E POR QUE A HORTA?

pequesreboreda

Este ano coma xa vos contei nalgunha ocasión, a profe Rosa máis eu decidimos cambiar a metodoloxía e apostar polos recunchos de traballo, aos que a estas alturas e despois de meses investigando, traballando e recibindo formación, chamámoslle «ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE».

Os relatores que viñeron a darnos formación falaron en repetidas ocasión da importancia do espazo exterior na aprendizaxe e da importancia de usar o linguaxe específico para cada espazo, donde o nome técnico a cada acción para que os alumn@s aprendan de xeito preciso e eficaz.

E, se ben é certo que levamos 10 anos participando en Voz Natura e apostando pola interacción co exterior, este curso a nosa horta é máis ca unha horta. É unha estación de aprendizaxe constante a que asistimos todos os xoves en equipos mixtos da nosa aula e da aula dos xirasois. Un espazo con obxectivos propios onde os nen@s traballan de xeito cooperativo e autónomo. Un espazo libre onde investigan, ven bechos, sinten o medio natural, toman decisións que inflúen no crecemento dos cultivos, encárganse de coidar o espazo e os cultivos, no so de forma física senón tamén emocional.

Un espazo único onde aprendemos a aprender, e aprendemos facendo.

febrero 28, 2017 | Leave a comment  

TEMPO DE PLANTAR TOMATES

pequesreboreda

Seguimos cos traballos na nosa horta. Nesta ocasión plantamos tomates. Igual pensades que é cedo pero o que fixemos foi sacar as sementes dos tomates que sobraron do ano pasado e plantalas en caixas.

Agora imos ter esas caixas na aula con boa temperatura e lonxe das inclemencias do tempo para que saían as tomateiras.
Así o fixemos.

 

febrero 24, 2017 | Leave a comment  

NOTICIAS CIENTÍFICAS 3

pequesreboreda

No telexornal dende experimentando coa ciencia:

Pero, … e que os sapos teñen oídos? Onde?
… E poden sentir algo máis que a caída da chuvia?
Poden predicir un seísmo?

febrero 22, 2017 | Leave a comment  

A ROBÓTICA NON SEMPRE SAE BEN!!

pequesreboreda

Xa vistes que montamos o noso robot solar. Coma ten 14 posibilidades, os Apolos decidiron montar outra forma. E parecía que todo ían ben…

 

febrero 20, 2017 | Leave a comment  

NOVAS DE CIENCIA 2

pequesreboreda

Dende experimetandocoaciencia tráennos o seu noticiario quincenal:

 

febrero 17, 2017 | Leave a comment  

OS SUPERHEROES TAMÉN TEÑEN QUE RELAXARSE

pequesreboreda

A profe Isa e os alumnos de 5º convidáronnos a unha sesión moi especial na aula de psicomotricidade. Nos vos conto máis.
MOITAS GRAZAS PROFE E RAPACES ED 5º FOI XENIAL!!!

febrero 16, 2017 | Leave a comment  

E FOMOS A CLASE DOS CHOQUETES

pequesreboreda

Rematamos o noso traballo intensivo sobre os bombeiros indo a clase dos Choquetes a compartir todo o que aprendemos. Xa coas presentacións feitas e despois de ensaiar na aula collemos os nosos murais e alá fomos.
Falamos por equipos, explicamos os murais que fixemos en familia e tivemos unha rolda de preguntas.
Mirade que ben o fixeron!!!

febrero 14, 2017 | Leave a comment  

E DESPOIS DA VISITA AO PARQUE DOS BOMBEIROS…

pequesreboreda

Esta semana estamos moi atarefados compilando o que aprendemos na nosa visita ao parque dos Bombeiros porque imos ir a contarlle todo o que sabemos aos Choquetes. Para iso falamos na asemblea da visita e logo, cada equipo, na mesa, fixo un esquema do que ían contar.

Decidimos facer unha presentación con fotos porque así os Choquetes poden ver do que estamos a falar, así que hoxe preparamos uns powerpoints despois de aprender unha nocións básicas de funcionamento do programa.

Teño que dicirvos que foi incrible. Había un clima na aula que era unha pasada, todos moi concentrados, traballando en equipo, intercambiando ideas e preparando unhas presentacións fantásticas.
Agora so nos falta ir a clase dos Choquetes para compartir con eles todo isto.

febrero 13, 2017 | Leave a comment  

Día internacional da muller e da nena na ciencia

pequesreboreda

Hoxe e o día da muller na ciencia.

Un día importante porque a ciencia parece ser feudo masculino, nembargante, ao longo da historia, algunhas mulleres fixeron grandes aportacions científicas e non se lles  deu o recoñecemento que merecían so por ser mulleres.

Hoxe en museos como o Muncyt hai talleres para celebrar este día.
En praza pública atopamos un fantástico artigo que fala das científicas gallegas e que vos recomendamos que leades, así poderedes coñecer a:
Ana María Prieto pionera en programacion informatica en Galicia.
María Wonenburguer matemática especialista en alxebra.
Alicia Estevez microbiologa.
Jiménez e Elisa Fernández de la Vega primeras licenciadas en mediciña pola USC co premio extraordinario da Carreira.
María Isabel Fernández García química

Aquí tedes o artigo
http://praza.gal/ducia/244/mulleres-cientificas-galegas/#flexslider-4

E ademais, un pouco máis de información

E DESPOIS DE PLANTAR CEBOLAS…

pequesreboreda

Unha vez máis dende experimentandocoaciencia ilústranos:

POR QUE CHORAMOS AO CORTAR CEBOLAS?

Sabemos que a cebola é una fonte rica en:

  • Vitaminas : B3, B6, C, E, … .
  • Minerais: Potasio, calcio, magnesio.
  • Proteínas, ….

 

Ademais é un alimento eficaz contra innumerables problemiñas de saúde.

Pero, cando nos poñemos a cortala, parece imposible non poñernos a chorar.

Por que nos pasa esto?

Segundo nos din estos fantásticos investigadores parece ser que cando cortamos cebola producimos roturas celulares que permiten a un enzima chamado ALINASA entrar en contacto cunha molécula inodora presente no interior. Esta combinación, produce unha reacción química, que xera certas moléculas volátiles, entre elas o propanotial que, ao penetrar no ollo, en contacto co seu líquido, provoca irritación ocular e lacrimeo. Tamén o ácido sulfúrico que produce contribúe a danar a membrana conxuntiva.
Posibles remedios: 

  • Cortar a cebola debaixo ou cerca do grifo de auga fría aberto. Os compostos volátiles producidos na reacción química disólvense en contacto coa auga antes de chegar aos ollos.
  • Conxelar a cebola durante uns 10 minutos antes de cortala. A fría temperatura ralentizará a reacción que da lugar ás substancias volátiles que nos fan chorar.

febrero 10, 2017 | Leave a comment  

Next Page →