O QUECEMENTO GLOBAL
Queredes saber cales son as consecuencias do cambio climático?
ARCO DA VELLA NUN VASO
Nesta ocasión Rebeca e Sergio preséntamos un arco da vella feito nun tubo de ensaio.
FLORES QUE CAMBIAN DE COR
Nova entrada no noso canal de experimentos. Hoxe tinguimos flores brancas con colorantes alimenticios.
Mirade!!!
E POR FIN TEMOS O CANAL LISTO!!!
Xa temos o primeiro vídeo de experimentos subido ao canal. Iremos mellorando os vídeos e as presentacións nas vindeiras semanas pero o primeiro paso xa está dado. Inaguramos o canal con María e Paula. Seguide os seus consellos, subscribídevos e dádelle ao «Like».
CANAL DE EXPERIMENTOS 2
Xa vos explicamos onte que andamos a voltas co noso canal de experimentos.
Despois das dores de cabeza que nos deu «o tornado nun botella», volvemos a tentalo pero, nesta ocasión, facendo un «tornado nun frasco».
Desta volta tivemos máis éxito que na vez anterior e aproveitamos para ir pulindo detalles.
BAÑO SONORO POR HAWAI
Os nenos e nenas de 5ºA, quixeron facernos viaxar a través dos sons ata un lugar moi especial, Hawaii. Os pequesreboreda soamente tiveron que tumbarse no chan da aula de psicomotricidade, baixar as luces, pechar os ollos e deixarse levar polos sons. Foi unha experiencia fantástica e moi relaxante!
CANAL EXPERIMENTOS O MANANTIAL
Antes de rematar o primeiro trimestre propuxémonos un gran obxectivo, crear o noso propio canal de experimentos onde ir amosando as experiencias que facemos na clase relacionadas cos temas de ciencias que estamos a traballar.
A experimentación é un xeito práctico de comprobar os coñecementos teóricos. Para levar a cabo as nosas experiencias seguimos o MÉTODO CIENTÍFICO, o que fai que teñamos que facer hipóteses antes de levar a cabo o traballo de campo. Ademais, cada experiencia que se fai na aula ten que ser probada previamente na casa, e debemos cubrir unha ficha onde se indican os materias, hipóteses, procedemento e, finalmente, conclusións.
Antes de iniciar o noso canal fixemos algunhas probas onde todos fixemos as mesmas experiencias e probamos cal sería o mellor xeito de recollelas audiovisualmente. Estes primeiros pasos ensínaronnos que non sempre os experimentos saen ben e que é necesario perseverar, facerse preguntas e pequenas modificacións para alcanzar o éxito pois moitas das cousas que vemos na rede non saen tal coma nos ensinan.
Comprobamos que a ciencia é divertida e que aprendemos tanto dos éxitos coma dos fracasos.
Aquí tedes o noso primeiro intento de facer un tornado.
VERMICOMPOSTEIRA
Coma sabedes, os compañeiros de 5º A escolleron a miñoca coma animal a investigar. Xa na súa presentación nos falaron das vermicomposteiras e agora, aproveitando o proxecto Voz Natura, imos ter dúas vermicomposteiras na aula. Os alumnos de 5ºB foron a 5ºA para aprender coma facer unha e logo puxéronse mans a obra. Mirade!!!
DE VISITA A ESCOLA DE HÍPICA
Os pequesreboreda fixeron a primeira visita deste curso. Como estaban traballando os animais da contorna, neste trimestre, tiveron unha gran idea, visitar a escola de hípica: “A Muralla”, que está moi pretiño da escola. Alí subiron nos cabalos, visitaron as cuadras, descubriron cousas da súa fisonomía, dos seus hábitos,… ata puideron ver como lles cambiaban as ferraduras das pezuñas. Unha mañá moi intensa!
AS RAS
Se o xoves foron os compañeiros de A os que falaron do seu animal o venres foi a quenda de B.
Nos escollemos a ra e dividimos o traballo por equipos. Cada equipo documentouse e elaborou un mural coa información. Unha vez feito isto estiveron practicando a exposición, fixemos un par de probas na aula e… listo!!!
O venres abrimos a porta da nosa clase ao resto do alumnado do centro e falámoslle da ra e as súas características, da súa anatomía, da diferenza entre ras e sapos, as súas funcións, o seu ciclo vital e, por suposto, algunhas curiosidades.
E fixéronno realmente moi ben.
Aquí tedes a proba.