VISITA AO RIO ALVEDOSA DOS ALUMNOS DE 6º
En experimentando coa ciencia podemos ver este fantástico artigo.
AS NOSAS TEORÍAS SOBRE O BIG BANG
Os nosos famosos e reputados científicos de 5º A e B expoñen a continuación as súas teorías sobre a orixe do universo. Non perdades comba que hai teorías para todos os gustos.
IMOS A GALICIENCIA
Acaban de chamarmos para comunicarnos que os 5 equipos que presentaron ideas para o concurso de proxectos foron seleccionados, así que:
REBECA E SERGIO presentarán unha maqueta do sistema solar
IAGO E NAIARA un sistema solar móbil
MARÍA E NOA un eclipse solar e luar
ALBA P E ALBA S unha caixa luar
BRAIS E XOEL unha maqueta dun foguete espacial
Ademais o resto do alumnado de 5ºA e 5ºB visitará a exposición.
NORABOA A TODOS AGORA A ESMERARSE CON ESAS MAQUETAS!!!

ASÍ VIVÍU MARÍA OS INCENDIOS
A nosa compañeira María vivíu a xornada do domingo con moito medo porque o lume achegouse a súa casa. Pasado o susto, o martes, cando volveu a clase, compartíu connosco as fotos e vídeos que fixo o seu pai. Contounos cales foron as súas vivenzas e sentimentos e, neste momento, máis ca nunca, queremos compartilas con todos vos.
INICIAMOS NUN DÍA NEGRO
Retomamos as nosas entradas no blog enfadados, preocupados, doídos e sen dar crédito aos lumes que nos asolaron onte e que seguen rodeando neste momento a nosa escola.
Unha vez máis o sinsentido dos incendios pon a nosa vila no centro do lume. Temos alumn@s desaxolados, familias desesperadas e unha pérdida de patrimonio natural difícil de recuperar.
Onte foi unha odisea apagar os lumes: a seca, a falta de auga nas traídas comunais e nos pozos particulares, a falta de medios e a acción do vento foron un caldo de cultivo perfecto para un incendio coma non se recorda.
Hoxe coa cinza espallada pola ambiente, un cheiro a fume que afoga as nosas forxas, unha rabia e impotencia total pedimos e clamamos medidas urxentes para que isto non volva a pasar, depurar responsabilidades e dotar de medios as brigadas para que o lume non volva deixarnos un futuro negro e desolador.