TALLERES DE PASCUA
Rematamos o trimestre volvendo a facer os talleres interclases que tan bo resultado nos están dando este ano. Preparamos 3 talleres: un de cine, outro de manualidades e outro de cociña e fixemos 3 grupos nos que había Pequeheroes, Choquetes, Apolos e Xirasois.
Os grupos pasaban 30 minutos en cada taller e ao rematar ían ao seguinte. Así aproveitamos para facer chocolate e cestos de pascua.
Despois do recreo contamos o conto do coelliño da pascua e fixemos unha búsqueda conxunta polo patio, xa que o coelliño apareceu por alí e deixou unha chea de ovos.
Xa cos cestos cheos comemos o chocolate que fixeramos pola mañá.
Foi un día moi intenso pero pasámolo xenial!!!
O DÍA DO MONTE
Un ano máis, xunto a Comunidade de Montes de Ventosela e Reboreda fomos pasar unha xornada de concienciación medioambiental e lúdica na Miñoteira. Todo o cole subiu andando ata Ventosela, agás os pequenos que foron en autobús. No paseo aproveitaron para ver coma a primavera xa están enchendo de vida a nosa contorna.
A parroquía de Ventosela foi unha das máis castigadas o verán pasado polos incendios así que a visita era obrigada. Os maiores de 5º e 6º subiron a zona máis afectada para ver como estaba e fixeron unha plantación alí. O resto quedamos na Miñoteira, plantamos tamén e aproveitamos para xogar maiores e pequenos a xogos tradicionais coma a corda.
E que mellor que un picnic cando se está no monte? Compartimos unha merenda a sombra das árbores e despois chegou a parte que máis nos gusta, ir de investigación.
Trepamos, saltamos, exploramos e ata un pequeno grupo de enxeñeiros foi quen de construir un balancín usando elementos naturais coma pedras e madeira.
UN DÍA FANTÁSTICO, ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE O VINDEIRO ANO PARA REPETIR.
NOVA SESIÓN DE HORTA DOS MÁIS PEQUENOS
Os choquetes, unha xornada máis, achegáronse á horta para comezar cos cultivos da tempada. Nesta ocasión prepararon a terra e plantaron chícharos, logo retiraron malas herbas e finalmente entre todos regaron coa mangueira. Mirade que bo equipo de agricultores temos aquí!!!
NOVAS DE CIENCIA 10
Detección Cancro e riscos das viaxes a Marte
AS FABAS MÁXICAS
A profe Luisa deunos unhas sementes que podían ser máxicas así que tivemos que poñernos mans a obra!!
O CACAO
Delicioso de calqueira maneira….!!
En estos días tivemos a sorte de contar coa visita dun compañeiro do cole, Guillermo, de 4ºA, que compartiu con nós unha mazorca de Cacao que trouxo o seu pai da súa terra: Ecuador.
Contounos como se lle chama á vaina, MAZORCA; como se extrae o cacao do interior da semente; como se aproveita en produtos de estética (manteca de cacao); algunhas das súas propiedades; e incluso nos deu a probar ese cacao puro extraido directamente da semente. Que rico!! e sen ningún tipo de aditivo, colorante, edulcorante, … Vamos que supersano!
NOVAS DE CIENCIA 9
Hoxe moi espaciais!!
Ondas gravitacionais e os sete novos planetas descubertos
MACEDONIA DE FROITAS
Durante a semana das froitas, nas merendas fomos degustando diferentes froitas: mazá, plátano, amorodos, melón e mandarina. O venres, como día final desta semana tan saudable fixemos una macedonia coas froitas que nos sobraron estes días. Así que os choquetes, lavaron as mans, remangáronse e puxéronse máns ás froitas. Mirade que coordinados traballaron e que ben o fixeron. Son un gran equipo!!!
ROBOT CASERO
Xa sabedes que os Apolos estamos entusiasmados coa robótica. Fai unhas semanas fun a un curso de robótica e ensináronnos a facer un robot pintor cun vaso, tres rotuladores, un motor e unha pila.
Resulta que temos unha chea de motores ao noso redor, sobre todo dos xoguetes vellos, e con eses motores pódense facer unha chea de cousas.
Trouxen o robot pintor a clase e encantoulles así que eles tamén quixeron construír un. Despois de buscar na rede atopamos un cun cepillo de dentes que parecía sinxelo así que puxémonos mans a obra.
QUE RICA COLIFLOR!
Traballar a horta encántanos, estamos fóra, en contacto coa natureza, tocamos, sentimos e pasámolo moi ben, ademais aprendemos unha chea de cousas pero o mellor de sementar e cando o que sementamos medra.
Este ano non tivemos moita sorte coas verzas e tivemos que plantalas ata tres veces pero, curiosamente, das primeiras que sementamos resistiu unha coliflor así que os Apolos e os Xirasois fomos a recollela na horta para poder comela.
Decidimos facer tortilla de coliflor e coliflor rebozada. Limpámola, puxémola a cocer e logo comezamos a elaborar a receita.
Mirade que pasada!