NOVAS DE CIENCIA 8
Vaqueiros ecolóxicos e eucaliptos nos montes galegos.A vosa roupa con que está feita…?
e podemos facer algo polos montes galegos e as súas especies autóctonas?
PARQUES NACIONAIS
Os rapaces de 6º están levando a cabo un proxecto sobre parque naturais.Se queredes saber máis non perdades detalle do seguinte vídeo:
NOVA SESIÓN DE HORTA
A semana pasada fomos a horta Apolos, Xirasois e Choquetes xuntos. Aproveitamos para limpar e sementar amorodos. Mirade coma traballamos!!!
NOVAS DE CIENCIA 7
Quecemento global – Parques naturais de Galicia
A HORTA DOS MAIORES
Despois dun periodo de mal tempo, puidemos retomar o traballo na horta.Comezamos preparando os neumáticos para poder volver a plantar neles e tamén recollemos follas para facer o acolchado . O primeiro día sementamos:cebolas moradas e herbillas e onte patacas moradas.
Ainda queda moito por facer, esperemos que o tempo nos acompañe!!
Lucas C., María e Alba
(ENTRADA E VÍDEO ELABORADO POLO ALUMNADO DE 6º)
O SISTEMA PLANETARIO E AS NEBULOSAS
Seguimos a nosa viaxe polo mundo exterior, nesta ocasión facendo por equipos unha maqueta do sistema solar. Para poder facela a profe Claudia ensinounos diversos modelos para inspirarnos e, a partir de aí, cada equipo fixo a súa escolla e comezaron a traballar.
O espazo exterior está cheo de misterios, temos as estrelas, os planetas, os meteoritos, os asteroides e tamén as nebulosas. A profe Claudia contounos cousas delas, vimos un vídeo e logo creamos as nosas propias nebulosas na aula.
E DESPOIS DAS NOVAS DE CIENCIA: QUE PASA COA CAPA DE OZONO?
Máis sobre a capa de ozono nesta curta de debuxos:
NOVAS DE CIENCIA 6
OS APOLOS IMOS DE VIAXE AO ESPAZO EXTERIOR
Os Apolos falan moitas veces dos planetas, das estrelas, de viaxar en cohete… Ademais, facía unhas semanas, falando de superheroínas cercanas descubrimos que había unha nena de 13 anos que estaba no programa espacial da NASA porque quería ir a MARTE no 2030.
Por todo isto, a semana pasada a profe Claudia veu cargada de cousas relacionadas co espazo. Pasamos unha semana aprendendo moitísimas cousas: repasamos o nome dos planetas, usamos o programa STELLARIUM para ver as estrelas que se poden ver dende o ceo de Redondela, aprendemos que eran as constelacións…
Aquí tedes algunhas das actividades que levamos a cabo. Nos vindeiros días amosareivos máis.
HOXE É O DÍA MUNDIAL DA AUGA
E no blog maestro de voz natura atopamos este vídeo estupendo. Non volo perdades!!
Clicade na imaxe para acceder ao enlace