PREPARANDO A VISITA A GALICIENCIA
A visita a Galiciencia foise achegando e antes de ir tivemos que preparar algunhas cousas.
As maquetas chegaron a aula a semana pasada. Unha vez visto o seu funcionamento e ultimado detalles comezamos a preparar a exposición oral por parellas. Cando as tivemos listas e consensuadas decidimos ir a biblioteca para facer un simulacro de stands. Montamos as maquetas en catro mesas e a todos os que se achegaban lles fomos contando o que tiñamos preparado.
O mércores fomos a facer as presentacións a aula de 5ºB, o que nos serviu para practicar e correxir erros antes de visitar Galiciencia.
EXPERIMENTOS RELACIONADOS CO CLIMA
«Os venres son o mellor día», alomenos iso é o que pensan en 5ºB. Nembargante, é un dos días nos que máis traballamos e máis temas diferentes tocamos. Entre esa mestura de actividades decidimos que iamos dedicar a clase de ciencias a experimentar así que comezamos facendo experimentos relacionados co clima.
Tiñamos 4 propostas diferentes, unha coas indicacións por escrito, outra no ordenador, a seguinte resumida en imaxes e a última sen ningún tipo de orientación.
Cada equipo foi rotando e pasou polas 4 experiencias.
Ademais de levalas a cabo,tivemos que cubrir unha ficha onde establecemos hipóteses e rematamos expoñendo as nosas conclusións.
Aquí tedes un resumo das catro experiencias.
5ºA SEGUE COIDANDO A HORTA
O venres pasado aproveitando que tiñamos os invernadoiros reparados despois do verán e unha chea de sementes para prantar, os alumnos de 5º A puxéronse mans a obra.
ANIVERSARIOS DE SETEMBRO E OUTUBRO
Estes choquetiños non paran de medrar e nestes dous primeiros meses xa tivemos 5 cumpreañeiros. No mes de setembro Kira e Vicent cumpriron 5 aniños e no mes de outubro, Alexia, Iria e Manuel. Fixemos unhas coroas moi especiais, merendamos cuns biscoitos deliciosos e ata decoramos o mantel (como novidade este curso) con motivos terroríficos. Mirade que divertidas foron as nosas celebracións cumpreañeiras!!!
O MOUCHO: A MASCOTA DOS CHOQUETES
Este curso, imos estar moi atarefados cun montón de actividades relacionadas co proxecto anual, “O reino animal”. Como primeira actividade, cada clase tivo que escoller unha mascota e facer un estudio sobre ela, e tamén tivemos que decorar a porta da clase con ela.
Para decorar a porta fixemos uns mouchiños moi simpáticos que vixiarán día e noite a clase dos choquetes. Empregamos diferentes técnicas e materiais plásticos para darlle unha forma orixinal a nosa porta. Ahí vos deixamos todo o noso proceso creativo.
APROVEITANDO A AUGA
A falta de chuvia durante este outono (e xa coma segundo ano consecutivo) empeza a ser moi preocupante para todos. Dende o Concello de Redondela dánnos estes consellos para aforrar auga.
LEDES E, SOBRE TODO, CONSUMIDE CON CABEZA!!!
ASÍ CELEBRARON O MAGOSTO-SAMAÍN OS PEQUES
Este ano no cole quixemos xuntar dúas celebracións moi interesantes para os peques, o samaín e o magosto. Antes do recreo queimamos os medos de todos os nenos e nenas do colexio, escoitamos a uns sinistros pandereteiros e pandereteiras. Ao rematar regresamos ás aulas para comer as doces rosquillas que nos regalou a ANPA, xogamos un pouco no recreo e, antes de dar por finalizada a xornada, tivemos tempo para comer castañas que gardamos nos nosos preciosos cestiños. Deixámosvos un vídeo que recolle retaciños deses momentos. Esperamos que vos guste!
VISÍTANOS O COMITÉ ORGANIZADOR
O UNIVERSO
Para preparar o tema do universo aproveitamos os equipos de cada aula para que prepararan unha parte do tema. Así uns equipos investigaban a composición do universo, outros o sistema solar, outros os planetas e outros os movementos da lúa e da terra.
Durante dúas semanas os equipos buscaron información, escolleron o material que queiran e decidiron que formato lle ían dar.
A partir de aí cada equipo decidiu facer un mural, un vídeo, un powerpoint… pero iso será no seguinte post.
De momento aquí tedes un resumo de moito e ben que traballaron.
A CÉLULA
Agora que rematamos o tema é hora de contarnos como o preparamos.
Cada equipo tíñao por escrito e debían estudialo todos xuntos. Para iso vimos cales eran as mellores posibilidades para preparar un tema en conxunto.
Pero, ademais da parte teórica, queremos que cada tema teña unha parte experimental que nos axude a comprender, a desenvolver as estructuras cognitivas e sirva de eixo motivador para seguir aprendendo.
Neste tema decidimos facer unha maqueta da célula usando froitas e lambetadas. Cada equipo fixo unha lista dos ingredientes que ían comprar e dos que podían traer da casa. Démoslle un orzamento e fomos ao supermercado para coller todo o que nos facía falla. Xa na aula, tendo unha imaxe como guía, cada equipo fixo a súa célula e, a verdade, é que o fixeron moi ben.
Aquí tedes un resumo de coma fixemos as maquetas da célula na aula.