IMOS DE VISITA A COMPOSTEIRA VECIÑAL
Onte A e B fixemos unha visita moi especial. Fomos pasar a xélida mañán a composteira veciñal.
O outro día tivemos a visita de Jesús, o técnico de medioambiente do concello que foi o que nos falou desta estación e grazas a súa mediación puidemos facer a visita.
Alí duas rapaces que traballan para a Deputación de Pontevedra explicáronnos moi ben todo o proceso de compostaxe.
Aprendemos moito, pasámolo moi ben e ademais viñemos cunha bolsa de compos para casa.
Estade atentos ao vídeo para ver coma é todo o proceso.
CONECTO CO RELEVO
E outra nova aventura dende experimentando coa ciencia:
O noso gran proxecto neste primeiro trimestre xiraba ao redor da xeografía: O relevo de España. Fixemos unha maqueta de España, onde puxemos algúns elementos do relevo: ríos, picos, sistemas montañosos, … Algúns de nós o fixemos con plasti e tridimensional, outros a modo de circuito eléctrico.
E logo de facelas, quixemos xogar con elas e compartilas con outros nen@s do centro. Podedes velo no vídeo.
Unha experiencia alucinante!
SAÍDA A FEIXA
Dende experimentando coa ciencia:
Prestastes atención????
Que outros datos coñecedes sobre as árbores, arbustos, plantas, animais, rochas,… da beira dos ríos?
Na nosa saída topamos algunhas cousiñas moi interesantes, para as que había que estar moi atento, ou podían pasar desapercibidas… Mirade o que atoparon estos incribles «exploradores». Prestade atención ou non a vedes.
A COMPOSTAXE
BAÑO SONORO
A profe Isa non para e xa está mergullada buscando os diferentes e orixinais sons dos animais. Nesta ocasión coa axuda dos nenos e nenas de 5º agasallounos cun “baño sonoro” cheo de sons coñecidos ou descoñecidos que podemos apreciar polos nosos bosques unha tarde de outono. Foi toda unha experiencia sensorial tanto para grandes como para pequenos!
VISITAMOS UN SCRIPTORIUM MEDIEVAL
O martes participamos nas actividades que organiza Normalización Lingüísitca do Concello para conmmemorar a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo
O NOSO PROXECTO SOBRE PATRIMONIO: O PERGAMIÑO VINDEL
Estes días andamos moi atarefados porque temos unha misión, salvar o Pergamiño Vindel dos coleccionistas privados, para iso temos unha chea de probas a superar. Unhas probas son necesarias para ir superando as seguintes. Aquí vos deixamos o proxecto recollido nun wix. Estade atentos porque seguiremos engadindo información nel e poñendo novos recursos que vos poden axudar na vosa misión.
ÁNIMO QUE XA QUEDA POUCO !!! ESTÁDELO A FACER MOI BEN!
VISITAMOS GALICIENCIA
Despois de moitos preparativos dentro e fóra da escola, chegou o momento de ir a Galiciencia. Madrugamos un pouco, con algúns nervos e moita emoción puxemos rumbo a Ourense.
Unha vez alí dividímonos en 2 equipos: os alumnos que ían para os stands e os alumnos que facían a visita. Estes últimos comezaron o día merendando.
A partir das once non parou de vir xente a ver a exposición, incluidos os nosos compañeiros.
As 12 o resto dos compañeiros foron a un taller de astronomía onde aprenderon unha chea de cousas. Foi unha xornada moi divertida!