APRENDENDO COUSAS DOS BOMBEIROS

pequesreboreda

Este venres imos ir de excursión aos bombeiros de Vigo e antes da saída aproveitamos para traballar na aula sobre estes superheroes anónimos que tan importantes son na vida de todos.

Coma os Apolos estaban moi motivados e querían seguir aprendendo tivemos a idea de investigar coas familias e converter esas investigacións nun mural. Así que cada nen@ preparou na casa un mural que trouxo o cole e que logo vimos todos xuntos. Un xeito fantástico de complementar o que xa traballamos na clase.
Quixen poñer a todos os Apolos no vídeo así que son pequenos retazos do que falamos na aula.
UNHA VEZ MÁIS MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN A TODAS AS FAMILIAS!!!

enero 30, 2017 | Leave a comment  

REMATAMOS O ROBOT SOLAR

pequesreboreda

Os Apolos despois de meses traballando no recuncho dos robots remataron o robot solar con moita satisfación. Tivemos que agardar polo sol para poder probalo e…

Veredes ao final do vídeo que o robot que poñemos a andar non é a tartaruga. A tartaruga funcionou na aula pero ao subila desmontouse e non podiamos montala sen as instruccións así que pusemos o corpo a andar!

enero 27, 2017 | Leave a comment  

DIA MUNDIAL DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

pequesreboreda

Hoxe celebramos o día mundial da educación medioambiental facendo reconto das actividades que estamos a levar a cabo: salvar a fervenza de Reboreda, o proxecto de robótica e enerxía solar que están levando a cabo infantil e 5º de primaria, as charlas informativas de amigos e asociacións do entorno falando da avespa asiática, salvar os nosos setos do verme invasor que os atacou a primavera pasada cun gran éxito, salvar a laranxeira que comezou o curso case sen vida e agora está chea de laranxas delicosas das que disfrutamos no recreo, día do monte xunto coas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela, participación nos talleres medioambientais do concello, compostaxe…

En fin, unha chea de actividades que fan que estemos orgullosos da nosa contribución para que o mundo sexa un lugar mellor.
E rematamos compartindo o vídeo de coma esta semana aproveitando pneumáticos reciclados que nos deu unha das nais aumentamos o tamaño da horta de infantil

enero 26, 2017 | Leave a comment  

A NOSA GUARIDA

pequesreboreda

Xa vos comentei o outro día que na clase dos Apolos estaban pasando cousas.

O martes cando chegamos tiñamos unha sorpresa agardando por nós. Todo xurdiu a semana pasada na nosa sesión de avaliación dos xoves. Cada xoves adicamos a última hora da mañán a falar da semana, do que estivo ben e do que queremos mellorar e nese encontro os Apolos fixeron unha petición así que tivemos que poñernos mans a obra. O proxecto inda está a medias pero aquí tedes a reacción dos Apolos e o primeiro equipo inagurando este novo espazo.

Non vos conto máis!

enero 25, 2017 | Leave a comment  

OS CHOQUETES TAMÉN PLANTAMOS CEBOLAS

pequesreboreda

Unha vez máis os choquetes visitaron a horta. Plantaron cebolas, limparon un pouquiño e regaron. Cada día que pasa esta máis fermosa!

enero 23, 2017 | Leave a comment  

SUPERCAPAS PARA OS RECUNCHOS

pequesreboreda

Este curso estamos a cambiar un pouco a nosa forma de traballar. Temos 3 recunchos de traballo e 5 recunchos de xogo. Aos recunchos de traballo imos por equipos, como este curso somos superheroes, temos o equipo dos supermans, dos batmans e dos capitáns América.
Os recunchos de traballo son 3: os pinceis, as letras e os números

Para poder identificalos e acceder comodamente a eles, fixemos unha bonitas supercapas para as cadeiras con elementos identificativos dese recuncho. Fixemos unha cenefa ao redor seguindo unha serie sinxela e pegámoslle unha insignia e outros elementos brillantes e chamativos. Mirade que forma máis orixinal de distinguir cada recuncho! Pasámolo xenial facendo as nosas orixinais capas de recunchos!

enero 18, 2017 | Leave a comment  

A INVISIBILIDADE

pequesreboreda

Unha semana máis volvemos a participar no concurso da biblioteca. O reto era a invisibilidade así que seguindo unhas instruccións fixemos dúas probas e, desta volta, éxito total!!!
A verdade é que Margarida estamos axudando a traballar os superheroes dun xeito totalmente diferente! Mirade que ben o pasamos!!!

enero 16, 2017 | Leave a comment  

AVANCES NO ROBOT SOLAR

pequesreboreda

Xa sabemos que andamos construindo un robot solar. Aquí tedes o resumo de dúas semanas de ardúo traballo no recuncho dos robots.

enero 13, 2017 | Leave a comment  

OS MAIORES VISITAN AOS PEQUES PARA APRENDER ROBÓTICA

pequesreboreda

O principio do trimestre os Apolos fomos a 5º A a ver o seu recuncho da ciencia e a aprender dos insectos. Desta volta foron os maiores os que viñeron a nosa aula para aprender conceptos básicos de robótica.

Para iso dividimos a clase en 4 talleres, un para desenvolver o noso lado creativo e imaxinativo construindo un robot con material de refugallo. Os maiores contaron coa axuda inestimable de Alba e Mauro que o fixeron xenial cando nos construimos os nosos robots.

Outro para dotar de movemento a algo construído con material de refugallo, neste caso un brazo robótico. Para iso o equipo tiña un vídeo cos pasos a seguir e a axuda e consello de David e Ainoa que xa fixeran a man robótica.

No seguinte taller os maiores tentaron seguir construindo o robot solar con axuda de Daniela e Carla (aínda que estaban un pouco nervosas porque os maiores impoñen e non falaron moito)

Finalmente, un taller de linguaxe computacional para entender coma programar un robot comandados por Teo, Zaira e Anxo que son uns auténticos expertos.
Pasámolo moi ben e encantounos ser profes dos maiores.

Coma non puidemos acabar todo o que tiñamos imos ver se en xaneiro volvemos xuntarnos para seguir dende o deixamos.

enero 11, 2017 | Leave a comment  

A MAN ROBÓTICA

pequesreboreda

Antes das vacacións de nadal o reto de Margarida de Coñecendo a orixe foi moi difícil, o máis complicado de todos. Debiamos deseñar algún mecanismo para mellorar os poderes de Superlópez. Os Apolos cando comezamos co proxecto dos robots vimos un vídeo dunha man robótica caseira e Daniela pensou que Superlópez podía ter tres mans e así podía loitar mellor contra os malvados. Ao resto gustounos a idea e puxémonos mans a obra.
E así o fixemos.

enero 9, 2017 | Leave a comment