SISTEMA ACUÁTICO CON ANFIBIOS
Soraya e Noa crean un ecosistema artificial para criar anfibios.
A LUZ E AS PLANTAS
Nova entrega do canal de experimentos o manantial. Nesta ocasión Iago e Brais vos contan coma lle afecta a falta de luz ao crecemento dunha planta.
A PRAIA DE CESANTES: ACTIVIDADE 1
Os quintos estamos a traballar sobre a praia de Cesantes. Os alumn@s de quinto A tedes recursos para facer a primeira proba na entrada anterior. Se clicades aquí xa vos leva.
Para o alumnado de B que ides pola segunda parte lembrade:
1. Ler ben o que se vos pide
2. Organizar o traballo en equipo
3. Usar medios diferentes para obter a información
4. Explicar as preguntas en forma de redación e responder coas vosas palabras, todo o que poñades debedes comprendelo. FALADE ENTRE VOS, COMPARTIDE A INFORMACIÓN, DEBATIDE E, POR ÚLTIMO, ESCRIBIDE O TRABALLO.
Vos deixamos algunha bibliografía que vos pode ser útil. Coma sempre usade o que precisedes, sede selectivos e reflexionade antes de facer o traballo escrito.
POR QUE HAI QUE PROTEXER AS DUNAS DAS PRAIAS?
DUNA. WIKIPEDIA
RECUPERACIÓN E PROTECIÓN DO SISTEMA DUNAR DE CESANTES
ENSEADA DE SAN SIMÓN. WIKIPEDIA
TURISMO RÍAS BAIXAS
ESPAZOS PROTEXIDOS
ILLA DE SAN SIMÓN. TESOURO HISTÓRICO
O MARISQUEO: UN TRABALLO EN FEMININO
AS ALGAS ENCHEN DE VIDA AS PRAIAS GALEGAS
A PRAIA DE CESANTES: UN TESOURO POR DESCUBRIR
MÁIS PARTES METEREOLÓXICOS
Os equipos que faltaban xa prepararon os seus vídeos sobre o tempo atmosférico, e así lles quedaron:
LUCÍA, SORAYA E VERO
BRAIS, IAGO E PAULA
PAULA, BRAIS E NAIARA
OS PEQUES FALAN DOS MOUCHOS
Os choquetes presentaron, ante un público moi interesado, o seu traballo dos mouchos. Cunha sinxela presentación foron explicando, as características dos estrigiformes, as diferenzas entre mouchos e curuxas, as comidas favoritas, onde viven, tipos de especies diferentes,… E para rematar cantamos a canción: “O moucho” de grupo Migallas do álbum “Pan de millo”.
VOLVEMOS A PARTICIPAR EN GALICIENCIA
Nesta ocasión imos participar nos desafíos. Esta edición está adicada ao cambio climático e o primeiro desafío era facer un parte metereolóxico e falar do clima. Veunos moi ben porque así puxemos en valor todo o que fixemos en Meteogalicia.
Aquí vos deixamos os primeiros partes:
ALBA S, ALBA P E MARÍA
SERGIO, DAVID E REBECA
ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO EN QUINTO DE PRIMARIA
Rematan estes días de lecer pero quédamos o recordo do vivido.
Os alumn@s de quinto querían vivir máis a festa de entroido así que decidimos xuntos coma nos iamos disfrazar, cada un escolleu o animal que quería ser, preparamos unha coreografía, escollemos a música para o desfile e Rubén, o pai de Xoel, púxonos o equipo musical para poder desfrutar no desfile.
Pero, ademais, participamos durante a semana do meco e o venres fixemos unha comida todos xuntos onde cociñamos paninis e filloas e degustamos as deliciosas tortillas que fixeron nais e avoas dos nosos alumnos para que puidemos compartir.
Bailamos, xogamos, rimos e, por suposto, tamén desfilamos.
Un día fantástico!!!
PREPARAMOS COGUMELOS NA AULA
Dentro do proxecto Voz Natura estamos a criar cogumelos na aula. E a nosa plantación xa deu os primeiros froitos.
O venres puxémonos mans a obra. Preparamos 3 equipos, cada equipo encargouse de traer os ingredientes para preparar o seu prato e, con todo listo, puxémonos «as mans a cociña».
Preparamos un revolto, cogumelos ao alliño e cogumelos no forno con queixo e xamón.
E debían estar ben bos porque a min non me quedou nin a proba!!!
ECOSISTEMA MARIÑO
E agora os de auga!