STEMLAB GALICIA

pequesreboreda

O pasado 20 de abril fomos convidados a participar na primeira feira STEM de Galicia. Unha feira que pretende ser un referente a nivel nacional onde se recollen as iniciativas relacionadas coas aprendizaxes STEM no ámbito educativo.
Foi un día moi intenso onde presentamos os nosos traballos a miles de estudantes que pasaron polo noso stand, así coma a mestres, inspectores, autoridades, familias e, incluso, tivemos a sorte de poder ensinarlle os nosos traballos a Pedro Duque.
Un día intenso e cheo de emocións onde, ademais de expor, tamén puidemos visitar a feira e ver o traballo de outros 17 centros educativos de Galicia así coma de empresas e centros que se adican a desenvolver técnicas STEM relacionadas co ámbito educativo.
Pasámolo moi ben e, unha vez máis, aprendemos de xeito directo e participativo, compartindo con demais o noso xeito de facer.

NORABOA A TODOS OS RAPACES QUE, UNHA VEZ MÁIS, O FIXERON XENIAL!!! ORGULLO DE ALUMN@S.
SODES FANTÁSTICOS!

 

abril 30, 2018 | Leave a comment  

CELEBRAMOS O DÍA DO MONTE NO CHAN DA COSTA

pequesreboreda

Un ano máis, e despois de agardar varias semanas a que a choiva nos deixara, celebramos o Día do Monte.
Este ano tocounos ir ao Chan da Costa en Reboreda.
Coma todos os anos celebramos este día en colaboración coas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela e a Anpa do centro.
Uniformados coas camisetas commemorativas demos un bo paseo ata o Monte.
Alí aproveitamos para facer unha plantación, xa que, o Chan da Costa foi un dos montes afectados nos incendios de outubro do ano pasado.
Ademais, este ano contamos coa colaboración dos Gardas Forestais que nos deron unha charla moi interesantes sobre os incendios e a súa extinción.
Tamén desfrutamos dunha boa merenda campestre e, por suposto, de xogos e tempo para nós aproveitando o entorno e o aire libre.
Antes de emprender o camiño de volta, recollemos o lixo.
Esperamos volver e desfrutar de nova vida no noso monte .

abril 25, 2018 | Leave a comment  

O EQUIPO ALBAMAS DE 5º B ENTRA NO DESAFÍO FINAL DE GALICIENCIA

pequesreboreda

O equipo formado por Alba S, Alba P e María conseguiron colarse no desafío final de Galiciencia que terá lugar o vindeiro día 11 de maio.
Quero felicitar tamén ao resto dos equipos que fixeron un gran traballo. Noraboa a todos.
Ter un equipo da nosa aula no desafío final é un victoria de todos. Non o esquezades.
Aquí tedes os tres vídeos que lle deron o premio a ALBAMAS

DESAFÍO 1: O PRONÓSTICO DO TEMPO

DESAFÍO 2: QUE SABEN DO CAMBIO CLIMÁTICO OS QUE ME RODEAN

DESAFÍO 3: O NOSO ANUNCIO

abril 24, 2018 | Leave a comment  

VISITAMOS A XUNTA DE GALICIA, O PARLAMENTO E…

pequesreboreda

O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia.
Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial.
Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí  visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis.
Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande)
Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa.
Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.

BRAIS

abril 23, 2018 | Leave a comment  

PEDRO DUQUE ENCARGASE DE INAGURAR O STEMLAB

pequesreboreda

Coma sabedes os alumnos de quinto B imos expoñer as nosas maquetas sobre o universo no STEMLAB.
O evento terá lugar hoxe durante todo o día e máis de 3000 alumnos de toda Galicia visitaran a feira.
Esta será inagurado ás 10.30 polo astronauta Pedro Duque.
Estamos desexando coñecelo.

Se clicades na imaxe teredes máis información sobre el.

abril 20, 2018 | Leave a comment  

SAMBA, UN CAN TERAPÉUTICO

pequesreboreda

O outro día o alumnado de educación infantil recibiu a visita de Samba, un can que usan para facer terapia en Aldeas Infantís.

abril 19, 2018 | Leave a comment  

E, FINALMENTE, CONSEGUIMOS VISITAR A PRAIA DE CESANTES

pequesreboreda

Despois dun mes buscando un día sen chuvia para poder ir a praia e poder comprobar «in situ» todo o traballado na aula, por fin chegou o día. A chuvia deunos unha tregua e aproveitamos para ir a Cesantes.
Fixemos a visita acompañados por Marcelo de Faia, Educación Medioambiental.
Comezamo a visita no porto e, andando pola praia, fomos observando, falando e aprendendo máis cousas sobre as algas e a súa importancia no ecosistema, os moluscos, as aves, algúns animais mariños coma as babosas de mar, a composición da area, as dunas…
Foi unha visita moi instructiva!!!

abril 18, 2018 | Leave a comment  

IMOS A PRAIA

pequesreboreda

Así que non esquezades traer:

– O cuaderno de Campo
– Bolígrafo e lapiz
– Unha lupa para o equipo
– Unha cámara de fotos para o equipo
– Botes para recoller mostras
– E calquera outro material que decidirades no equipo.

abril 17, 2018 | Leave a comment  

STEMLAB

pequesreboreda

O vindeiro día 20 de abril o alumnado de 5º B imos estar en STEMlab Galicia.
Asistimos a este evento en calidade de ponentes, convidados pola asesoría TIC da Xunta de Galicia, onde amosaremos a outros centros e ao público en xeral o noso xeito de traballar na aula.
Esperamos estar a altura do evento.
Aquí tedes un vídeo onde se resume a idea desta xornada.

 

abril 16, 2018 | Leave a comment  

GALICIENCIA: ÚLTIMO DESAFÍO 2

pequesreboreda

Onte vimos os primeiros vídeos para o último desafío de Galiciencia. Aquí vos deixamos a seguinte entrega.

EQUIPO ALBAMAS

 

EQUIPO BRAPANA

 

abril 13, 2018 | Leave a comment  

Next Page →