UNHA COMILONA DE MEDO NO OBRADOIRO DA PROFE CRIS

pequesreboreda

Este curso, a profe Cris, unha semana ao mes vai facer obradoiros coas diferentes aulas dos pequesreboreda. Nesta ocasión tocóunos a nós, os choquetes.

Como o samaín xa estaba aquí, ideamos facer un obradoiro de cociña. Unha cociña moi… sinistra!!!

Seguindo as instruccións da profe Cris, preparamos: vasoiras de bruxa, ollos de zombis, pantasmas saudables e bocatas de tumbas. Sinxelas e divertidas receitas para estes monstrosos choquetes. Mmmmmm… estaba todo…. DE MEDO!!!

noviembre 8, 2017 | Leave a comment  

CHEGOU O SAMAÍN

pequesreboreda

Chegou o outono e con el, chegou o samaín. Os choquetes puxéronse mans á obra e deseñaron divertidas cabazas para decorar o teito da súa aula. Daban un medo terrible!!! Mirade, mirade!!!

noviembre 8, 2017 | Leave a comment  

O EQUINOCCIO DE OUTONO

pequesreboreda

Este curso estamos costando coller o ritmo de publicación por todas as cousas que están acontecendo ao noso redor: incendios, visita a Galiciencia, charlas, celebracións… Pero a ver se desta volta arrancamos e empezamos a poder contarvos de xeito asíduo todo o que estamos facendo na aula.

Comezando rescatando a nosa entrada no outono.

Naiara de 5º B é a encargada de contarvos que foi o que fixemos:

Na nosa clase celebramos o equinocio de outono, que consiste no cambio de estación no día en que o día e a noite duran o mesmo.
Os Celtas organizámonos con funcións e tarefas para facer a decoración da festa. Tamén había equipos que se encargaban da alimentación, do ritual e da información.
A festa podíase mellorar distribuindo mellor a comida, explicando mellor a teoría e moderando o volume.
O bo foi que puidemos probar bastantes alimentos coma granada ou as noces garrapiñadas.
Gustaríame celebrar máis festas pero melloraría tentando falar  máis baixo e organizándonos mellor sobre todo no reparto de tarefas.

noviembre 7, 2017 | Leave a comment  

← Previous Page