remontaron, gañaron confianza e, ademais de pasalo moi ben, conseguiron gañar.

Insisto unha vez máis en que só con ser finalistas para mi xa erades as gañadoras e quero, unha vez máis, recoñecer o traballo do resto dos equipos que, aínda que non chegaron a final, tamén fixeron un traballo xenial e digno de recoñecer.

NORABOA AS TRES!!! UN TRABALLO ESTUPENDO!!! SUPERORGULLOSA DE NÓS!!!

 

 

 

mayo 15, 2018 | Leave a comment  

CANAL DE EXPERIMENTOS O MANANTIAL: PROPIEDADES DA MATERIA

pequesreboreda

Segunda entrega da nova etapa do noso canal de experimentos.
Rebeca, Brais e Soraya teñen unha chea de cousas que contarvos e ensinarvos.

mayo 14, 2018 | Leave a comment  

CANAL DE EXPERIMENTOS: A MATERIA

pequesreboreda

No segundo trimestre creamos o noso canal de experimentos para poder amosar de xeito práctico os coñecementos que adquirimos na aula.

Neste terceiro trimestre estamos implementando cambios. Trátase de ir probando novas formas e darlle unha mellor entidade científica ao canal.

Este foi o primeiro vídeo desta nova etapa. Ten moitos erros axudan a ver que é o que necesitamos mellorar. A vindeira entrega de seguro que será mellor pero esta, para ser a primeira, non está mal.

María, Sergio e Gabi explican de xeito teórico e práctico que é a materia.

 

mayo 11, 2018 | Leave a comment  

OS NOSOS GRELOS

pequesreboreda

Recollemos os grelos da nosa horta e desfrutámolos na aula. Ñam, Ñam!!!

mayo 10, 2018 | Leave a comment  

NORABOA A VOZ NATURA

pequesreboreda

Hoxe recibimos esta noticia que nos encheu de alegría e satisfacción.

FELICIDADES A TODO O EQUIPO DE VOZ NATURA POR BRINDARNOS AOS CENTROS A OPORTUNIDADE DE IMPLEMENTAR COÑECEMENTOS MEDIOAMBIENTAIS DE XEITO PRÁCTICO E CON REPERCUSIÓN REAL NA NOSA CONTORNA.

SÓ DESEXAMOS QUE ESTE SEXA UN DOS MOITOS RECOÑECEMENTOS A RECIBIR!

mayo 9, 2018 | Leave a comment  

AS NOSAS CREACIÓNS STEMS

pequesreboreda

A raíz da participación na feira STEMLAB en Santiago, os alumnos de A e B estivemos moi ocupados facendo as nosas primeiras creacións STEM.

Partimos dun motor dun xoguete vello ou similar, material de refugallo, algo de imaxinación e a fantástica axuda das nosas familias e…

Aquí tedes o resultado.

STEM 1

STEM2

mayo 9, 2018 | Leave a comment  

E DESPOIS DE VISITAR A PRAIA DE CESANTES

pequesreboreda

Xa pasaron algunhas semanas pero tiñamos pendentes contarvos o que fixemos na aula despois de visitar Cesantes. Na nosa visita collemos mostras de area, auga, algas… Xa en clase, cada equipo tiña 4 experimentos para realizar usando as mostras recollidas. Cada equipo levou a cabo as súas experiencias e engadiu as conclusións ao seu caderno de campo. Ademais, uns equipos foron titorizando aos outros a medida que ían experimentando.
Finalmente, inda que non está recollido no vídeo empregamos o microscopio para facer unha observación máis precisa.
Pasámolo moi ben e foi un xeito práctico de experimentar e sacar as nosas propias conclusións.

 

 

mayo 8, 2018 | Leave a comment