RETO CIENTÍFICO: A BUXAINA
Dende experimentando coa ciencia:
1º Cun lapis, unha cartulina e uns céntimos, construimos unha buxaina.
2º Experimentamos, colocando os céntimos, primeiro no interior, logo no exterior.
Cando xira máis a buxaina?
3º En función dos resultados,…
Que podería facer para que todavía xire máis tempo?
Agora que tan de moda está o «spinner», serás quen de construir o teu propio aparello xiratorio, buxaina en este caso?
(moito máis enxebre…)
SUPERHEROES CERCANOS: SOMOS FUTBOLISTAS
Outra semana máis seguimos visitando os nosos superheroes máis próximos.
Nesta ocasión Daniela levounos a descubrir o superpoder do seu pai David que ten a cualidade de converter aos nen@s en futbolistas. Si, de verdade! A que é alucinante!
Acompañados de Charo e Cris fomos andando ata o Campo do Choco e alí esperábanos David.
Vimos as instalacións, collemos o material, fixemos un circuito e, xa preparados, CONVERTÉMONOS EN FUTBOLISTAS!!!
Foi unha xornada fantástica.
MOITÍSIMAS GRAZAS A DAVID POR ENSINARNOS O SEU SUPERPODER. FOI UNHA PASADA!
E, POR SUPOSTO, A CRIS E CHARO POR ACOMPAÑARNOS E PREPARARNOS A MERENDA!
GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS!
RECUNCHO DOS CACHIBACHES
Estamos xa no terceiro trimestre e toca prepararse para a recta final do curso. Os Apolos comezamos este trimestre adicado ao superpoder que cada un de nos temos dentro creando un novo recuncho de xogo. Recollemos a batcova porque necesitamos espazos onde poidamos explorar e aprender por nós mesmos.
Así que a nosa batcova converteuse no recuncho dos cachibaches. Temos unha cabina de superman para deixar a nosa identidade habitual e saír preparados para explorar os nosos superpoderes.
Neste recuncho temos unha chea de material de refugallo e ningunha consigna, de xeito que cada un pode xogar coma queira: creando, investigando, amontoando, tirando… Todo vale!!!
E estes primeiros días foron moi interesantes!
PROXECTO COAS FAMILIAS: SUPERHEROES CERCANOS
O trimestre pasado estivemos traballando os superheroes cercanos e os Apolos, nunha das nosas asembleas, dixeron que os seus maiores superheroes eran as familias. Teo contounos que a súa avoa cosía a toda velocidade, David que o seu pai facía casas, Daniela que o seu pai entrenaba no Choco, Mauro díxonos que a súa nai podía saír pola tele…
Xa tiñamos un xerme para comezar a traballar, podiamos convidar as familias para ver os seus superpoderes… pero algúns Apolos dicían que non podían vir a ensinar o seu superpoder ao cole porque non podían traer as súas ferramentas de traballo, entón… Que podiamos facer?
Pois ocorréusenos levar a cabo o antigo proverbio de “se Mahoma non vai a montaña a montaña vai a Mahoma” e nunha reunión coas familias falamos de levar a cabo un proxecto conxunto onde viramos os seus superpoderes pero non tiña porque que ser dentro do cole, sempre que fose preto podiamos ir andando e se era lonxe tentariamos buscar unha solución.
Para organizar todo isto fixemos un lapbook de superheroes cercanos con fichas para cubrir en familia onde se escribiron quen nos ian a amosar o seu superpoder, cando e onde o iamos ver.
O libro foi a casa dos Apolos e cada familia cubriu a folla.
Con todo listo, so quedaba comezar e a primeira familia que visitamos foi a casa de Manu. Unha vez máis Lula e o resto das educadoras tratáronnos xenial e pasámolo moi, moi ben.
NON PODO MÁIS QUE DARLLE AS GRAZAS A LULA POR ORGANIZAR TODO E CONVIDARNOS E AS SÚAS COLABORADORAS RO, MARÍA E LULI. GRAZAS A TODAS POLA DEDICACIÓN, CARIÑO E SIMPÁTIA COAS QUE NOS ACOLLERON.
E TAMÉN A CRIS E CHARO POR ACOMPAÑARNOS E AXUDARNOS DURANTE A SAÍDA
ISTO É O INICIO, NON PERDADES DETALLE PORQUE CADA SEMANA IMOS VISITAR A ALGÚN SUPERHEROE CERCANO!
NOVAS DE CIENCIA 12
MODA ECOLÓXICA E ACEITE DE PALMA
OS GUERREIROS DO SILENCIO FAN KRYPTONITA
Seguimos cos talleres dos xoves do concurso «Coñecendo a orixe». O equipo que quedou en segundo lugar amosounos coma facer kryptonita. Mirade que ben o fixeron!!!
FAUNIA
(ARTIGO ESCRITO E PUBLICADO POR LOIS DE 5º A)
Que ou quen é Faunia?
Faunia é un dos zoolóxicos máis grandes de España.
Onde se atopa?
Atópase na zona de Vicálvaro en Madrid.
Datos interesantes sobre algúns animais:
A abella da mel: os efectos da picadura de vespas e abellas poden producir un choque anafiláctico que leva á morte.
En Australia as abellas causan máis accidentes fatais que as serpes e as medusas xuntas.
A Ra dardo dourada: un miligramo do seu veleno sería suficiente para matar a vinte persoas. Por sorte non poden inxectalo, porque se atopa baixo a súa pel. Os indixenas das zonas onde viven estas rás extraéno e fan dardos envelenados con el, que utilizan para cazar. A súa cor tan rechamante xa é unha advertencia.
Potencia do veleno: 9,5 sobre 10
Capacidade do veleno: 2 sobre 1
(CLICADE NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO SOBRE FAUNIA)
NOVAS DE CIENCIA 12
Patacas marcianas e vacinas
O ROBOT SOLAR DOS ALUMNOS DE 5º
Recordades o robot que nos agasallaron os Apolos na visita que lles fixemos?
Pois xa está montado. E si, camiña, … bueno, roda. O noso querido «Willy» é un robot solar e precisa esta luz para poñerse en marcha.
No vídeo que hai abaixo poderedes ver o ben que o pasamos facendo a montaxe.
NOVAS DE CIENCIA 11
Detección Cancro e riscos das viaxes a Marte