O INVERNADOIRO
Sergio e Rebeca son os encargados de amosarnos coma facer un invernadoiro cunha botella de auga. En so unhas semanas o resultado pódese comprobar.
CHUVIA ÁCEDA
David e Vero son os encargados desta volta de presentar o seu experimentos no noso canal. Estade atentos!
O FONDO DO MAR
Novo práctica do canal de experimentos do manantial. Nesta ocasión Naiara e María nos ensinan a facer unha maqueta do fondo mariño.
CESANTES DA MAN DE SERAFÍN
Seguimos co noso proxecto sobre a praia de Cesantes. A semana pasada as nosas pescudas enriquecéronse con diversas visitas.
Comezamos a semana recibindo a Serafín, o avó de Iago, que veu contarnos coma as veciñas de Cesantes conseguiron parar a construción dun ostreiro nos anos 50 coa unión e a loita.
Serafín contounos unha chea de cousas interesantes. Foi un auténtico pracer recibir a súa visita.
MOITAS GRAZAS A IAGO POR CONVENCELO E A SERAFÍN POR ACOMPAÑARNOS!!!
COÑECENDO MELLOR AS MULLERES QUE NOS RODEAN
Esta semana, aproveitando a celebración do Día da Muller, achegámonos as mulleres que temos máis preto para saber coma foi a súa vida.
Aquí vos deixamos as entrevistas que lles fixeron os alumn@s as súas nais. Poñede ben a orella porque hai datos moi interesantes.
Grazas as nais por participar e noraboa a todos polo traballo.
CESANTES: UN TESOURO POR DESCUBRIR, PRIMEIROS CONVIDADOS
Seguimos traballando co noso proxecto sobre a praia. Hoxe tivemos unha convidada moi especial: a profe Luisa.
Resulta que a profe foi mariscadora antes de ser mestra e, aproveitando que a temos tan preto, tivemos unha charla con ela para que nos contase a súas vivencias.
Pegade ben a ourella porque sabedes que Luisa sempre fala moi baixiño!!
CULTIVAMOS, COCIÑAMOS E COMEMOS COGOMELOS
A semana pasada recollemos a segunda producción da nosa bala de cogumelos e aproveitamos para cociñalos. Incorporamos tamén acelgas da horta y fixemos un menú sá e moi nutritivo.
Cada un trouxo unha cousa para poder sacar adiante as receitas, fixemos equipos e, pouco a pouco, conseguimos sacar adiante o menú.
Foi un día xenial e, o mellor de todo, foi o banquete que nos demos.
UN ZOO NA CLASE DOS CHOQUETES
Erika e Montse achegáronse á clase dos choquetes para volvernos a todos un pouco toliños, e como por arte de maxia, ou mellor dito… por arte de pincel, convertiron a cada un dos choquetes en divertidos animais, como por exemplo: lobos, raposos, mouchos, leopardos, tigres, tartarugas, volvoretas,… Fixeron unha divertida actividade de “body-paint”, unha maquillaxe corporal moi animalada. Mirade que chulada!!! Parabéns artistas!!!
Xa estamos desexando recibir máis visitas!!!
DESAFÍO 2 DE GALICIENCIA
Remata o prazo para o segundo prazo de Galiciencia e isto foi o que fixeron os nosos equipos.
EQUIPO SEREDA
EQUIPO BIP
EQUIPO BRAPANA
EQUIPO ALBAMAS
EQUIPO VELUSO
AS DIVERTIDAS AVENTURAS DE DANIELA
Recibimos novo e-mail, nesta ocasión era para Daniela. Nel puidemos ver aqueles recunchos a onde viaxa a nosa choquetiña, nos seus momentos de lecer coa súa familia.
Viaxaron ata a Idade Media, polos castelos de Portugal, fixeron sendeirismo polas rutas das salinas de Ulló, ata déronse un baño nas termas de Outariz en Ourense. Mmmmmm cantas cousas descubrimos coas fotos de Daniela e que ben as explicou.
Parabéns Daniela!!!
Graciñas por compartir con todos nós as túas pequenas aventuras!